Arquivo da etiqueta: Porto Com Cuba

O III Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba reclama fin do Bloqueo

Compostela, 26 – Terra Sen Amos
A solidariedade de Portugal e Galiza con Cuba, anunciou en Santiago de Compostela unha mobilización conxunta para reclamar o fin do Bloqueo e da Posición Común da UE. O III Encontro de Solidariedade con Cuba, promovido por Porto Com Cuba e Asociación de Amizade Galego­cubana “Francisco Villamil”, apoiará todas as iniciativas que poidan favorecer o perfeccionamento e a eficiencia do modelo económico e social defendido pola Revolución, mediante fórmulas de cooperación de común interese para Portugal, Galiza e Cuba, e tomará en consideración recursos de xestión conxunta para levar a cabo labores de divulgación da realidade cubana.ase

P1040112

A Asemblea tratou entre outros temas, da maniipulación  informativa sobre a realidade cubana e do Bloqueo
A Asemblea tratou entre outros temas, da maniipulación informativa sobre a realidade cubana e do Bloqueo

Seguir lendo O III Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba reclama fin do Bloqueo

PORTO COM CUBA CELEBRA DEZANOVE ANOS DE SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN

PORTO-Terra Sen Amos-Cuba Versus Bloqueo
A asociación Porto Com Cuba comemoróu o seu 19 aniversario numa Asemblea que reuniu a amizade de entre Douro e Miño coa Revolución, seguida dunha ceia e un concerto de música cubana. O encontro contóu coa presenza da embaixadora en Portugal, Johana Tablada de la Torre e na palestra interviron Gonçalo Duarte, presidente de Porto Com Cuba e Sérgio Vinagre, presidente da Asemblea. Os temas do encontro eran o Dia Mundial Contra o Bloqueo e a Solidariedade cos Cinco e foron obxecto de vivo debate. Unha representación da “Francisco Villamil” participou na comemoración celebrada no Clube dos Fenianos do Porto.

Johana Tablada, embaixadora de Cuba, diríxese a asemblea aniversario de Porto Com Cuba.  Na mesa, de esquerda a dereita, Sergio Vinagre e Gonçalo Duarte
Johana Tablada, embaixadora de Cuba, diríxese a asemblea aniversario de Porto Com Cuba. Na mesa, de esquerda a dereita, Sergio Vinagre e Gonçalo Duarte

Seguir lendo PORTO COM CUBA CELEBRA DEZANOVE ANOS DE SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN

CONVOCATORIA DO II ENCONTRO LUSO-GALEGO DE SOLIDARIEDADE CON CUBA, A CELEBRAR EN PORTO O 16 DE XUÑO

As Asociacións de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e “Porto Com Cuba”, convocan o II Encontro de Solidariedade con Cuba, a celebrar en Porto 16 de xuño. A asemblea de apoio a Cuba prográmase na Cidade Invicta segundo os acordos adoptados no I Encontro celebrado hai un ano en Compostela.

II Encontro de Solidariedade con Cuba
II Encontro de Solidariedade con Cuba

A xornada comezará coa saída en autobús desde Santiago o 16 ás 10.30, parando en Vigo e Baixo Miño. Con posterioridade ao xantar (que poderá levarse ou realizarse en Porto), iniciaranse os debates e, ao remate, terá lugar unha cea de convivencia.

O regreso a Santiago será en torno ás 3-4 da madrugada. O prezo (autobús e cea en Porto) será arredor de 40 euros.

Prégase a todas as persoas interesadas inscribirse antes do 31 de maio no enderezo galegocubana@gmail.com ou no teléfono 986 432892 (todos xoves, de 18 a 20)

Facer visíbel a violencia dos estados ricos e comerciantes de armas contra un país sen recursos como Cuba, defensor da independencia e do socialismo e exportador de saúde e de escola, fora compromiso do I Encontro en Compostela, en xuño do 2011.

No tempo andado desde aquela, o capitalismo ocupa novos territorios e acelera a depredación e o derrubamento dos dereitos básicos. Tratar destas renovadas ameazas, será o traballo da reunión do 16 de xuño en Porto. No primeiro lugar da axenda, figura o común traballo de solidariedade con Cuba. Ao tempo, debater sobre o bloqueo ha servir de espello para o grave castigo que a crise da acumulación de capital está a producir nas dúas beiras do Miño.

Cincuenta anos despois do II Manifesto da Habana, en Cuba varias xeracións ensaiaron relacións sociais nun marco legal que exclúe as prevalencias de clase e de orixe, e perfeccionan institucións para a defensa deste novo xeito de vida. Quen se atrevería a negar a modernidade desta opción?