Diariocontexto – Arxentina
A Dotación Nacional de Recursos para a Democracia, máis coñecida polas súas siglas en Inglés, NED (National Endowment for Democracy) comezara no tempo de Ronald Reagan na Casa Branca (1983) un rego de cartos para a fronte exterior dos EUA mediar con programas de intervención da CIA (Axencia Central de Espionaxe) e da Axencia dos Estados Unidos para el Desenvolvemento Internacional (USAID) Baixo a presunción de apostolado da democracia, estas oficinas imperiais pagan en todo o mundo organizacións non gubernamentais (ONG) e fundacións de nome samaritano ideadas para tumbar os gobernos que resisten ás políticas de Washington. É notabel a especialización destas instancias de axitación exterior en Latinoamérica e Caribe, que os EUA consideran seu resalido. Dentro do continente Sur, a infamia imperial céntrase en Cuba.
A propia rede da NED, explica que, en 2020, o programa para Latinoamérica e o Caribe achegou recursos específicos para levaren a democracia a paises que eles coidan apartados do ideal democrático, tal que Cuba, Nicaragua e Venezuela. Coidan que o Ecuador de Guillermo Lasso e a Bolivia de Janine Agnez están na liña correcta contra o autoritarismo e a censura, na súa interpretación bifocal das liberdades. A NED gábase de ter pagado programas para rematar coa corrupción, o fomento de medios dixitais que aproximan os pobos ás redes sociais dos EUA e os compromisos para libraren Brasil y México das ameazas de gobernos populistas.
Para o apostolado democrático da NED, os rexímes máis autoritarios son os de Cuba, Nicaragua e Venezuela, países que foron gravemente agredidos por medio da rede de axencias e ONG dependentes da propia entidade e difamados dende os media dominantes que participan igualmente dos orzamentos da política exterior dos EUA.
A NED pon acentos de ledicia ao informar do encontro (celebrado 30 de novembro pasado) entre Ileana Ros-Lehtinen, congresista republicana valedora do máis reacionario da contra de Miami, e o senador demócrata Robert «Bob» Menéndez. Con eles departiron o mesmo presidente da NED, Carl Gershman, e o administrador da USAID, Mark Green, que se aplicaron en dirimir cal dos candidatos, pagados con fondos da NED, serán de mellor comenencia para Cuba, Nicaragua e Venezuela.
LOITADORES POLA DEMOCRACIA
Gershman dixo que a congresista Ros-Lehtinen empregaba o mellor do seu talento a colaborar cos loitadores pola democracia en todo o mundo polo que fixo agasallo dun cadro que representa a Deusa da Democracia, construida na Praza de Tiananmén de Pequín hai 30 años.
Os EUA levan dende o triunfo da Revolución Cubana (1959) procurando por todos os medios un cambio de gobierno na illa. O criminal bloqueo económico, comercial e financeiro que de forma ilegal e unilateral terman contra Cuba, e que foi condenado por aclamación da Asemblea Xeral da ONU en 29 votacións sucesivas, é o espello da agresión infame e sistemática contra Cuba, que Washington mantén dende hai seis décadas.
Os promotres do bloqueo manifestaron en máis dunha oportunidade que o cerco ten como fin asfixiar o pobo cubano, provocar o caos e xenerar un cambio de goberno e de sistema político.
Dende os comezos da pandemia, a administración estadunidense (primero Donald Trump e a seguir John Biden) levaron o bloqueo a cotas inusitadas: impediron a entrada de medicamentos, de respiradores, de combustibel e de xiros bancarios e de recursos económicos para os cubanos non poideren enfrontar a crise provocada por la Covid-19. Aproveitando o malestar causado por esa suma de torturas contra Cuba, convocaron protestas para desestabilizaren o goberno, mais as cámaras que esperaban imaxes dunha clamorosa protesta, non deron grabado máis que a vida diaria de Cuba a loitar contra o andacio e o Bloqueo.
Dacordo coa información da NED, durante 2021 investiron máis de cinco millones de dólares (5.077.788) unha cantidade a que se poden sumar os recursos aportados ás ONG e fundacións que, sen figurar no capítulo de Cuba, actúan contra a illa coa axuda de fondos canalizados a través de la USAID e de axencias estadounidenses que teñen o mesmo propósito de derrocar o goberno.
RECURSOS E AGASALLOS DA NED
A NED publicou en 23 de febreiro de 2021 a extensa relación que acompañamos na que pormenoriza as ONG e fundacións que recibiron axuda en forma de diñeiro, contactos con axentes da CIA e facilidades de comunicación para actuaren en Cuba durante 2020. As prendaas en metálico van dende 20.000 a 650.000 dólares.
1 Plataforma Internacional de Derechos Humanos en Cuba (para interviren nas relacións UE-Cuba): $ 87.253
2 Cubalex (establecida para denuncias de violacións de DD.HH): $ 150.000
3 Fundación Cártel Urbano (para convertir intérpretes de hip-hop en protagonistas da protesta): $ 110.000
4 Instituto Nacional Demócrata para Asuntos Internacionales (para seguir casos de violencia de xénero): $ 500.000
5 Libertad de información (para formar correspondentes voluntarios): $ 80.000
6 Editorial Hypermedia Inc.: $ 93.941
7 Centro Latinoamericano para la No violencia: $ 48 597
8 Instituto de Comunicación y Desarrollo: $ 79.300
9 Transparencia Electoral: $ 74.945
10 Investigación e Innovación Factual a.c. (para promover redes rexionais de medios): $ 74.000
11 Observatorio Cubano de Derechos Humanos: $ 150.000
12 Libertad de información (para promoveren a deserción de deportistas de primeira liña): $ 50.000
13 Agora Cuba Inc. (para información dixital de sucesos): $ 75.600
14 Asociación Diario de Cuba: $ 215.000
15 Asociación Libertad de Información: $ 72.000
16 Fundación para los Derechos Humanos en Cuba, Inc.: $ 126.000
17 Instituto Cubano por la Libertad de Expresión y Prensa: $ 146.360
18 Libertad de información (para infiltración en medios): $ 56.500
19 Cultura Democrática (para pagos a artistas): $ 49 106
20 Libertad de información (para pagos a reporteiros espontáneos e blogueiros): $ 33.180
21 Dirección Democrática Cubana (para pagos a voluntarios non organizados): $ 650.000
22 Ideas y valores democráticos (para áreas marxinais): $ 23.500
23 Libertad de información (para establecer medios marxinais): $ 75.000
24 Rendición de cuentas y gobernanza: $ 120.267
25 Promoción del uso de datos en el periodismo en Cuba: $ 91.319
26 Gobierno y Análisis Político a.c.: $ 115.000
27 Asociación Civil Cronos (para novas fronteiras do xornalismo): $ 80.000
28 Libertad de información (fomento de redes sociais): $ 50.000
29 Instituto Interamericano de Derechos Humanos: $ 95 000
30 Libertad de información (fomento do pensamento crítico): $ 99 980
31 Centro para la empresa privada internacional: $ 309 766
32 Instituto Prensa y Sociedad: $ 70 523
33 Fundación Espacio Público (fomento de medios independentes): $ 108.000
34 People in Need Slovakia : $ 60.000
35 Clovek tisni, o.p.s. (para media): $ 150.882
36 Instituto Político para la Libertad: $ 85 000
37 Arlenica, Arte, Lenguaje e Investigación para el Cambio Social, suplemento $ 11.940
38 Centro por una Cuba Libre $ 80.000
39 Instituto de Informes sobre la Guerra y la Paz (iwpr): $ 145.230
40 Grupo Internacional para la Responsabilidad Social Corporativa en Cuba (fondo para fomentar sindicatos independentes, traballadores autónomos e dereitos laborais): $ 230.000
41 Vista Larga Foundation Corp (para proteción de escritores e artistas): $ 83.000
42 Ideas y valores democráticos. $ 71.339
diariocontexto.com.ar
Traducido ao Galego para TSA por Raisa Erbella