O governo dos EUA chama xornalismo heroico a súa información mercenária contra Cuba

Cubainformación – TSA

En todo o mundo, e particularmente dentro dos EUA, as persoas que procuran información por conta dun goberno extranxeiro, son perseguidos pola Lei e, en todo caso, expulsados do pais. Tres diarios de Madrid chaman a rebato porque duas persoas que traballaban como correspondentes en Cuba do sitio dixital ADN con sede en Florida, declaráronse obrigados a abandonar a illa a causa das trabas que dinque as autoridades poñen ao seu traballo. O sitio ADN está finanzado polo governo de Washington coma outros que participan no tiro de feira que acompaña a diario o cerco comercial, económico e político que o imperio do Norte mantén dende hai  6 décadas contra Cuba. Como espazo dixital, ADN non se preocupa porque a súa compañía editora conte coa fasquía presentábel dunha empresa de información, pois aparece na lista de acubillados na Dotación Nacional de Recursos para a Democracia, máis coñecida polas súas siglas en Inglés, NED (National Endowment for Democracy) A NED realiza programas de intervención da CIA (Axencia Central de Espionaxe) e da Axencia dos Estados Unidos para el Desenvolvemento Internacional (USAID)  O pasado dia 20, TSA daba conta dunha completa  información do sitio arxentino Diariocontexto sobre a máquina de bloqueo informativo dirixida dende o governo de Washington contra Cuba.

Martirena en Cubahora

Nun artigo publicado hoxe en Cubainformación, José Manzaneda recorda que os correspondente do medio dixital de Miami “non son xornalistas independientes, senon propagandistas mercenarios dunha potencia para a que traballan xustificando a agresión e o bloqueo ao seu propio país; non son perseguidos polo seu traballo crítico, senón por violar as leis contra  inxerencia que existen en Cuba, nos EUA e en todos os países do mundo polo que non tratamos dun desterro senón  dunha medida de indulxencia das autoridades cubanas”.

A mesma información lembra que arredor de 54 grupos ou medios reciben fondos federais por intermedio das axencias USAID e NED a una media de 20 millóns de dólares anuais. As partidas secretas a empresas contratistas e programas, e a dotación dosequipos da CIA asignados a desestabilización política de Cuba, sobardan este orzamento que ten unha incidencia crecente na comunicación mediática e nas redes sociais.

https://www.cubainformacion.tv/especiales/20220121/95344/95344-cuba-destierro-de-periodistas-o-indulgencia-con-mercenarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *