O alto número de visitas ao enlace, aberto de a pouco en TERRA SEN AMOS, para a biblioteca e fondo documental do Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais CLACSO e das institucións de solidariedade con Cuba de todo o Atlántico Sur, honra a alta utilidade e facilidade do sítio. A fiestra informática está situado so a cabeceira de TERRA SEN AMOS, no rubro BIBLIOTECA CUBA EN REVOLUCIÓN . Os 60 títulos ofrecidos tratan da irradiación política da Revolución Cubana sobre toda América e o mundo, editados por CLACSO en Español , e teñen unha interesante prolongación temática noutros 112 enlaces en aberto para libros e revistas en Portugués- Brasileiro dos CENTROS CLACSO BRASIL, accesíbeis dende a mesma páxina, con ensaios sobre a dinámica editorial, as políticas públicas, o debate entre a economía de control estatal e a esmagadora propaganda da privatización, parte da loita dos pobos do Atlántico Sur contra o imperialismo económico do Norte. A entrada en Portugués-Brasileiro, achéganos aos arquivos abertos das revistas CONHECER, IDÉIAS, NERA, BRAZILIAN JOURNAL OF AMERICAN STUDIES, EXTRAPRENSA, GEONORDESTE E CONTEMPORÂNEA entre outras.



CLACSO, coa colaboración da Universidad de José C. Paz, conformou esta primeira biblioteca en acceso aberto que documenta, debate e sintetiza ideas e experiencias da historia contemporánea de Latinoamérica e o Caribe a partir da perspectiva da Revolución cubana.
A Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil publicará en breve a o índice revisado por matérias do seu propio FONDO BIBLIOTECARIO E HEMEROGRÁFICO DA REVOLUCIÓN CUBANA, aquilatado en 35 anos de funcionamento, que poderá ser consultado previa cita no seu novo local nacional de Cánovas del Castillo 10, 1º Dta, en Vigo.