Axencias – Terra Sen Amos
Cuba condena a repetida a insólita repetición da masacre contra a poboación de Gaza e o provocador ataque perpetrado na mesquita de Al Aqsa en Xerusalén ocupada. O Ministerio de Relacións Exteriores da República de Cuba, recordou que estas agresións constitúen outra grave e flagrante violación por parte do Estado de Israel da Carta das Nacións Unidas, o Dereito Internacional e os acordos humanitarios vixentes en todo o mundo e evidencian a continuidade das prácticas de colonización e ocupación das terras árabes e palestinas, coa complicidade e a impunidade que lles garante EUA. De feito, o goberno de Washington bloquea co seu veto calquera iniciativa do Consello de Seguridade da ONU que critique a política colonial dos sionistas.
Médico graduado en Cuba, participa coas bandeiras cubana e palestina nunha das protestas en Cisxordania contra a masacre de Gaza polo exército de Israel.