Raúl Antonio Capote – GRANMA
“Mike Pompeo é un ignorante da historia e dos principios da Revolución Cubana”, dixo o presidente de Cuba depois de o ministro de Estado dos EUA ter a ousadia de propor un acordo sobre a base de os cubanos recusaren a via do socialismo, dar costas ao aliados e desandar 60 anos de dignidade e internacionalismo coherente. Miguel Diaz-Canel dixo que non hai nada tan atrevido coma a ignorancia do ministro de exteriores de Trump, que ten a cara lavada de anunciar que o Bloqueo poderia desarretar a cambio de Cuba traizoar os amigos, saldar principios e deitar pola borda todo un exemplo ao mundo de defensa dos principios e de dignidade. “Pompeo non entende que nesta longa illa vivimos menos que os que diariamente enchen as rúas dunha cidade grande; non seremos tantos: un feixe de persoas sobre unha fita de terra batida polo mar, mais temos construido unha ledicia esquecida”
Nas palabras firmes do Presidente, aparece a figura inmortal de Fidel en tantos anos de Revolución, cando dixera, en momentos semellantes aos de hoxendía, contra o imperio que ameazaba con agredir a illa e reforzar aínda o bloqueo económico: “Fachendosos milhomes imperialistas: non sodes quen de poñernos medo ningún”.O Comandante dixo daquela que os imperialistas cometian un novo erro con Cuba e que volverian teimar no mesmo arruallo “porque nunca deixaremos de honrar nosos compromisos internacionalistas».
Pompeo coida que todos os problemas de Cuba terian solución se a illa acadase a condición de Estado subsidiário, baixo a lei dos EUA mais con dereitos recortados, como é o caso de Porto Rico que nestes días protesta a eito contra o estatuto censitario de Washington. O ministro de Trump é partidario declarado da tortura e reclama para os que a pratican en nome do Imperio, o nome de patriotas. Por esta e outras razóns de natureza colonial, Pompeo é propagandista afervoado da base ilegal de Guantánamo como campo de concentración especializado na tortura. Na súa opinión, o mundo melloraria se Cuba renunciase a colaborar pola saúde, a educación e a agricultura en Venezuela e outros 60 paises do mundo. Este parece o recado de Popeo para o mundo: obedecer ás ordes de Trump, colaborar na desigualdade planetaria, renunciar á xustiza e entregar traballo, recursos e principios nunha cerimonia de rendición que contente a canalla.