Elson Concepción – Granma
A vella mentira de presentar o cerco dos Estados unidos contra outros pobos, como se fose dirixido contra gobernos non sometidos aos seus postulados, repítese agora co bloqueo total contra a República Bolivariana de Venezuela, ao pretender Washington que é contra Maduro e non contra o pobo. Vaia trola! Nin o infame John Bolton pode acreditala. Unha loia mediática que dinque corean outros gobernos e un impostor coma coma Juan Guaidó que reclamando unha presidencia nunca votada, celebra que o Imperio afogue a un pobo que di que é o seu e que asegura defender con afouteza. A argallada é vella. Contra Cuba repiten o mesmo conto dende hai máis de 60 anos. Daquela o castigo era contra Castro (cantábanno en todas as linguas do mundo mediante as súas axencias) e aclaraban que respectaban ao pobo de Cuba. Co verbo respectar ocultaban de feito que o seu propósito eran rendir por fame ao pobo. No caso de Venezuela, como nos precedentes ainda en vigor de Cuba e Nicaragua, servíronse da infame OEA, que depois de perder o dereito a invocar o nome de América e por orde de Washington, recrámase Grupo de Lima, e repiten como papagayos que as sancións no son contra el pueblo senón contra Maduro. Con semellante gallifa rapiñan bens do Estado Venezolano, non do Goberno, valorados en máis de 30 000 millones de dólares. Ao tempo esixen ruptura masiva de relacións económicas e comerciais con Venezuela a escala internacional. Un cerco inclemente que derrama o sistema de protección social do Estado venezolano e os servicios públicos coa intención de provocar malestar, escaseza e estraperlo de bens básicos como alimentos e medicinas. Atrancos e afectacións contra o pobo que non son de agora xa que o bloqueo económico, financeiro e comercial contra Venezuela foi lanzado polos Estados Unidos en 2015.