Todalas entradas de Terrasenamos

Toda Cuba proclama a forza da unidade contra o imperialismo nas marchas do 1º de Maio

Prensa Latina – Redacción de Terra Sen Amos

Só o lema A nosa forteza é a unidade, toda Cuba botouse a rúa para celebrar o 1º de Maio, en defensa da Revolución e da dignidade e valor moral conferido polo traballo. En uniforme de xeneral do exército e cuberto co chapeu labrego de palla, Raúl Castro saúdou a marcha chegada á Praza da Revolución, na compaña do Presidente da Asemblea do Poder Popular e do corpo diplomático acreditado n´Habana así como de líderes sindicales e personalidades chegados de todo o mundo.  A primeira auséncia do Lider Histórico da Revolución foi extensamente compensada con cartaces de Fidel. Na concentración ergueuse de novo o clamor contra o bloqueo económico, financeiro e comercial imposto por Estados Unidos en desafio do dereito internacional e renovouse a demanda de devolución do territorio ilegalmente ocupado por EUA na badía de Guantánamo. Nas demonstracións que percorreron toda a illa, ocupou un lugar sobranceiro a sintonía coa Revolución Bolivariana, perante os ataques terroristas de grupos finanzados pola dereita e foron condenados os renovados ataques do imperialismo contra a emancipación de América Latina.

Fidel foi recordado en todas as marchas que percorreron Cuba na Festa do 1º de Maio.

O libro “Palabras Galegas para Fidel” foi obxecto dunha animada palestra en Santiago

Terra Sen Amos – Redacción

Como soleira da homenaxe de Galiza ao Lider da Revolución, programado para o serán de sábado 29 en Pontevedra, a Francisco Villamil presentou en Compostela o libro Palabras Galegas para Fidel, un completo inquérito sobre a figura que virou páxina ao secuestro neo-colonial de Cuba, puxo o Apartheid no altar das reliquias e acordaria, co exemplo, a coherencia e as ideas, o anti-imperialismo de América Latina para  o novo século. A palestra sobre a edición, foi recollida na páxina de Sociedade de La Voz de Galicia que comentou o encontro na Librería Pedreira, da rúa do home Santo, e a intervención de Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, do directivo e ex-presidente Ramón Fernández Leal e do cónsul xeral de Cuba José Antonio Solana,  na fotografía do diario de dereita a esquerda.

Martes 25, ás 19,30, celebrarase unha palestra sobre o libro na librería Andel (Avenida das Camelias 102) de Vigo.

A ONU pon de exemplo a Cuba na prevención e combate da trata de mulleres e nenos

Gabriela Ávila (Granma) – Redacción de Terra Sen Amos.

A Relatora Especial da ONU sobre dereitos humanos das vítimas da trata de persoas, especialmente mulleres e nenos, Maria Grazia Giammarinaro, fixo gabanza da determinación de Cuba para desarraizar esa peste mediante un combate sen concesións. Giammarinaro dixo en conferéncia de prensa na Habana, que a trata de persoas é un andazo con moi febles opcións de prender en Cuba mercé as fortalezas concretas do sistema social da Revolución.  A relatora puxo de exemplo o alto nivel do sistema de educación cubano, da asisténcia médica universal e de balde, dos servizos sociais de ampla cobertura e da sobranceira dotación de traballadoras e traballadores sociais da Illa, como medio de intervención  de primeira man sobre as condicións de vida en todos os recantos do pais.

A ONU coida que a protección da infáncia e a mocidade de Cuba contra a explotación é un exemplo para o mundo.

Seguir lendo A ONU pon de exemplo a Cuba na prevención e combate da trata de mulleres e nenos

O libro “Palabras Galegas para Fidel” será presentado en Compostela e Vigo como limiar da homenaxe nacional ao Lider da Revolución

Terra Sen Amos – Redacción

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil vai presentar dia 19 de abril en Compostela e 25 en Vigo,  Palabras Galegas para Fidel, un libro feito para recordar a figura de quen foi lider histórico da loita pola independencia e o socialismo no seu pais e o mais decisivo promotor da solidariedade internacionalista na batalla contra o imperialismo. Como resultado do traballo de edición realizado para o libro, o ronsel de Fidel abroia en opinións espontáneas e abertas, cruzadas de agradecimento e emoción, recollidas en todo o pais e ordenadas á beira de artigos asinados por un escollido feixe de nomes do sindicalismo, a cultura, a representación política, o feminismo, a militancia nacionalista de esquerdas e o compromiso de fondo con Cuba.

Cartaz da presentación do libro homenaxe a Fidel

Seguir lendo O libro “Palabras Galegas para Fidel” será presentado en Compostela e Vigo como limiar da homenaxe nacional ao Lider da Revolución

A solidariedade con Cuba honra en Madrid o legado internacionalista de Fidel

Alina Maceda  (Madrid) para Terra Sen Amos

A solidariedade con Cuba recordou en Madrid o legado internacionalista de Fidel como proxecto de futuro da Revolución Cubana e vieiro para as revolucións do século XXI. So o lema Fidel Vive, la Revolución Sigue! a homenaxe, sábado 25, no Auditorio Marcelino Camacho, contou con senllas brillantes aportacións de Belén Gopegui e Anxeles Diez, secundadas por Alfredo Catalá en representación do ICAP; Eugenio Martinez Henriquez. embaixador de Cuba; o eurodeputado Xabier Couso, Lázaro Oramas, de Cubainformación e os cantautores Ismael de la Torre, Manuel Gerena, Juanjo Anaya, Orlis Pineda e Raul Torres.

“O legado internacionalista de Fidel é un vieiro para as revolucións do século XX”, dixo a profesora Angeles Diez na homenaxe a Lider da Revolución en Madrid.

Seguir lendo A solidariedade con Cuba honra en Madrid o legado internacionalista de Fidel