Todalas entradas de Terrasenamos

Todos os partidos galegos renden homenaxe a figura de Fidel

Terra Sen Amos – Redacción

A páxina Galicia Confidencial (GC)  abre dia 27 co titular “todos os partidos políticos do Pais renden homenaxe a figura de Fidel”.  Entre numerosos xuizos positivos “para o líder revolucionário de ascendéncia galega”, GC salienta a opinión  favorábel do Partido Popular, tanto na voz do vicepresidente da Xunta que declarou a Fidel coma un referente ou nas declaracións do presidente autonómico nunha entrevista en Radio Galicia, na que enviou condoléncias ao pobo cubano e reparou na relación familiar de Fidel con Galicia. O medio ilustra o que chama coincidencia entre esquerda e dereita, citando as opinións sobre Fidel de En Marea, BNG, Podemos, Galiza Nova, CIG, PSOE e PP.

Luz Fandiño lé o seu poema ante as persoas congregadas na Praza do Toural para honrar a memória de Fidel. Á súa dereita, Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Luz Fandiño lé a súa elexía ao Líder da Revolución Cubana ante as persoas congregadas na Praza do Toural para honrar a memória de Fidel. Á súa dereita, Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Seguir lendo Todos os partidos galegos renden homenaxe a figura de Fidel

Por sempre Fidel

G. Luca – Terra Sen Amos

Cando Cuba, cativa de tamaño e máis que grande en valor, consigue defender a súa independencia contra forzas superiores, os adversários consoláronse con votos dun fracaso inminente,  e anunciaron que o seu mellor e único aliado sería a natureza mortal dos líderes.  Mais o final da vida do símbolo da Revolución Cubana, asinala o fracaso máis completo para as profecías de catástrofe, xa que o visibel é unha onda de agradecimento e razón xeral, para alén do previsto polo propio Fidel Castro no seu texto de defensa do proceso de Moncada (1953) cando prometera que, por riba da condena dos mortais, o xuicio do tempo lle sería propicio.

Na Serra Maestra, Fidel coidaba que o combate da ilustración era tanto o máis importante ca o das armas.
Na Serra Maestra, Fidel defendia  que o combate da ilustración era tanto o máis importante ca o das armas.

Seguir lendo Por sempre Fidel

Vietnam con prensa pública e internet regulado, por exemplo

Iroel Sánchez – La Pupila Insomne    

A leitura de Internet lémbrame estes dias a John Kerry e o seu exemplo de Vietnam, coma país dinámico, cunha economía crecente, que escollera para nós na inauguración da embaixada estadounidense na Habana. Non dixo que nesa terra irmá, coa fortaleza cultural que supoñen miles de anos como nación antes de EUA existir, con oito veces a poboación de Cuba e a millentos quilómetros dos EUA, todos os medios de comunicación son de propiedade pública, e as regulacións sobre difusión de información por privados no Internet son moito máis restritivas que aquí. Dende fontes que non existen en Vietnam, din e calan o mesmo que Kerry sobre Vietnam.

Os grandes medios de Vietnam, o novo tigre asiático, permanecen en man do Estado e a torre de televisión de Hanoi é a máis alta do mundo.
Os grandes medios de Vietnam, o novo tigre asiático, permanecen en man do Estado e a torre de televisión de Hanoi é a máis alta do mundo.

Seguir lendo Vietnam con prensa pública e internet regulado, por exemplo

O CAPITALISMO DE ESTADO EN CUBA

Nelson P. Valdés – Cubadebate

É obvio que en Cuba existe un capitalismo, case por completo monopolista, de Estado que afronta numerosas dificultades impostas desde o exterior, nomeadamente do governo dos Estados Unidos. Esta descrición non ten a intención de ser pexorativa, é somente descriptiva. O capitalismo de Estado, con todo, é distribuidor do que produce ou xera de produtos e ingresos, aspectos que o diferéncias do capitalismo de Estado típico que so distribúe a ganáncia entre inversionistas privados.gaviotaazcuba Seguir lendo O CAPITALISMO DE ESTADO EN CUBA

Comeza na Filmoteca Galega un ciclo sobre o movemento documental da Revolución Cubana

SERMOS GALIZA

No Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) comeza hoxe 15 de novembro o ciclo Por un cine imposíbel. Documental e Avangarda en Cuba (1959-1972), que terá como cenário a súa sede da Coruña, na Rúa Durán Loriga, 10 baixo. O programa consistira en oito xornadas con 38 títulos rodados entre 1959 e 1972 e desenvolverase as terzas e cuartas até 14 de decembro. O ciclo está centrado no movemento documental cubano nacido da man da Revolución, responsábel dun legado cinematográfico histórico de referéncia en todo o mundo. A organización é da Filmoteca Galega, coa colaboración da Cinemateca de Cuba e do Centro de Arte Reina Sofía.

Julio García Espinosa teorizou sobre un cine precário, directo e necesário que viraba a necesidade en virtude e chamaba a atención das escolas cinematográficas de todo o mundo.
O director cubano Julio García Espinosa teorizou sobre un cine precário, directo e necesário que viraba a necesidade en virtude e chamaba a atención das escolas cinematográficas de todo o mundo.

Seguir lendo Comeza na Filmoteca Galega un ciclo sobre o movemento documental da Revolución Cubana