Todalas entradas de Terrasenamos

Galiza celebra o 57 aniversário da Revolución Cubana

Terra Sen Amos – Redacción

O 57 aniversário da Revolución Cubana reuniu en Compostela á Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e ao Consulado Xeral de Cuba en Galiza, nunha festa conmemorativa que congregou a solidariedade organizada e a amizade con Cuba. Abrindo o acto, Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil” dixo que a fuga de Fulgéncio Batista coa caixa do Banco Nacional, no mencer do primeiro de ano de 1959,  fora descrita na prensa conservadora coma a escorrentada dun ladrón, asasino e valedor da máfia. Alvite recordou o trinta aniversário da Asociación á beira de Cuba, obxecto dun libro que relata o cerco económico e político e a manipulación e censura pagada polo Capital. José Antonio Solana González, Cónsul Xeral de Cuba, chamou a sumar vontades contra o Bloqueo que teima, pésia o veto da Asemblea da ONU e o recoñecemento de inutilidade e inxustiza da Casa Branca. A razón maior dunha idea de xustiza abrirase paso igual que os Cinco regresaron, dixo, coa verdade de Cuba e a solidariedade do mundo.

Na festa do aniversário, só parou a música para escoitar os discursos de Alvite e Solana. Foto de Merchi Santiago.
Na festa do aniversário, só parou a música para escoitar os discursos de Alvite e Solana. Foto de Merchi Santiago.

Seguir lendo Galiza celebra o 57 aniversário da Revolución Cubana

Obama di que o Bloqueo non durará moito

Terra Sen Amos – Redacción

Facendo balance dun ano de conversas con Cuba, Obama salienta os pasos dados nas viaxes e na comunicación bilateral e anuncia un aumento da opinión contra o Bloqueo na maioría republicana da Cámara, no que se apoia para prever que o cerco será historia nunha data non lonxana. Nunha entrevista de aniversário concedida a axéncia de prensa de Yahoo, o presidente declárase satisfeito do restablecimento de embaixadas, despois de 54 anos de belixeráncia unilateral, das viaxes a Cuba e das visitas á illa do chanceler John Kerry, da ministra de Comercio Penny Pritzker e do ministro de Agricultura Tom Vilsak.

Un ano depois de reiniciar o diálogo con Cuba, Obama anuncia que o Bloqueo non durará.
Un ano depois de reiniciar o diálogo con Cuba, Obama anuncia que o Bloqueo non durará.

Seguir lendo Obama di que o Bloqueo non durará moito

EUA fomenta a emigración cubana mentres require a terceiros paises que a bloqueen

Jesús Arboleya Cervera – Progreso Semanal (Miami)

Arredor de catro mil sen papeis cubanos, camiño dos EUA, están varados ainda en Costa Rica e un milleiro máis en Panamá. Doce governos, buscaron conxuntamente saída ao problema: oito centroamericanos, máis Colombia, México, Ecuador e Cuba. Ausente na procura de solucións, Estados Unidos, causante do problema e único que ten un remedio. Saindo legalmente de Cuba, e chegados con todas as da Lei ao primeiro país de destino, todas as asistencias para solucionar o problema, actuaron ao revés. Cuba preocupouse por eles e xestionou cos países involucrados unha saída ao problema, adoptando a posición de recibilos si ao final non foren aceptados por estes e visen frustrada a súa viaxe á Estados Unidos. A solicitude da maioría de nacións afectadas, Ecuador tomou decisións que se contradin coa súa propia política migratoria restablecendo o requisito de visa de entrada para os cubanos, cargando con costos e problemas que non desexaba nin buscou. O resultado é que os primeiros amolados con esta léria foron cidadáns cubanos que desexan viaxar ao Ecuador e son benvidos neste país, sen iso implicar o uso destas facilidades para atinxiren Estados Unidos.

A campaña a prol das Brigadas Médicas Cubanas atinxiu todo Brasil
A campaña a prol das Brigadas Médicas Cubanas atinxiu todo Brasil

Seguir lendo EUA fomenta a emigración cubana mentres require a terceiros paises que a bloqueen

Maduro governará sen o lexislativo, coma Obama

Iroel Sánchez – Al Mayadeen
Hai ben de países nos que o parlamento está controlado por unha maioría opositora ao governo. Non recordo esa circunstancia ter desatado unha campaña de prensa global, mobilizado o governo de EEUU, seus aliados, líderes políticos e ex presidentes, como temos visto nas eleccións recén celebradas en Venezuela para a Asemblea Nacional.

Maduro, coma Obama, vai governar sen maioría no lexislativo.
Maduro, coma Obama, vai governar sen maioría no lexislativo.

Seguir lendo Maduro governará sen o lexislativo, coma Obama

Parabéns de Fidel a Maduro polo seu discurso na noite das eleccións

Terra Sen Amos – Redacción.

Fidel Castro suma seus parabéns aos que procedentes de todo o mundo honraran o discurso de Nicolás Maduro na noite das eleccións: “Únome aos que celebraran o teu brillante e valente discurso na noite do 6 de decembro, apenas coñecido o veredicto dos votos”. O Líder da Revolución sitúa no nível máis alto de gloria política dun revolucionario ao Libertador de América, Simón Bolívar “un nome que xa non pertence só a ese país irmán senón que é património de todos os povos de América”. Comprendeuno ben “Hugo Chávez, oficial venezuelano de pura estirpe e admirador e seguidor das ideas de Bolivar até o derradeiro minuto da súa vida”, recorda Fidel. “De neno, asistindo a escola primária, na patria onde os herdeiros pobres de Bolívar tiñan tamén que traballaren para axudar a manter a família, medróu nel o espírito no que se formara o Libertador de América”.

O presidente Maduro conversa con Fidel na Habana, en 2013.
O presidente Maduro conversa con Fidel na Habana, en 2013.

Seguir lendo Parabéns de Fidel a Maduro polo seu discurso na noite das eleccións