CONCURSO LITERARIO PARA DIFUNDIR A CAUSA DOS CINCO

O Comité da Coruña para a liberación dos 5 Heroes -Ramón, Fernando, René, Antonio e Gerardo- prisioneiros políticos do Réxime dictatorial e terrorista con máis agresións bélicas, explícitas ou encubertas, contra outros estados na historia da humanidade, convoca un concurso literario de xénero epistolar.

Concurso literario para difundir a causa dos Cinco
Concurso literario para difundir a causa dos Cinco

Os membros deste comité consideran:

Que a divulgación desta actitude criminal contribuirá a un crecente movemento de apoio á liberdade dos nosos irmáns, obxectivo prioritario actual dos amigos do pobo cubano.

Que casos como este parecen demostrar unha subordinación política dos nosos gobernantes respecto das directrices do Departamento de Estado dos EEUU, polo que entenden estar moralmente lexitimados –mesmo obrigados- para defender e difundir unha causa non por coñecida menos ignorada, cal é a prisión inxusta de cinco cubanos polo goberno neonazi dos Estados Unidos.

Que dada a situación en que se atopan, incluída a prohibición de visitas, non deben deixar de transmitirlles o seu apoio e solidariedade a estes cinco heroes cubanos encarcerados.

Así mesmo, queren manifestar:

Que o mundo libre, ao cal a súa Patria e os seus amigos representamos, non cesará ata lograr a súa liberdade.

Que anhelan que chegue o día en que finalice a mazmorra, e, no entanto, anímanos a continuar coa súa inquebrantable e digna actitude.

Que a forza das ideas que os conduciron ás entrañas do monstro e hoxe os sostéñen son as mesmas coas que nós e a maioría da humanidade nos sentímos identificados.

Que quen os manteñen encarcerados fisicamente lograron converter a cinco traballadores anónimos en Cinco Heroes, cuxa situación actual constitúe para calquera persoa digna motivo de mobilización contra o imperialismo. Unímonos á condena internacional do terrorismo practicado polo Imperio norteamericano contra os pobos de todo o mundo.

Que a prisión de cinco auténticos loitadores pola liberdade, condenados por evitar máis de 170 atentados terroristas contra o seu país, leva, a cantos coñecen o caso, a solidarizarse con Cuba. A actitude inmoral e servil co amo ianqui da Unión Europea contrasta coa crecente admiración que esperta na xente honrada a obra realizada por Cuba.

Que hoxe existe un inimigo para a paz entre os pobos, un perigo para a vida no planeta, un réxime que leva décadas intentando impoñer unha ditadura ao mundo, un antro sinistro de corrupción que exporta guerra e capitalismo, fame e morte a partes iguais. Trátase dos Estados Unidos de América a quen todos debemos combater desde a fronte que corresponda en cada momento.

Carta elexida mes de xuño: Wilkie Delgado Correa

Carta elexida mes de maio : Rosa Bernal

BASES DO CONCURSO

1ª Convócase un concurso internacional que premiará o estilo e mensaxe da mellor carta pública de apoio aos Cinco ou a mellor dirixida ao goberno xenocida dos Estados Unidos, esixindo a súa liberación.

2ª As misivas redactaranse en calquera idioma con tradución adxunta ao galego ou ao español.

3ª A extensión das cartas non será inferior a cinco liñas nin superior a cincuenta. Cada participante poderá enviar unha carta ao mes na que figure o seu nome e dirección. Non se admitirán escritos inxuriosos de ningún tipo.

4ª Cada mes seleccionarase para a súa publicación e difusión en www.terrasenamos.org e, cando sexa posible, en www.Granma.cubaweb.cu, www.libertadparaloscinco.org.es, www.rebelion.org e outros medios alternativos a que se considere máis idónea conforme aos criterios sinalados de calidade, estilo e, sobre todo, contido.

5 ª A dirección a onde deben dirixirse os textos é: cincoacuba@yahoo.es.

6ª O premio consistirá nunha viaxe a Cuba con estancia incluída en réxime de aloxamento e almorzo. A saída efectuarase en voo directo desde calquera aeroporto do estado español. A estancia será de sete días e sete noites en novembro do 2007. O premiado poderá alterar duración e saída da viaxe costeándose a diferenza.

7ª En caso de resultar premiada unha carta procedente de Cuba, entregarase ao autor ou autora un premio de 959 euros. Opcionalmente, entregaráselle a mesma cantidade ao premiado doutro estado que non sexa España para viaxar a Cuba desde ese seu lugar de residencia.

8ª O xurado estará composto por personalidades da cultura galega caracterizadas pola súa amizade co pobo cubano e a súa Revolución.

Estará integrado por:

Doña Anisia Miranda, escritora e xornalista cubana, premiada coa medalla Ho Chi Minh e Orde da Amizade polo goberno de Vietnam, entre outros galardóns na súa longa e fecunda vida literaria e política.

Dr. Xosé María Dobarro Paz, Catedrático de Filologías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña.

Dr. Herminio Barreiro Rodríguez, Profesor Titular de Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Dr. Xosé Neira Vilas, xornalista e escritor, figura da literatura galega, membro numerario da Real Academia Galega.

D. Anxo Angueira Viturro, escritor e Profesor de Filologías Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo.

9ª O prazo de recepción de cartas finalizará ás 24 horas do día 15 de setembro de 2006.

10ª O fallo do xurado darase a coñecer o 8 de outubro de 2007 a través dos medios citados.

A Coruña, 10 de maio de 2006, o Comité da Coruña para a Liberación dos Cinco, pertencente á Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *