Terrasenamos – Cubadebate
O vicepresidente dos EUA entrou dacabalo no Cume das Américas e deitou contra Cuba e Venezuela un pesado volume de reclamacións e insultos tan vellos coma a doutrina Monroe (1823) O ministro de Estado de Cuba, recordou ao representante dos EUA que mal podia falar de legalidade nun continente que resiste armas e mercenários chegados do norte do Estreito da Florida até onde chega a memoria. Bruno Rodríguez Parrilla concretou os agravios recibidos por Cuba nos últimos 100 anos do goberno dos EUA: crimes, violación dos dereitos humanos e a dignidade, promoción do despotismo e a ditadura. Unha lista na que salientan o Bloqueo, a sabotaxe e a agresión armada contra Cuba; o cerco contra Venezuela, a promoción de gobernos reaccionarios en todo o continente, a Operación Cóndor ou o criminal golpe de Estado en Chile. A seguir reproducimos integramente a intervención do representante de Cuba.
“O Vicepresidente dos EUA ignora a realidade, e oculta a verdade. Pregúntolle de cara, señor Pence: é a Doutrina Monroe a que guía ao seu goberno, na súa política cara a América Latina? Voulle dar unha pista con palabras de Simón Bolívar: Os EUA parecen destinados pola Providencia para inzar América de miseria en nome da liberdade. Lembre a sentenza de Martí: Canto fixen até hoxe, e farei, ten por obxectivo impedir que os Estados Unidos pousen nas Antillas e caian pesadamente sobre as terras de América.
É nada democrático atacar Venezuela e latricar sobre o presidente Nicolás Maduro Moros, cando foi excluído do Cúme e non está aquí para darlle réplica. Non admitimos as referencias insultantes a Cuba e a Venezuela e a fachenda coa que se refire a América Latina e ao Caribe. O baleiro moral do goberno dos EUA non pode ser, non é, unha referencia para a América Latina e o Caribe.
Nos últimos 100 anos, pesan sobre as costas dos EUA os abusos máis brutais contra os dereitos humanos e a dignidade humana. Non hai goberno despótico na rexión ou infame ditadura militar que non fosen impostos ou apadriñados polo goberno dos EUA. Feitos de vergoña coma a Operación Cóndor ou o criminal golpe de Estado en Chile, pesan sobre a conciencia do goberno dos EUA.
O país do señor Pence foi o primeiro e o único en usar arma nuclear contra civís inocentes. É responsábel de guerras criminais con centos e centos de miles de mortos e de masacres de civís, incluídos nenos, mulleres e anciáns. Adoitan darlle nome de danos colaterais. Inclúa na lista actos de tortura, desaparicións, execucións extrajudiais e secuestros.
O goberno dos EUA é o autor de violacións masivas, flagrantes e sistemáticas dos dereitos humanos dos seus propios cidadáns afroamericanos, de hispanos, de inmigrantes e das minorías. Pais de acumulación de riqueza nunca vista que convive coa vergoña de ter moreas de millóns de pobres, de gobernar as súas cadeas e a pena de morte sobre un patrón racial diferenciado; de ter no mundo o máis alto numero de erros xudiciais en relación coa execución de persoas; de estudantes mortos por armas de fogo, sacrificados polo imperativo dun grupo de presión político, en particular na Florida: o goberno dos EUA recibiu millóns de dólares do grupo de presión das armas, e un senador de Miami abrochou non menos de 3 millóns polo mesmo conceito.
En Miami acubillan mafias políticas e terroristas internacionais confesos e ali tivera lugar o famoso pucheirazo eleitoral do ano 2000.
Non dixo o señor Pence, falando de corrupción, que o seu país é o centro do lavado de activos financeiros do narcotráfico e de contrabando de armas cara ao sur que desestabiliza países enteiros?
O sistema electoral que o elixiu e o legislativo, no que el serviu moito tempo, é corrupto por natureza e está sustentado na anomalía legal das contribucións financeiras corporativas e os chamados Comités de Acción Política.
Aplicando un proteccionismo feroz, o goberno dos EUA parece indiferente a ruina da industria, a agricultura e o emprego en toda a nosa rexión. Os seus grupos de presión impuxeron a ideia de o cambio climático ser unha fábula inventada contra os EUA. O seu sistema político e eleitoral consente o escandaloso tránsito de datos privados de decenas de millóns dos seus cidadáns.
Señor Pence: se ao seu goberno interesáselle o benestar, os dereitos humanos e a libre determinación dos cubanos, podería levantar o Bloqueo e colaborar coa nosa cooperación internacional, no canto de saboteala. Poderia contribuir deste xeito aos programas de alfabetización e de colaboración médica cubana en todo o mundo.
Vostede bradou aldraxes contra Cuba e eu lánzolle ao rostro a Declaración de América Latina e o Caribe como Zona de Paz, asinada na Habana polos Xefes de Estado da América Latina e o Caribe no 2014, cuxos principios inclúen o dereito inalienabel dos pobos e dos Estados a construír en liberdade o seu propio sistema político, económico, social e cultural. Engádolle un parágrafo deste documento histórico asinado no aeroporto internacional José Martí, da Habana, pola súa Santidade o Papa Francisco e pola súa Santidade o Patriarca Kirill, que escolleron precisamente Cuba para proclamaren “O noso encontro fraterno ha ter lugar en Cuba, na encrucillada entre o Norte e o Sur, o Leste e o Oeste. Dende esta illa, símbolo das esperanzas do «Novo Mundo» e dos dramáticos acontecementos da historia do século XX”
Estamos a beira de cumprir 57 anos dos bombardeos de avións estadounidenses a aeroportos en Cuba, nos que morreran cubanos en defensa da nosa independencia e soberanía, en cuxa despedida de duelo proclamouse o carácter socialista da Revolución Cubana, e sorprende que a tantas décadas o vicepresidente Pence veña aquí a usar a mesma retórica usada daquela polo goberno dos EUA para xustificaren o crime.
Os feitos dos últimos anos proban que a convivencia entre Estados Unidos e Cuba é posibel e de mutuo proveito e que pode rexerse por medios civiizados.
Non espere o representante dos EUA, nin a delegación agora instalada no escano que el mesmo ven de abandonar, que Cuba ceda un milímetro dos seus principios, nin renuncie ao seu compromiso de construír o socialismo”.