“Cuba defende o ideal martiano da integración latinoamericana para o futuro do mundo” (Diaz Canel entrevistado por Ignacio Ramonet) 

AXENCIAS DE CUBA–TERRA SEN AMOS

Se despois de 60 anos de ilegal, inxusto e anacrónico bloqueo, puido Cuba resolver un mar de problemas e facer realidade un exemplar programa de transformación social, de enviar brigadas médicas a todo o planeta, de exportar programas de formación básica que se converteron en referencia internacional, de obter anualmente a aclamación da Asemblea da ONU contra o ilegal asedio dos EUA, que máis non podería ter acadado a Revolución Cubana nunha situación de pleno respecto a Lei Internacional? A primeira resposta do presidente de Cuba a entrevista mantida nestes dias  na Habana polo xornalista galego ignacio Ramonet (Redondela 1943) recorda que Cuba padece o estado de sitio máis prolongado da historia contemporánea “mais nunca Cuba se cruzou de brazos”. Na conversa reparan na situación interior de Cuba baixo os efectos do bloqueo económico, político e da marea de información falsa, na economía, esencialmente no plano interior e finalmente abordan as relacións internacionais. A redación de Terra Sen Amos realizou a seguinte versión editada e traducida.

O presidente de Cuba dialoga co xornalista galego Ignacio Ramonet

O bloqueo encarnizado

“Coido que hoxe o bloqueo ten unha característica cualitativamente diferente;  arestora falamos dun bloqueo multiplicado que ten o agravante da inclusión de Cuba nunha lista infame na que o goberno dos EUA mete aos países que supostamente apoian o Vou comparar o que era a vida das cubanas e os cubanos ate o ano 2019 ou ata o segundo semestre de 2019, e como foi a vida despois dese segundo semestre de 2019, que é o que enmarca tamén ou diferenza estes dous momentos. En primeiro lugar, nós somos un país que leva 60 anos padecendo un bloqueo ilegal, inxusto, anacrónico como política prepotente do Goberno dos Estados Unidos”.

“Mais Cuba non quedou cruzada de brazos. Nunca; nós aplicamos a resistencia criativa. Despois das vivencias que tivemos na COVID-19, a resistencia afina solucións; o país non foi só quen de resistir os embates do bloqueo, senón que nesas condicións agravadas avanzou, colaborou con outro paises, creceu como nación e, progresou”.

“Todos eses conceptos estratexias trazadas pola Revolución serviron para mantermos un nivel de actividade económica, de exportacións, de apoio a programas sociais de alto impacto na nosa poboación e todo iso malia os atrancos causados polo bloqueo, que che digo categoricamente que é a causa que máis frea noso desenvolvemento económico”.

A produción nacional

Miguel Díaz-Canel explica que Cuba traballa hoxe na mellora da produción nacional para gañar soberanía económica e satisfacer as necesidades internas do país. Cuba é capaz de producir unha parte importante dos alimentos que necesita e importar menos produtos. “Hoxe temos que dispor de máis de dous mil millóns de dólares para importar alimentos, que porque os invistas non sempre importas nin a mesma cantidade nin máis; ao contrario, importas menos porque soben os prezos e soben os fretes”.  Apuntou que a estimulación da produción nacional e en especial da agricultura, é un proceso que está a ser fomentado desde a escala local, partindo das potencialidades que ada concello ten para autoabastecerse.

No diálogo, o presidente expuxo os retos da empresa estatal, á cal —indicou— débenselle garantir as mesmas condicións coas que traballa o sector non estatal mesmo recoecenddo que a empresa estatal cubana ten hoxe un grupo de facultades que non sempre se aproveitan ben.Tamén se referiu ao uso da ciencia e a innovación nun país como a illa caribeña, con escasos recursos naturais, e que, con todo, posúe capital humano con moito talento.

“En 2019 o país recibía ingresos por exportacións a partir das nosas producións exportabeis e competitivas no mercado internacional; había unha vitalidade na actividade económica do país; o país recibía unha cantidade importante de remesas e ingresos notabeis pola actividade turística –lémbre que nós chegamos a ter case catro millóns e medio de turistas nun ano–, e tiñamos crédito de varias institucións financeiras, créditos gobernamentais de países cos que temos relacións boas e tamén créditos de programas, de axencias, que nos permitían elaborar e apoiar proxectos”.

“Aliás contabamos con combustibel sobre a base de convenios con países amigos, con países irmáns, que facían que nós baixo eses convenios non tivésemos que gastar popr ese concepto case nada dos ingresos de divisas que recibiamos: unha compensación a partir de servizos que nós damos a eses países irmáns”..

“Mais no segundo semestre de 2019 a administración Trump lanzou máis de 240 medidas específicas que multiplicaron o bloqueo; aplicaron por primeira vez o Título III da Lei Helms-Burton, que nunca a tal chegaran. O seu impacto foi nomeadamente de presión sobre inversionistas estranxeiros que xa investiran e sobre outros que tian mentes de participaren; de vez apoiaban a aqueles que foron parte das confiscacións que con plena xustiza o Goberno Revolucionario realizou nos primeiros anos da Revolución”.

“Estas  medidas de agravamento afectaron todas nosas fontes de ingresos en divisas, diminuiron o turismo notabelmente; pecharo os cruceiros, que era unha parte importante da afluencia de turistas a Cuba; organízase unha enorme persecución enerxética e financeira. Hai máis de 92 bancos ou entidades financeiras internacionais sancionadas ou presionadas polo Goberno dos Estados Unidos o que afectou de vez as relacións de intercambio financeiro con Cuba”.

O COVID en tempos de escaseza

“Inza a COVID-19, entrado o ano 2020 e de par a subida de prezos no mercado internacional como parte da crise multidimensional; os efectos do cambio climático en nós manifestados en intensas secas sucedidas por choiva arreo en todo este tempo e tamén por furacáns que provocaron moitos danos á economía con ambiente de escaseza de medicamentos, escaseza de alimentos, escaseza de combustibel.”

“Dende a nosa visión humanista de Revolución, en tempos de COVID-19, o principal obxectivo foi salvarmos vidas e vista da pouca divisa que entraba no país esta foi nosa prioridade: primeiro, sobre a base de protocolos de combate da enfermidade, utilizando ou reposicionando medicamentos e produtos biotecnolóxicos que xa desenvolvera a industria biotecnolóxica cubana para outras enfermidades e que tiñan un determinado nivel de efecto nas condicións da COVID-19. A seguir, como xa se sabe, co imprón itánico e o brillanteresultado dos nosos científicos, parte de toda esa concepción do Comandante en Xefe que en tempos de Período Especial lanzou un polo científico produtivo, nun esquema pechado de produción; a incorporación da ciencia e a innovación como forza produtiva;! De non existir ese desenvolvemento desde os anos noventa, hoxe non daríamos tratado o terribel andacio como de feito fixemos”.

O entrevistador pon sobre o mesa as impopulares caidas do subministro de electricidade  e o presidente non reserva ningún detalle da situación: “Hoxe temos un sistema electro-energético inestabel; nestes momentos, nesta semana sufrimos fortes apagamentos en todo o país, levamos máis de cinco días que non temos vinte e catro horas de servizo, o que quere dicir que en todo momento se produce algún apagamento no sistema o que prexudica a produción e a vida, molesta a poboación e provoca incomprensión. O noso sistema electroenergético ten un compoñente de termoeléctricas que funcionan coa produción de cru nacional, con alto contido de xofre que obriga a un  mantemento sistemático; o mantemento deste sistema require máis de 300 millóns de dólares ao ano; temos outro grupo de fontes de xeración de enerxía eléctrica, que son motores de xeración distribuída, sobre todo para usalos no horarios pico, que requiren diésel e fueloil, e non sempre tivemos os niveis de diésel e fueloil que necesitamos”.

“Como parte do bloqueo agravado, nós, por exemplo, estivemos desde o mes de outubro ata o mes pasado sen que entrase ao país diésel nin fueloil, e fomos esgotando as reservas grazas a un programa de aforro. Contamos xa un compoñente de fontes alternativas, sobre todo, co uso de fontes renovables de enerxía.

“A menor dispoñibilidade de divisas impediunos teren prazo insumos e as pezas de reposto necesarias para manter todo o sistema electroenergético nacional que, polo demáis xa é un sistema xa cun determinado nivel de obsolescencia; iso acrecenta avarías, que  conspiran contra a estabilidade do sistema electroenergético nacional”. Endebén aumentan os prezos no mercado internacional, porque tamén nisto está a crise multidimensional que sofre o mundo”.

As protestas no interior da cidade cercada

Nota o entrevistador que esta fervenza de avarías e necesidades non cubertas “ten provocado un fenómeno sociolóxico que non se coñecía en Cuba, que son as protestas do pobo e, doutra parte a emigración para safar do cerco das carencias. “No  primeiro, creo que o noso pobo sufriu o andazo do bloqueo, un mal acumulado en máis de sesenta anos; a miña xeración, que naceu nos primeiros anos da Revolución, é unha xeración que viviu bloqueada polas carencias que provoca o cerco”.  Ignacio Ramonet argúe que o bloqueoo é inmemorial ao que o presidente resposta que os seus fillos naceron bloqueados e os netos naceron e están a vivir en condicións de bloqueo que tivo unha afectación directa na poboación cubana.  Cal é o obxectivos do Goberno dos EUA e cal é a política imperial a respecto da continuidade da Revolución Cubana? “Existe unha pista que é Memorando de Mallory, a partir precisamente dun informe escrito por un funcionario do Departamento de Estado nos anos sesenta sobre Cuba, que recoñecendo o altísimo nível de apoio popular da Revolució, o camiño para acabar coa Revolución era a asfixia económica para o pobo padecer carencias, achacalas a un mal goberno e deste xeito provocar unha ruptura coa Revolución. Eis a política que nunca deixaron de seguir. Ora en 60 anos non nos deron dobregado. Non darán feito: eu sigo crendo na capacidade de resposta, no heroísmo deste pobo e na resistencia creativa que antes mmencionei”

“Nestes tempos con este agravamento do bloqueo, en ocasións tivemos sobre esa poboación a coincidencia de varios factores: apagamentos prolongados, problemas do transporte, carencias da vida, problemas para garantir a canastra básica, problemas cos alimentos, problemas cos medicamentos; os apagamentos aféctan a subministración de auga, porque as fontes de subministración de auga funcionan tamén con electricidade; que, por certo, fixemos un investimento importantísimo para transformar os sistemas de bombeos en sistemas fotovoltaicos.  As maniifestacións do 11 de xullo foron de certa importancia e moito menos as 17 de marzo, aínda que os media agrandárona. Mais hai unha Cuba real e unha cuba virtual. Unhas convocatorias transcorreron pacificamente: a meirande parte da poboación que foi a reclamar e pedir explicación. Non convocaban para acabaren coa Revolución; foron fronte institucións do Goberno ou do Partido.

Por un diálogo de igual a igual

Díaz Canel, reitera a vontade de sentar nunha mesa en igualdade de condicións, sen imposicións cos EUA para falar de todos os asuntos en común “Nós fixémoslles chegar, por vías directas e indirectas, á actual administración do Goberno dos EUA que estamos dispostos a sentarnos nunha mesa en igualdade de condicións, sen imposicións nen condicionamentos,  para falarmos de todos os temas que teñen que ver coa relación entre Cuba e os EUA, todos os asuntoss que queiran discutir; pero sen condicionamentos e en igualdade de condicións” O presidente nota que, a diferencia da actitude do goberno de Washington, Cuba non fai diferenza nin agacha intencións ou reserva argumentos: “Nada temos on temos contra do pobo norteamericano; quen ten axenda contra nós é o Goberno dos  EUA”.

“A fin de contas, no bloqueo (de Washington contra A Habana) hai unha relación, digamos, unilateral: non hai nada nos actos do goberno de Cuba que afecten aos EUA; Cuba non tomou ningunha medida en contra o goberno dos EUA. Mais foi o Goberno dos EUA quen impuxo de maneira unilateral o bloqueo, por tanto, a el correspóndelle arriar o cerco; nós non pedimos favores nin temos que ter ningún xesto para que paren de bloquearnos; sinxelamente é un dereito do pobo cubano”.

Diaz Canel acrecenta: “Diferencias ideolóxicas terémolas sempre mais iso non estorba unha relación civilizada entre veciños na que pode haber cooperación, intercambio económico, comercial, científico, financeiro, cultural, en todos os ámbitos da vida. Unha relación normal, como a teñen os EUA con países que tamén non comparten as súas posicións” .

O presidente cualificou de inexplicabel a posición de o presidente Biden, que fora vicepresidente de Obama durante dous mandatos que modificaron a atmosfera das relacións até restablecelas despois de anos sen contacto da súa parte. “Tras comezar Obama a construir unha relación diferente con Cuba, a posición da actual administración só pode entenderse como a constatación de os EUA careceren de partidos e decidir as posicións do goberno, que son as posicións imperiais, por subordinación a un grupo de intereses da mafia cubano-norteamericana” Interrogado sobre a súa esperanza de as próximas eleccións cambiaren esta situación, Diaz Canel dixo “oxalá que cambien e poidamos ter espazo para discutirmos fronte a fronte todas as nosas posicións e que houbese outro tipo de relación e arrien  por fin o bloqueo. Mais o bloqueo teremos que superalo por nós mesmos, coa nosa capacidade,o  noso traballo, o noso talento, anosa intelixencia e o noso esforzo, e esa sería a mellor resposta a esa teima de termaren con el tantos anos contra o noso pobo”.

Latinoamérica martiana

Cuba está comprometida na defensa da soberanía e a independencia dos países de América Latina e o Caribe. Nota que Cuba mantén unha posición de “respecto á autodeterminación sobre o sistema sociopolítico que asuma cada quen e asemade ter a relación máis solidaria, e cooperativa”.

Recordou noutra parte do diálogo, que a illa non rompe nunca relacións cos países latinoamericanos, senón que trata de resolver mediante o diálogo calquera tema en que poida existir esgrevio trato ou desacordo.  “As mostras de solidariedade de Cuba con América Latina e o Caribe reforzan ese principio, que tivo diversas manifestacións como o envío de médicos, mestres e colaboradores internacionalistas a países da rexión. “Hoxe, no medio desta situación que vive Haití, cando moitos están a pensar en interviren na illa ou na inxerencia na inxerencia nos asuntos internos de Haití, nós temos alá unha brigada médica brindándolle servizo ao pobo haitiano”

En relación coas crises no continente, Diaz Canel cualificounas de expresión de todas as contradicións que existen a nivel global e tamén rexional no caso de América Latina e o Caribe. Amizade e irmandade co Goberno de Andrés Manuel López Obrador e con México, único país que non rompeu relacións coa illa cando Estados Unidos convocara a toda a Organización de Estados Americanos a illar á maior das Antillas.”Cuba defende a causa de Venezuela, da Revolución chavista, da unidade cívico-militar e apoia ao presidente Nicolás Maduro, ao cal tentaron asasinar nn unha senón varias veces”. Así mesmo, reiterou o respaldo do seu país á Revolución sandinista, á autodeterminación de Porto Rico e aos principios do Estado Plurinacional de Bolivia. Fixo votos dunha integración latinoamericana que puidese ser un exemplo para o mundo enteiro.

“Vemos con moito interese o papel que desempeña Xiomara Castro , en Honduras e á fronte da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños; nestes momentos mantemos unha relación moi estreita con Luiz Inácio Lula da Silva”. Resalta os vínculos cos países da Comunidade do Caribe, e puntualiza que estes, do mesmo xeito que os nexos con toda a rexión, baséanse no respecto, a solidariedade, a amizade e o diálogo para resolver calquera discrepancia no obxectivo de realizar no continente latinoamericano unha integración tal que puidese constituir un modelo para o mundo enteiro.

Recoñeceu que en América Latina e o Caribe hai moito analfabetismo aínda por resolver e que compre avanzar temas de xénero e conquistar a igualdade e xustiza social para todos os pobos sobre a base do acerbo histórico e cultural.

“Nunca un país latinoamericano poderá ver Cuba coma un perigo, ao contrario, en Cuba sempre van atopar colaboración, axuda, comprensión e disposición para avanzarmos con axuda mutua”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *