Nelia Areses – TSA Habana
No marco da edición 33 da Feira Internacional do Libro da Habana, presentáronse os proxectos editoriais do Museo Nacional da Música da Habana para 2025, entre eles, un libro sobre a vida e obra da pionera María Muñoz de Quevedo, nada en 1886 en A Coruña e falecida en 1947 na Habana. Unha biografía que expón o legado de María Muñoz , creadora da magnífica Escola Coral Cubana a partir do seu compromiso cos rebeldes nacionalistas do Grupo Minorista (1923). O relato foi recuperado por mor do traballo da investigadora galega Irene del Rio en arquivos da banda cubana do mar.

Trátase dunha foto-biografía iconográfica de María Muñoz con novidades relativas á súa metodoloxía da Escola Nova que conducirían á formación da Coral da Habana, as Cantorías (escolanías) e a Coral Universitaria da Habana, o máis antigo organismo coral actualmente vixente en Cuba. A obra terá como complemento unha edición virtual que achegará datos inéditos relativos á vida e obra de María Muñoz.
O proxecto de volume presentado na Feira do Libro, recupera artigos orixinais de María Muñoz, conferencias impartidas por ela e programas dos cursos que a coruñesa dera na Universidade da Habana e noutras importantes institucións cubanas de comezos do século XX, como a Institución Hispanocubana de Cultura, dirixida por Fernando Ortiz; Pro-Arte Musical e o Lyceum Tennis Club da Habana. Na biografía da galega-cubana é central a súa identificación cos intelectuais rebelados en Cuba contra a alienación colonial da primeira formalidade republicana, por volta de 15 anos de guerra, que continuaran a a fronte da resistencia interior cunha defensa insomne da cultura propia dende as raices.
A obra de Del Rio procede dunha investigación orixinal realizada pola autora en 2001, cando impartía clases de lingua, literatura, historia e cultura galegas na Cátedra Galega da Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana, fundada por Xosé Neira Vilas en 1992.
A Feira Internacional do Libro da Habana transcende as fronteiras dun país bloqueado dende hai 62 anos, cunha mensaxe de ilustración, irmandade e solidariedade. O libro converte o monumento colonial da Fortaleza do Morro nun facho de progreso contra o imperialismo que recén recoñeceu que os diarios consagrados a deostar a Revolución Cubana cobraban da nómina imperial por medio da USAID, sucursal da CIA.
O País Convidado de Honra desta edición é a República de Sudáfrica, e a Feira identifícase coa premisa martiana “Ler é Crecer”, cuxa temática é Todo un país en libros, en atención ao aniversario 25 da creación do Sistema de Edicións Territoriais, no 130 Aniversario da Caída en Combate do Heroe Nacional de Cuba, José Martí. A Feira conta con subsedes en toda a xeografía de Cuba.
María Muñóz musicalizara en versión coral o poema “Mais ve…” da nosa xenial Rosalía de Castro, fora discípula de Manuel de Falla e anfitrioa de Federico García Lorca na súa viaxe de 1930 a Cuba. Foi a primeira persoa en nacionalizarse cubana pola Constitución de 1940 e nunca esqueceu a súa terra de orixe.
Irene del Rio fora presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil dende 1920 até a derradeira Asemblea Xeral de 22 de febreiro.