Prensa Latina – TSA
A función dominante das redes sociais no relevo de editoras de diarios, axencias de información e noticiarios de radio e TV, e a produción incesante de noticias falsas (fake news) ou unidades de comunicación social intervidas e manipuladas en orixe para poderen transmitir conceptos nesgados e frecuentemente antitéticos da actualidade, foron debatidos nas primeiras xornadas do XVI Encontro Nacional de Solidariedade con Cuba no Estado Español, celebrada en Sagunto, Valencia) e organizada polo Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) A xornalista cubana Rosa Miriam Elizalde, celebrada dentro e fóra de Cuba, e outro tres nomes da información internacional seguidos a ambas beiras do Atlántico, coma Ignacio Ramonet, Pascual Serrano e José Manzaneda, abordaron a esperpéntica disparidade entre a realidade cubana e os seus problemas obxectivos e a súa versión noticiábel dominante.
Tanto Rosa Miriam como os tres xornalistas que a acompañaban na mesa referíronse ao difícil que é botarlle unha man ás verdades noo medio dunha batalla tecnolóxica desigual e cun enfoque enormemente agresivo contra Cuba. Ramonet lembrou que o ex presidente Donald Trump atinxira 153 millóns de seguidores nas súas redes, o que lle levou a desprezar en mitos casos o uso dos medios habituais, sen nin sequera tomar en consideración as demandas de presenza na televisión, tan valoradas polos gabinetes presidenciais en todo o mundo.
Para Rosa Miriam Elizalde, as trapelas e trolas que paga e corrompe o goberno dos EUA como complemento do bloqueo son de carreira curta, coma a maioría das mentiras, mais operan por cantidade por asfixiar a Cuba e elevar o cerco económico para consumiren a paciencia da poboación da illa. Mentiras e enormes sumas de diñeiro (mil milóns de dólares na última década) co propósito declarado de tumbar o goberno socialista. Este orzamento da USAID daría solución a problemas de Cuba causados polo bloqueo, porén se perda a diario en propaganda dos EUA.
A xornalista cubana, de longa experiencia nestes temas, apelou ao exemplo da campaña polos supostos ataques sónicos que se daban en Cuba contra diplomáticos estadounidenses, nunca demostrados, pero que serviran de pretexto a Trump para sumar 243 medidas ao bloqueo.
Pascual Serrano, comentou que na actualidade o capitalismo perdeu toda vergoña e admite que falencias e fracasos do sistema son de inferior importancia que os males que poderían producir solucións políticas alternativas.
Na primeira e segunda xornadas do Encontro, foron estudadas iniciativas para sumar forzas solidarias e estratexias fronte ao bloqueo de Washington.
As mesas de traballo contaron coa colaboración do eurodiputado español Manu Pineda, da vicepresidenta primeira do Instituto cubano de Amizade cos Pobos (ICAP), Noemí Rabaza, e do embaixador de Cuba en España, Marcelino Medina.