Al Mayadeen – Prensa Latina
“A nosa confianza no pobo viuse plenamente recompensada polos votos en defensa da Revolución, malia a feroz campaña a prol do abstencionismo: Cuba gañou co 75,92% de participación”, dixo o presidente Diaz Canel ao cabo dun activo domingo cos colexios electorais a rebordar en toda a illa. A noticia da masiva asistencia rexistrada nos comicios para designar mediante voto as mulleres e homes que van ocupar os escanos da Asemblea Nacional del Poder Popular (ANPP) de Cuba, expulsou dos informativos da segunda feira o lema comprometido pola fronte reaccionaria dende a outra beira da canal da Bahama, que daba por feito que o pobo ignoraría a campaña de voto.
O ministro de Relaciones Exteriores, Bruno Rodríguez, fixo gabanza do entusiasmo e a conciencia revolucionaria do pobo que foi consecuente co seu deber patrio de designar as persoas que deben representalo na Asemblea.
O presidente da Casa de las Américas, Abel Prieto, salientou os resultados e dixo que representaban un fracaso da intensa campaña pola abstención que os inimigos da Revolución inzaran nas redes.
Parabéns do presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, acolleron as novas da asistencia masiva de votantes en toda Cuba, mentres Yván Gil, titular de Relacións Exteriores da República, ratificou o apoio bolivariano a firmeza do proxecto revolucionario cubano.
O Consello Electoral Nacional (CEN) informóu que todas as persoas candidatas a integraren a X Lexislatura de la Asamblea recibiron os votos determinados por Lei para seren eleitas e asemade a asistencia aos colexio electorais de mulleres e homes inscritos no censo, superou a de comicios anteriores. A presidenta del CEN, Alina Balseiro, comparóu a participación destas eleccións coa do referendo do Código das Familias, e dixo que este resultado era un 1,8 % maior e un 7,36 & máis ca nas municipais. O total de papeletas válidas foi de 90,28 %, en branco o 6,22 e os votos nulos foron o 3,50%.
O proceso concluirá 19 de abril vindeiro coa constitución do Parlamento, a elección da Mesa, do Consello de Estado e do presidente e vicepresidente da República.
Un dos elementos que caracterizan ao sistema democrático cubano é a selección de candidaturas mediante comisións directas que actúan nos níveis municipal, provincial e nacional e elixen a man alzada, a partir das propostas e coñecimento próximo dos aspirantes, sen que intermedie a propaganda . A canteira básica das candidaturas son as delegacións de cada cricunscripción procedentes dos comicios municipas, que conforman as Asembleas Municipais, centro do poder local.