Cubadebate – Terra Sen Amos
O presidente de Cuba dixo na clausura do XI Congreso de la Unión de Periodistas (UPEC) que “sen unha prensa crítica, que apele á conciencia e aos valores humanos, non é posibel a Revolución e sen unha comunicación política, institucional e social transparente, eficiente e orientadora e un xornalismo comprometido, cribel, ético, esixente crítico e educativo, non hai Revolución”. Para Diaz-Canel o xornalismo debe ser verdadeiro e revolucionario: “Todos temos a responsabilidade de defender a verdade e por veces para defender a verdade non contamos con outros recursos que non sexan o comprommiso e o talento”.
No Congreso foi presentado o libro Anatomías do Xornalismo Cubano, de Flor de Paz, e o informe central do período 2018-2023 que constata que o sistema de comunicación pública cubano enfronta, xunto a clásicos e complexos desafíos, os da sociedade en Rede, como resultado da masiva e a acelerada penetración da internet no país.
Nos debates da comisión “Prensa cubana nunha sociedade en Rede” Randy Alonso, moderador do programa Mesa Redonda, declarouse convencido “da crenza martiana de un xornalista ter a obriga de saber dende a nube até o microbio. Eis o desafío que hoxe temos nas nosas redaccións e medios de comunicación xa que a mediocridade, descoñecemento e precipitación non pode ser o destino do noso xornalismo”.
Tratando das fontes como elemento básico da información, obser vou que dende 2018 producírase un cambio na accesibilidade das institucións e da sociedade. “O lamentabel é que moitas institucións entenden a comunicación só como divulgación. A comunicación é un proceso multilateral, interactivo, de transformación, e moitas institucións no canto de dar o peito e saír enfrontar o desafío, pechan a porta. Algo lamentabel, sobre todo cando o Partido recomendou que as fontes falen, expliquen, dean información”. Neste sentido, lembrou a recente entrevista ao presidente Díaz-Canel na que dicía que o servidor público ten a obriga de render contas.
A posta en marcha do Instituto de Información e Comunicación Social compromete ás institucións públicas para lle daren información ao noso pobo. O xornalismo non pode existir sen a sociedade, sen a participación da opinión e do pensamiento doutros”.
Alonso reclamou un sistema de medios públicos máis profesional, máis anovador, máis revolucionario e máis comprometido co sentir e facer do pobo.