A. Roade -Terra Sen Amos.
Sócios clave da UE manifestan a súa presa por liquidar a sanción comunitaria contra Cuba, a Posición Comun propugnada por Aznar en 2006. En menos que pasa unha borrasca, os paises conformados con aquela directiva contraria ao Dereito Internacional, quixeran non tela asinado nunca. A cordial recepción de Bruno Rodríguez, ministro de Estado de Cuba, en Italia Francia, Holanda, Bélgica e Luxemburgo, e o seu diálogo con altos responsabeis da Unión Europea e a Unesco, marcan un novo éxito diplomático cubano na UE, apenas notado na prensa española. Á foto da sanción oportunista contra Cuba sucédelle coma a dos Catro das Azores (2003) na que dous retratados (Durán Barroso e Tony Blair) aseguran que foran enganados e os outros dous (Aznar e George Bush) preferirían censurar a imaxe. Avisado polo departamento de Estado de Washington, o governo de Rajoy devecía por marcar distancias con Aznar pero non tivo mellor idea que enviar ao ministro García Margallo a Habana para dar consellos democráticos. O paternalismo do PP está demostrando ser o procedimento máis caro para non dar aberto ningunha porta con Cuba. Para empeorar un anaco máis o panoorama, Rajoy mantén a guerra mediática contra Venezuela, e o membro da UE chamado por historia común a ser interlocutor privilexiado con Cuba, conserva o herdo de Aznar e convértese de feito en gardador único dunha Posición Común que dí querer cambiar.
Arquivo da etiqueta: Bélxica
UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA
Eugenio Martínez Enriquez, embaixador de Cuba en España, replica un editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro, baixo o título “Y van 55 años”. Fronte a arrogante sentencia de “fracaso” aplicada polo diario á economía cubana, o Embaixador cita indicativos sociais de Cuba superiores aos dos Estados Unidos e Canadá; sobre a pretensión deste diario, en guerra declarada contra o ALBA, de seren os cubanos os máis “conscientes do fracaso” da Revolución, Martínez Enriquez recorda os millóns de cubanos e cubanas defensores dunha opción de governo que lles garantíu pola primeira vez a dignidade e a independenza”.
A carta de réplica desafía ao diario a buscar e publicar indicativos de asistencia infantil universal comparabeis aos de Cuba, co recoñecemento e parabéns das Nacións Unidas e varias outras institucións internacionais, a pesar de padecer dende hai máis de medio século estorbos, sancións, intervencións ilegais de contas, campañas de infundios, contaminacións, ameazas e atentados por parte dos Estados Unidos.
Seguir lendo UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA