Terra Sen Amos – Redacción
A páxina Galicia Confidencial (GC) abre dia 27 co titular “todos os partidos políticos do Pais renden homenaxe a figura de Fidel”. Entre numerosos xuizos positivos “para o líder revolucionário de ascendéncia galega”, GC salienta a opinión favorábel do Partido Popular, tanto na voz do vicepresidente da Xunta que declarou a Fidel coma un referente ou nas declaracións do presidente autonómico nunha entrevista en Radio Galicia, na que enviou condoléncias ao pobo cubano e reparou na relación familiar de Fidel con Galicia. O medio ilustra o que chama coincidencia entre esquerda e dereita, citando as opinións sobre Fidel de En Marea, BNG, Podemos, Galiza Nova, CIG, PSOE e PP.
Seguir lendo Todos os partidos galegos renden homenaxe a figura de Fidel