Terra sen Amos. 31.01.15 Vigo
A homenaxe a Martí na data do seu nacemento, organizada en Vigo pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, deu lugar á rememoración de Daniel Afonso Rodríguez Castelao, no común compromiso das dúas personalidades coa emancipación dos pobos, a solidariedade internacionalista, o anti-imperialismo, a vivencia do exilio e a vocación da arte e a literatura como instrumento de intervención social. José Antonio Solana Fernández, cónsul xeral de Cuba, sinalou noutro momento do acto que o único xeito de os cubanos lembrar a figura de Martí é o de continuaren na loita pola independencia e soberanía de Cuba, o mellloramento humano, a honra e dignidade do pobo e o internacionalismo. Citando a Raúl Castro no recente cumio da CELAC en Costa Rica, Solana recordou que nas novas circuntancias, “Cuba non renunciará aos seus ideais de independencia e xustiza social, nin vai ceder nos seus principios, nin ceder na defensa da soberanía nacional e tamén non aceptará a pretensión de aconsellar e presionar en materia dos seus asuntos internos, depois de ter gañado este dereito con grandes sacrifizos”.
![Amigos de Cuba, representantes do Corpo Consular e Cubanos residentes. recordan a Martí en Vigo, arredor do seu monumento.](https://terrasenamos.org/wp-content/uploads/2015/01/jm-300x225.jpg)