Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.
Joan Josep Nuet, voceiro de IU na comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, invocóu o acervo das relacións coa Nosa América para reclamar a solidariedade do Goberno coa integración regional, en particular para a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) e a Unasur. Seguir lendo IU chama ao goberno Rajoy a se involucrar no proceso de integración da Nosa América →
“Teremos no CELAC unha organización da Nosa América e pode ser o acontecimento máis grande dos 200 anos de independencia demediada de América Latina e o Caribe”, dixo o presidente Raúl Castro no cumio fundacional da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.
A quenda de intervención do presidente de Cuba, deu lugar ao aplauso máis cálido e prolongado do foro internacional reunido en Caracas. O correspondente do xornal cubano “Juventud Rebelde” conta que mentres o xeneral cubano camiñaba para a tribuna o aplauso parecía non querer rematar. Seguir lendo A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl →
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"