Arquivo da etiqueta: José Antonio Solana

Nova homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario da xesta de Moncada

Terra Sen Amos-Redacción
Pedro Trigo, heroe viveirés do asalto ao Moncada, foi honrado en Pontevedra no 61 aniversario da xesta que marcou o abrente da Revolución Cubana. Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra, recibiuno na mañá de sábado 29, xunto con José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, a funcionaria consular Silvia Maria Iglesias Pérez e directivos da asociación Mar de Lumes, organizadora da homenaxe. Na tarde, Trigo contou en primeira persoa a inciativa e preparativos do Moncada fronte unha plural e concurrida asistencia e no seu relato levou a primeiro plano a independenza e completa austeridade de recursos dos conxurados, axudados a penas con ideas e decisión. Interrogado sobre a disposición revolucionaria das novas xeracións, o Cónsul Xeral citou a Bonifacio Byrne: “A loita de Cuba será eterna mentres dure o imperialismo”.  Foi a segunda homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario do Moncada, depois da festa organizada 26 de xullo na súa honra en Compostela pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A convocatoria de Pontevedra contóu coa adhesión de organizacións solidarias de toda Galiza.

A cónsul de Cuba Laura Urra e Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, acompañan a Pedro Trigo (no centro) durante a súa homenaxe en Compostela en xullo.
A cónsul de Cuba Laura Urra e Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, acompañan a Pedro Trigo (no centro) durante a súa homenaxe en Compostela en xullo.

O Consulado de Cuba comemorou en Santiago o “Día de la Cultura” acompañado da amizade Galega

Santiago de Compostela/Terra Sen Amos
Representantes da amizade galego-cubana honraron en Compostela sábado 25 o “Dia de la Cultura Cubana”, instituido polo Governo da Revolución para comemorar o nacimento da Bayamesa, himno nacional de Cuba. A convocatoria foi do Consulado Xeral de Cuba en Galiza.

A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa
A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa

Seguir lendo O Consulado de Cuba comemorou en Santiago o “Día de la Cultura” acompañado da amizade Galega

O congreso Nethink de San Simón anuncia que non existe cerco político e económico norteamericano sobre Cuba

Yoani Sánchez, delegada en Cuba da Sociedade Interamericana de Imprensa (SIP) axencia de notícias da CIA con sede en Miami, revelou na Illa de San Simón que non existe enfrontamento nin diverxencias entre Estados Unidos e o governo da República de Cuba. Invitada pola Consellaría de Cultura da Xunta e o diario La Voz de Galicia ao encontro Nethink (en réxime pechado, con distribución editada por Internet) a representante da axencia norteamericana dixo que os desacordos entre a poboación e o Governo Revolucionario son a causa de todos os problemas que sofre Cuba dende 1959.

Para patentar a súa credibilidade, a correspondente da SIP nega calquera relación con gobernos do mundo críticos con Cuba. En toda a nosa América é ben coñecida a dependencia da administración norteamericana da axéncia para a que ela traballa; é verdade que na súa recente visita a Brasil contara con organizacións de extrema dereita e o apoio explícito da embaixada norteamericana; falando na República Tcheca, como parte do programa de viaxe con parada na Galiza, ela mesma agradeceu a valiosa axuda prestada por People in Need (PIN), organización criada e financiada pela Fundação Nacional para a Democracia (NED), instancia de fachada da CIA. Seguir lendo O congreso Nethink de San Simón anuncia que non existe cerco político e económico norteamericano sobre Cuba