El Gallego Fernandez, finado na Habana dia 7, pasaba dos 95 e fora vice-presidente de Cuba durante todo o periodo especial e ainda máis. Un tempo no que o Bloqueo agravado inzaba Cuba de problemas e emerxencias diarias, mentres os socios da Unión Europea deixábanse querer polos EUA para colaboraren nunha chamada ofensiva derradeira contra a Revolución. Neses anos El Gallego foi embaixador extraordinario na Galiza en trece ocasións, en boa sintonia cos gobernos de coalición na Xunta e excelente con algúns concellos e deputacións. No entanto, a fachenda da Xunta do PP non se correspondia cos votos do partido a prol do cerco a Cuba na Comisión da UE. Difícil tratar con paternalismo a alguén tan circunspecto e prudente coma este Heroe da Revolución que abriu discretamente a porta a unha etapa superior das históricas relacións galego-cubanas.
Obama vai a Cuba e certifica así unha mudanza histórica nas relacións da potencia imperial coa súa outrora colonia. O extraordinario desta visita é que a maior das Antillas non se viu obrigada a facer ningunha concesión relevante para obter o perdón do comandante en chefe. Non, é máis ben que nos EUA de cando en vez aparecen sinais de vida intelixente e o que fai aquí o Imperio é mudar de táctica -despois de 5 décadas de fracasado acoso-, sen alterar en absoluto os obxectivos estratéxicos -fortalecer as tendencias contrarrevolucionarias no interior da Illa co obxectivo de restaurar plenamente o capitalismo.
Terra Sen Amos-Rosa Lemos Na súa visita de Estado a Cuba, José Manuel García Margallo, ministro de Negocios Extranxeiros do governo Rajoy, solicitou o regreso urxente a Cuba dos 115 presos e dos seus 650 familiares invitados en 2010 a España por mediación do governo e do Vaticano. Na volta de catro anos, os exiliados ergueron un campamento de protesta ás portas do ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid para denunciaren o seu abandono por parte do governo Español e conseguir a repatriación.
Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.
Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas. Seguir lendo VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"