Terra sen Amos. 31.01.15 Vigo
A homenaxe a Martí na data do seu nacemento, organizada en Vigo pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, deu lugar á rememoración de Daniel Afonso Rodríguez Castelao, no común compromiso das dúas personalidades coa emancipación dos pobos, a solidariedade internacionalista, o anti-imperialismo, a vivencia do exilio e a vocación da arte e a literatura como instrumento de intervención social. José Antonio Solana Fernández, cónsul xeral de Cuba, sinalou noutro momento do acto que o único xeito de os cubanos lembrar a figura de Martí é o de continuaren na loita pola independencia e soberanía de Cuba, o mellloramento humano, a honra e dignidade do pobo e o internacionalismo. Citando a Raúl Castro no recente cumio da CELAC en Costa Rica, Solana recordou que nas novas circuntancias, “Cuba non renunciará aos seus ideais de independencia e xustiza social, nin vai ceder nos seus principios, nin ceder na defensa da soberanía nacional e tamén non aceptará a pretensión de aconsellar e presionar en materia dos seus asuntos internos, depois de ter gañado este dereito con grandes sacrifizos”.
Arquivo da etiqueta: Valentin Alvite
A solidariedade celebra en Compostela o regreso dos Cinco
Terra Sen Amos-Compostela
O cartaz de quince varas, iniciativa da “Francisco Villamil” con imaxes de Antonio, René, Fernando, Gerardo e Ramón, imprescindibel durante anos en concentracións e marchas, foi decorado principal da Festa Aniversario da Revolución en Compostela, adicada este ano á volta dos Cinco e ao triunfo completo da posición de Cuba.
Seguir lendo A solidariedade celebra en Compostela o regreso dos Cinco
Nova homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario da xesta de Moncada
Terra Sen Amos-Redacción
Pedro Trigo, heroe viveirés do asalto ao Moncada, foi honrado en Pontevedra no 61 aniversario da xesta que marcou o abrente da Revolución Cubana. Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra, recibiuno na mañá de sábado 29, xunto con José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, a funcionaria consular Silvia Maria Iglesias Pérez e directivos da asociación Mar de Lumes, organizadora da homenaxe. Na tarde, Trigo contou en primeira persoa a inciativa e preparativos do Moncada fronte unha plural e concurrida asistencia e no seu relato levou a primeiro plano a independenza e completa austeridade de recursos dos conxurados, axudados a penas con ideas e decisión. Interrogado sobre a disposición revolucionaria das novas xeracións, o Cónsul Xeral citou a Bonifacio Byrne: “A loita de Cuba será eterna mentres dure o imperialismo”. Foi a segunda homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario do Moncada, depois da festa organizada 26 de xullo na súa honra en Compostela pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A convocatoria de Pontevedra contóu coa adhesión de organizacións solidarias de toda Galiza.
A rede Zunzuneo e as leccións de democracia
Valentín Alvite.
En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.
Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia
CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO
MERCHI SANTIAGO – TSA
Sábado 1 de febreiro, amigas e amigos e Cuba, honraron a memoria de José Martí con flores, música e verbas de recordo e honra do Heroe Nacional de Cuba no seu cento sesenta e un aniversario. A convocatoria foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, diante da estatua de Martí en Vigo, obra do escultor cubano René Negrín, donada ao Concello pola Asociación en 1989.
En representación da “Francisco Villamil”, o presidente da Directiva, Valentín Alvite, realizou unha breve semblanza do líder do movemento independentista cubano na época colonial. Así mesmo, aludiu á súa enorme relevancia como iniciador do Modernismo, como xornalista e como pedagogo. Concluíu sinalando a coherencia que sempre mostrou entre as palabras e os actos, coherencia que el mesmo sintetizaba no seu lema “Facer é a mellor maneira de dicir”.
Seguir lendo CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO