A presidencia norteamericana di que o Bloqueo é absurdo, e ao tempo eleva a máximos históricos as multas por comerciar con Cuba. Todas as forzas comprometidas no remate do inhumano e interminábel cerco contra o povo cubano, denuncian a incoheréncia mentres os republicanos de Washington ven no dobre discurso de Obama un recurso do presidente contra a maioría do Congreso, contraria á apertura con Cuba. A Casa Branca procura mover a opinión dos grupos de presión mediante un aumento extraordinário de sancións contra empresas de todo o mundo por comerciaren con Cuba. A banca francesa BNP Paribas foi obrigada a pagar 6.500 millóns de euros a Estados Unidos por ter servido de intermediaria financeira coa administración cubana; de a pouco, o banco Crédit Agricole recibiu unha sanción de 694 millóns de euros por admitir un pago en dólares dende Cuba. O peso da Lei Helms-Burton caeu tamén sobre Banca Morgan, por unha imputación semellante e contra innúmeros provedores. Tres meses antes do histórico anuncio de 17 de nadal de 2014, o presidente estadounidense renovara a inxeréncia contra Cuba ao amparo da Lei de Comercio co Inimigo, de 1917. Obama repite de feito un esquema clásico da coerción imperial norteamericana no que obriga a convivir a reconciliación formal coa dilación, a escalada e o ultimato, como sucedeu por acaso cos criminais Bombardeos de Nadal contra Vietnam do Norte en 1972, cando xa o FNL fora invitado ao diálogo constructivo. Disparando con multas contra os grupos de capital da maioría republicana do Congreso, Obama agrava o Bloqueo e agranda o aillamento de EUA denunciado por Kerry, que presuntamente debería remediar o cambio da política para Cuba.
Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA, decembro de 2014.
Completam-se 15 anos do Convênio Integral de Cooperação Cuba-Venezuela, assinado em Caracas 30 de outubro de 2000 pelo comandante-em-chefe Fidel Castro e o líder da Revolução Bolivariana, Hugo Chávez, animados pelo desejo de fortalecer os laços entre os dois países. No texto do convênio, dos dous paises declaram-se “conscientes de seu interesse comum em promover e fomentar o progresso de suas respectivas economias e as vantagens recíprocas que resultam de uma cooperação que tenha resultados efetivos no avanço econômico e social dos respectivos países e a integração da América Latina e o Caribe”. Declarção atinge esporte, energia, cultura, agricultura, educação e saúde, com prioridade para estes dois últimos com a criação da Missão Bairro Dentro, o Programa de Formação de Médicos Latino-americanos, a Missão Milagre, que nasceu quando o convênio cumpria seus primeirosquatro anos; e a Missão Sorriso.
Convênio foi assinado em Caracas 30 de outubro de 2000 pelo comandante-em-chefe Fidel Castro e o líder da Revolução Bolivariana, Hugo Chávez.
Iroel Sánchez – La pupila insomne Recoñecendo Barack Obama, decembro pasado, o aillamento do seu governo por mor do Bloqueo a Cuba, era razón esperar o apoio de EUA á resolución presentada por Cuba na ONU para sancionar o estado de sítio. Algúns adiantaran que Cuba non proporía máis dita resolución. Como foi logo posíbel, que de 188 paises a prol da moción cubana de condena ao Bloqueo, en 2014, pasásemos a 191? Salvando EEUU e Israel, xa non queda un só membro de Nacións Unidas sen condenar o cerco Cuba. O mérito é de Obama e de quen o acompaña nunha política que, no canto de avanzar decididamente cara a liquidación do Bloqueo, que lle permite a Lei, con algunhas excepcións que só pode modificar o Congreso, prefire ditar en dúas ocasións (16 de xaneiro e 18 de setembro) medidas de mínimo alcance que como expresou o chanceler cubano Bruno Rodríguez na ONU: “Aínda que positivas, só modifican de forma moi limitada algúns elementos da aplicación do bloqueo”. Seguir lendo EUA traballa polo seu propio aillamento→
TSA – Redacción Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano.Seguir lendo O mundo con Cuba, contra o Bloqueo→
Compostela, 26 – Terra Sen Amos A solidariedade de Portugal e Galiza con Cuba, anunciou en Santiago de Compostela unha mobilización conxunta para reclamar o fin do Bloqueo e da Posición Común da UE. O III Encontro de Solidariedade con Cuba, promovido por Porto Com Cuba e Asociación de Amizade Galegocubana “Francisco Villamil”, apoiará todas as iniciativas que poidan favorecer o perfeccionamento e a eficiencia do modelo económico e social defendido pola Revolución, mediante fórmulas de cooperación de común interese para Portugal, Galiza e Cuba, e tomará en consideración recursos de xestión conxunta para levar a cabo labores de divulgación da realidade cubana.
A Asemblea tratou entre outros temas, da maniipulación informativa sobre a realidade cubana e do Bloqueo