Figuras da cultura mereceron onte os recoñecementos que distinguen a continuidade do labor e as aportacións concretas ao patrimonio das letras e do pensamento cubano. O Premio Nacional de Literatura 2023, que entrega o Instituto Cubano del Libro (ICL) foi para a escritora e xornalista María Elena Llana Castro; o de Ciencias Sociais e Humanísticas e o Nacional de Edición, ambos tamén do ICL, foron, respectivamente, para o antropólogo Jesús Guanche Pérez e o editor e escritor Enrique Pérez Díaz. Pola súa banda, o Premio Nacional de Patrimonio Cultural 2023, que outorga o Consello Nacional de Patrimonio Cultural, foi para o etnólogo e narrador Miguel Barnet Lanza.
Un xurado encabezado pola poeta Nancy Morejón recoñeceu na autora de Casas del Vedado e Tras la quinta puerta, entre outros elementos, “a precursora orixinalidade dunha escrita ricáz na que brilla a orixinalidade e a profusión temática”.
Llana, dixo sentirse satisfeita, pola extensa nómina de narradores e narradoras que expresaran a súa confianza neste premio.
O xurado que votou por Guanche, salientou que “os seus estudos dos compoñentes étnicos da nación cubana son notabeis e mostran a profundidade do seu pensamento”, á vez que lle recoñeceu a incorporación “de aspectos novos e pouco estudados da cultura popular cubana, tanto nas orixes hispanas como africanas».
A acta do xurado asinada por un grupo de editores encabezados por Virgilio López Lemus, identificou a Enrique Pérez Díaz como editor excelente “e moi notabel xestor e líder do mundo editorial cubano, que exerceu de director editorial e salientou na promoción do libro e a leitura”. Pérez Díaz aceptou o recoñecemento “por fidelidade e por manter sempre o anceio de a xente poder ler o mellor”.
O xurado do Premio Nacional de Patrimonio Cultural 2023, distingue en Barnet unha vida consagrada ao resgate, investigación, preservación e promoción de aspectos cardinais na formación da identidade cubana.
Cando a presidenta do Consejo Nacional de Patrimonio Cultural, Sonia Virgen Pérez Mojena, deu a noticia ao autor de Gallego e Biografía de un cimarrón, acudiron á memoria do premiado os nomes de aqueles que deitaran as bases do pensamento cubano, dende José Agustín Caballero e Félix Varela até José Martí e Fernando Ortiz. Evocou a Argeliers León, un dos seus mentores, e ecoaron nos seus oídos os toques, rezos e cantos dos practicantes de relixións populares e rumberos que de neno escoitara nun solar do Vedado. Miguel Barnet, labora no seu prezado anceio vital de erguer e coidar a diario o tesouro patrimonial da nación dende a Fundación Fernando Ortiz, fundada e presidida por el.
O anuncio editorial da primeira biografía de Francisco Villamil, heroe da Guerra Grande de Cuba nacido en Galiza, que dá nome a Asociación de Amizade Galego-Cubana, reuniu na Libraría Cartabón de Vigo a irmandade solidaria da América Martiana. A esperada investigación do historiador cubano Eddy E. Jimenez, sae do prelo en coincidencia co XL aniversario da fundación da Galego Cubana que leva o nome de Francisco Villamil, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, e co 156 aniversario da morte de Villamil por ferida de guerra. Ao acto de Vigo asistiu a Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, Ingrid Izquierdo, que gabou a aportación biográfica e a solidariedade de longo treito da Asociación Francisco Villamil coa Revolución Cubana.
A Libraría Cartabón de Vigo acolleu a xuntanza arredor da primeira biografía de Francisco Villamil (Foto de Luisa Cuevas, cedida a TSA)
Ramón Fernandez Leal, que fora presidente da Galego-Cubana nos 90, ten, antes de máis, un recordo para Eddy E. Jiménez e para a Resistencia Palestina e a loita mundial porque remate o xenocidio en Gaza; declárase alleo aos que nunca perderon unha loita porque non deran batalla ningunha: “nós estamos afeitos a perder mais tamén a gañar e a celebrarmos triunfos; preferimos cometer erros facendo cousas que cometer o erro de non facer nada. E isto ten que ver coa Revolución Cubana e coa biografía de Francisco Villamil escrita por Eddy E. Jiménez”.
“Coñecín a Eddy Jiménez na Praza do Obradoiro en marzo de 2001-relata Leal- viña dar unha conferencia no Clube Faro e eu, que daquela era presidente da Villamil, facía de presentador; con Eddy teño trato e sentimento de irmán; a vida fai que teñas unha familia de sangue e outra que sobrevén; con Eddy sentín dende o comezo unha afinidade e comprensión que vai para alén das nosas compartidas ideas guevarianas. Somos ambosdous poetas clandestinos da madrugada; el é cubano e ama a terra galega; eu son galego e en Cuba estou na miña casa”.
Para Leal, a historia da Revolución Cubana está chea de galegas e galegos: “atrévome a dicer que o relato da Revolución mal estaría completo se fosen omitidos os seus nomes; están recoñecidas moitas desas persoas, dirixentes do histórico triunfo do 59, e hai con certeza outras que non transcenderon e a historia non as recolleu. A nazón galega ten un himno que foi interpretado pola primeira vez na Habana e unha Academia da Lingua que non podería ter nacido sen o apoio da emigración galega na illa; alí foi editado o primeiro xornal na nosa língua; Francisco Villamil dá nome á nosa Asociación e o feito de ter chegado como emigrante que vivira o desarraigo, levouno a ter consciencia da situación e a tomar partido pola emancipación contra o imperialismo. Isto converteuno nun símbolo da renuncia e da rebeldía contra a orde das cousas. Sentiuse galego identificado coa causa cubana”.
Ramón Fernandez Leal encarece a importancia da Revolución Cubana “para as loitas de liberación no mundo e para a transformación social do planeta; unha revolución que foi cercada dende o primeiro momento polo máis retrógrado dos EUA que estraga millóns de dólares argallando planos contra a Revolución que eles enmascaran de “defensa da democracia e da liberdade”; novos tempos, novas tácticas ; hai que prestar atención, sempre”.
Recorda a Neira Vilas que dende o Institutodde Literatura e Lingüística da Habana fixera de demiurgo, de organizador do universo, coa proposta de dar o nome de Francisco Villamil a Asociación de Amizade Galego-Cubana; Villami nacera probablemente na Mariña Lucense. “Hoxe, cumprindo 40 anos, a Asociación é coñecida co nome de Francisco Villamil; mantén unha completa Biblioteca da Revolución Cubana e un centro activo de información non contaminada. O noso local é compartido coa Asemblea Republicana de Vigo e a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez. Está no número 10 da rúa de Cánovas del Castillo de Vigo. Nestes anos moitas persoas pasaron pola Asociación; algunhas xa non están, outras marcharon. As máis, os máis, están sempre. A actividade mudou. Nos primeiros momentos era máis de solidariedade cultural, de solidariedade material nos 90; de apoio ao coñecemento de Cuba e contra a manipulación informativa no de agora; temos a certeza de que estar con Cuba e a súa Revolución, defendela e apoiala, é porse á beira da Humanidade por un futuro que lle dá máis importancia a compartir que a competir. Pasou o tempo e Cuba está aí, sempre”.
Gustavo Luca, que tamén fora presidente da Francisco Villamil, recordou protagonistas da Asociación que anticiparan a importancia de contar cunha biografía de Francisco Villamil tan precisa e recreadora coma a que produciu Eddy E. Jiménez .No primeiro lugar a Coral Prieto, de a pouco finada, que xunto a Afonso Lubián organizara a secretaría de emerxencia da Flota Pesqueira Cubana, que estaba a ser construida nos estaleiros de Vigo a partir do 76; a Herminio Barreiro, mestre e profesor de mestres, fundador da Villamil e divulgador do fundamental compromiso da Revolución Cubana coa educación e o saber. A biografía de Villamil leva na capa o número 2 da Biblioteca Galego-Cubana Herminio Barreiro; ao seu irmán Xacinto, sembre voluntario para defender Cuba e a Balbino Pérez Bellas, que como presidente da Villamil procurara en Cuba, guiado por Neira Vilas, información sobre a vida de Villamil.
Pondera o relator o labor de investigación de Eddy E. jimenez en arquivos de Cuba e Madrid que serviron de base para o relato dunha vida fulgurante, dende o intre no que Villamil resolve entregarse a causa da independencia de Cuba. A biografía revela un compromiso radical coa emancipación do traballo escravo algo que non contemplaba, por exemplo, Abraham Lincoln no decreto da Emancipación de 1863, cinco anos antes do alzamento da Demajagua en Cuba. Lincoln recusaba a escravitude mais non era abolicionista. A decisión de Carlos Manuel de Céspedes, que Villamil honra até entregar a súa vida en combate, é radical e de histórico alcance no seu propósito emancipador.
Non por estar construido con referencias da crónica da Guerra Grande e de citas e relatos contemporáneos, deixa o retrato de Villamil de brillar con luz de seu na escrita de Eddy E. Jiménez. Chama a atención que conservemos imaxes en baño de cristal de 6X6 de todos os comandantes da Guerra Grande, agás do xeneral de división Francisco Villamil. Con todo, Blas Villate, capitán xeral de Cuba publica no 1872 un bando de amnistia para a tropa mambisa disposta a se pasar ao exército colonial con armas, mais expresamente exclue a Francisco Villamil pola súa “criminal conduta” a beira doutros 12 compañeiros alzados.
A común referencia ás baixas na tropa colonial por enfermidades tropicais, aparece confirmada nas páxinas do libro coa cita de batallóns de soldados de Quintas postos en fuga por un grupo menor de mambises, armados só de machetes. Cita a historiadora Valentina Fernández Vargas na súa investigación sobre a Guerra Grande e a Guerra Chica de Cuba (1868-1898) que entre o 30% e o 60% da tropa colonial eran labregos galegos pobres, sen medios para pagar a fianza que os librase de quintas. No libro, o dramático relato dun quinto pasado ás filas de Villamil a voces de “son republicano, non disparen”, ilustra a teoría da “guerra de pobres”.
Chaman a atención dende a mesa, da excepcional coincidencia nos xardíns de Montero Rios de Vigo de protagonistas de primeira liña no bando imperialista (José Elduayen, ministro de Estado e o propio Montero Rios) coa figura de José Martí, na estatua lanzal de René Negrín, “Martí mira cara o mar, xusto cara o lugar no que amarrara o barco coa tropa de feridos e doentes da Guerra Chica, que houberan de ser auxiliado polo pobo de Vigo ante a deserción da oficialidade, en xuño de 1989”.
A venda desta esperada edición da biografía de Villamil, de títulos precedente publicados pola Asociación de Amizade Galego-Cubana deuse en coincidencia coa oferta de zucre e café de Cuba, antes e depois da presentación. As persoas interesadas na adquisición do libro e dos produtos cubanos citados poden dirixirse a galegocubana@gmail.com
O tribunal internacional constituído en Bruxelas para tratar do bloqueo estadounidense contra Cuba pronunciou 17 de Novembro unha razonada sentenza na que establece que a intervención de sucesivos gobernos de Washington contra a illa dende 1962, viola o Dereito Internacional, transgrede normas universais de convivencia e pode constituir delicto de Xenocidio. O fallo determina que o cerco económico, comercial e financeiro imposto por sucesivos titulares da Casa Branca, transgrede a Carta da ONU, que consagra o principio de soberanía, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e os acordos da Organización Mundial de Comercio, entre outras. Logo de escoitar as alegacións da Fiscalía e as testemuñas sobre o dano humano e económico do bloqueo, o tribunal lembrou que os gobernos dos EUA aplican este sistema unilateral coercitivo dende hai máis de 60 anos sen interrupción, con dano para as condicións de vida de todo un pobo e frustración constante dos seus obxectivos razonábeis de progreso.
O Tribunal Internacional sobre as sancións de Estados Unidos contra a República de Cuba pronuncia a seguinte sentenza:
As amplas sancións políticas e económicas impostas á República de Cuba desde 1960 até a data violan o dereito internacional. Estas inclúen, sobre todo, os artigos 2(4) e 2(7) da Carta da ONU sobre a protección da soberanía, a autodeterminación e a prohibición de intervención, os artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos (DUDH) de 1948 e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC) de 1966, así como como as disposicións da Organización Mundial do Comercio (OMC) sobre a protección da liberdade de comercio e numerosos principios do Tratado da Unión Europea (TUE, Tratado de Maastricht).
Fundamento do caso
I. Desde 1960, Estados Unidos creou unha rede cada vez máis ampla de sancións contra
todos os ámbitos da vida social en Cuba, que afectan profundamente as condicións de vida da poboación cubana. A partir da “Lei de Comercio co Inimigo” de 1917, o goberno de Estados Unidos promulgou unha serie de leis e regulacións adicionais despois da revolución en Cuba en 1959. Estas inclúen a a “Lei de Asistencia Exterior” de 1961, o “Regulamento de Control de Activos Cubanos” de 1993, a ” Lei da Democracia cubana “de 1992, a chamada “Lei Torricelli”, a “Lei da liberdade cubana e a solidariedade democrática” de 1996, a chamada “Lei Helms-Burton” e a “Lei de Reforma das Sancións Comerciais e mellora das exportacións” de 2000. O obxectivo de todas estas medidas era destruír os logros sociais, económicos e culturais da revolución de 1959. Xa en 1960, Lester Mallory, Subsecretario de Estado Adxunto para Asuntos Interamericanos, expuxo abertamente a estratexia da administración estadounidense: o obxectivo era debilitar a vida economica cubana, provocar fame e desesperación e sementar descontento co fin de facilitar o cambio de réxime. Literalmente: “Deben ser usados rapidamente todos os medios posibles para debilitar a vida económica de Cuba […] mediante a denegación de diñeiro e subministracións a Cuba para diminuír os salarios monetarios e reais, para provocar a fame, a desesperación e o derrocamento do goberno”. Estes principios criminais guiaron a política de sancións de Estados Unidos contra Cuba até o día de hoxe.
O Tribunal escoitou a numerosas testemuñas e reuniu numerosas probas durante dous días de audiencias. Escoitou a acusación detallada e examinou os argumentos en defensa da acusada administración estadounidense. Presentáronse numerosos exemplos da profunda intervención das sancións en case todos os ámbitos da vida social, dando a impresión dun total bloqueo a Cuba con novas e novas restricións. A única flexibilización das viaxes e as transferencias de diñeiro a, e de, Cuba, baixo o presidente Barak Obama foi levantada novamente pola Administración de Donald Trump e reforzada con medidas adicionais. Tampouco o cambio de goberno do presidente Biden trouxo alivio.
As sancións afectan a todo o sector económico e financeiro e apuntan contra a soberanía tecnolóxica de Cuba, vital para o desenvolvemento económico e o acceso a innovacións tecnolóxicas. As transaccións de pagos internacionais están pechadas para Cuba como evidenciou a práctica actual mostrada no contexto deste Tribunal. Ningún país pode abordar un proceso de modernización tecnolóxica baixo estas condicións.
2
As sancións causaron os máis graves danos a todo o sector da saúde pública. O sistema de saúde en Cuba gañou recoñecemento mundial pola súa exemplar atención á poboación, pero tamén polos destacados resultados da súa investigación farmacéutica e procesos industriais. Os efectos extraterritoriais do bloqueo obstaculizaron severamente, e moi a miúdo imposibilitaron, a importación de compoñentes necesarios para a produción de medicamentos, así como a cooperación médica internacional. Durante o período de abril de 2019 a marzo de 2020, o Bloqueo dos EUA. provocou perdas no sector saúde por 239. 803 .690 dólares, o que supón case 80 millóns máis que as perdas rexistradas no período anterior á Pandemia de COVID-19.
O bloqueo provocou unha redución cada vez maior da subministración de combustible, que non só obstaculiza todos os esforzos no progreso industrial, senón que tamén eleva o custo das subministracións diarias para a poboación. Isto tamén é fortemente sentido na agricultura, para a cal as sancións teñen dramáticas consecuencias, xa sexa na importación de fertilizantes e herbicidas ou no funcionamento do sistema de rega. O sector educativo, internacionalmente recoñecido como exemplar, non se libra tampouco das sancións. Estas obstrúen gravemente todas as oportunidades de educación en liña, obstaculizan a cooperación internacional e a dotación a escolas e universidades do equipamento e material didáctico debido á falta de divisas. O bloqueo ao sector das telecomunicacións e as tecnoloxías da información ten un impacto negativo nas posibilidades para os cubanos de contar cunha infraestrutura adecuada, maior acceso a Internet e informatización.
En xeral, as probas reunidas a partir de testemuñas, vídeos e documentos deron a
impresión dun ataque concentrado sobre as estruturas básicas da sociedade cubana, os seus medios de vida e capacidades de desenvolvemento, o cal é único e sen precedentes na historia pola súa duración e alcance.
II.
Esta práctica de sancións contra a República de Cuba viola o dereito internacional en todos os aspectos.
Isto tamén foi recoñecido recentemente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas nas súas resolucións do 23 de xuño de 2021 (A/RES/75/289) e o 3 de novembro de 2022 (A/RES/77/7) e o 4 de novembro de 2023 na petición de Cuba (A/78/L.5) e o seu chamamento ao goberno de Estados Unidos a derrogar as súas leis.
1. As sancións violan claramente a soberanía de Cuba, que está protexida polo artigo 2(1) da Carta das Nacións Unidas e a prohibición de intervención en virtude do Artigo 2(4) e (7) da Carta das Nacións Unidas.
O 4 de novembro de 2023, a Asemblea Xeral da ONU, por unha abafadora maioría de 287 votos contra 2 e 1 abstención, pediu aos estados por 31ª vez “que se absteñan de promulgar e
aplicar leis e medidas do tipo mencionado no preámbulo da presente resolución
[Lei Helms-Burton]”. A resolución baséase na decisión clara de que as sancións unilaterais son ilegais se os seus efectos exceden un certo nivel de gravidade. Aínda que este nivel non está
definido, a duración, o alcance e o obxectivo das sancións non deixan lugar a dúbidas sobre a súa ilegalidade.
Os Estados Unidos tampouco poden invocar motivos de xustificación. As sancións non poden considerarse unha reacción ante unha conduta que viola o dereito internacional. A nacionalización despois da revolución de bens inmobles propiedade de cidadáns estadounidenses, foi de acordo co principio de soberanía de cada estado sobre os seus recursos naturais (Res. UNGV 1803v. 14 de decembro de 1962) e foi xustificada. Ademais, a Lei Helms-Burton e as sancións perseguen expresamente obxectivos completamente diferentes, que non apuntan a unha restitución ou compensación, senón a un cambio de réxime.
Estados Unidos tampouco pode invocar a protección da seguridade do seu Estado. Aínda que os
Estados Unidos colocou a Cuba nunha lista de estados que supostamente apoian o terrorismo, nunca foron ameazados por Cuba.
2. As sancións impostas por Estados Unidos a Cuba tamén violan numerosos dereitos humanos, en en particular os contidos no “Pacto de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais” da ONU
(PIDESC) de 1966. Estes dereitos son tan vinculantes e obrigatorios como os dereitos políticos e civís.
Xa en 1997, o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais afirmou que as medidas unilaterais económicas “a miúdo causan perturbacións importantes na distribución de alimentos, produtos farmacéuticos e subministracións sanitarias, pon en perigo a calidade dos alimentos e a dispoñibilidade de auga potable, interferen gravemente co funcionamento dos servizos básicos de saúde e educación e socavan o dereito ao traballo”.
A evidencia demostrou que estas consecuencias danosas ocorreron na vida de cubanos.
Isto significa que o dereito a traballar (Art. 6 PIDESC) en condicións xustas e favorables con salarios que permitan unha vida digna (Art. 7, 11 PIDESC) está a ser violado. Como resultado da inflación, só entre xaneiro e outubro de 2022, o prezo medio da canastra de bens e servizos aumentou case un 29%. De outubro de 2021 a outubro de 2022, a inflación aumentou case o 40%. Nesta situación, non só a inflación importada polos prezos do mercado mundial xoga un papel clave, senón esencialmente a falta de dispoñibilidade de divisas, agravada polos
efectos intensificados do bloqueo e a incesante persecución por parte do goberno de Estados Unidos de todas as fontes de ingresos no país.
De maneira similar, o dereito á saúde (Art. 12 PIDESC) é violado permanentemente pola obstrución á importación de equipos médicos para clínicas e produtos farmacéuticos para a produción de medicamentos propios.
O dereito á educación (Art. 13 PIDESC) e o dereito á ciencia e a cultura (Art. 15 PIDESC)
tamén están gravemente ameazados e prexudicados pola falta de equipos e materiais didácticos e o impedimento do contacto internacional científico e cultural.
A diferenza de todos os membros da UE, nin Estados Unidos, nin Cuba nin a UE ratificaron o PIDESC.
Con todo, existe un consenso na comunidade académica internacional de que estes dereitos humanos tamén son vinculantes para os estados e confederacións de estados sobre a base do dereito consuetudinario.
3. As sancións teñen como obxectivo restrinxir o comercio de Cuba con outros estados, bloqueando a importación e exportación de bens esenciais e destruíndo transaccións financeiras. Por tanto contradín numerosas disposicións do dereito mercantil internacional codificadas na lexislación da OMC. Por exemplo, o art. XI do Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT. Xeneral Agreement on Tariffs and Trade, Acordo Xeral sobre Tarifas e Comercio) de 1947, do que Estados Unidos é parte, prohibe a restrición de importacións e exportacións.
A conxelación de activos e a restrición das transferencias e pagos internacionais tamén están prohibidas. O Art. III apartado 2 de “Artigos do Acordo do Fondo Monetario Internacional” do 22 de decembro de 1945 tamén estipula que os membros deben absterse de toda restrición sobre o pago corrente e prácticas de discriminación de moedas.
O Art. XVI (1) O AXCS (Acordo Xeral sobre o Comercio de Servizos) estipula que os membros da OMC, como Estados Unidos, deben outorgar liberdade de circulación de persoas físicas en diversos sectores de servizos. Aquí tamén hai excepcións por razóns de intereses esenciais de seguridade (Art. XIV bis AXCS), pero non se aplican a Estados Unidos en relación con Cuba. Nin as actividades militares, políticas nin económicas de Cuba representan unha ameaza para os EUA.
Por último, os Estados Unidos néganse a utilizar o sistema de solución de diferenzas previsto
para as disputas comerciais no sistema da OMC, que está expresamente provisto no art. III parágrafo 7 do Anexo 2 do GATT de 1994 “Entendemento sobre normas e procedementos que rexen a solución de controversias”, dispondo expresamente que “[…] en ausencia dunha solución mutuamente acordada, o primeiro obxectivo do mecanismo de solución de diferenzas é usualmente asegurar a retirada das medidas en cuestión [neste caso, o bloqueo] se se determina que son
incompatibles coas disposicións de calquera dos acordos abarcados”. Estados Unidos nunca estivo interesado nunha solución pacífica ás cuestións en disputa, xa que quería debilitar a posición económica de Cuba para derrocar ao goberno.
4. As sancións contra Cuba teñen efectos de longo alcance sobre empresas extraterritoriais e
estados, xa sexa no ámbito do comercio, as finanzas, o investimento ou o turismo. Nas súas repetidas resolucións pedindo o levantamento das sancións estadounidenses, a Asemblea Xeral da ONU citou a Lei Helms-Burton en particular, xa que apunta a “efectos extraterritoriales contrarios á soberanía doutros Estados, os intereses lexítimos das persoas baixo a súa xurisdición e a liberdade de comercio e navegación” (ONU DOC A/RES/74/7). En 1996, a UE tamén condenou as leis e regulamentos con efecto extraterritorial como violación do dereito internacional, xa que interferen coa soberanía de estados estranxeiros en violación da prohibición de intervención. Coa súa chamada resolución sobre o bloqueo (Regulamento (CE) nº 2271/96 do Consello de 22 de novembro de 1996), prohibiu mesmo que as empresas europeas cumpran coas medidas extraterritoriais, declarou que todas as decisións dun tribunal estranxeiro baseadas nos efectos sobre terceiros das leis sancionatorias son nulas e resoltas nun dereito a compensación por danos e perdas baseados nestas leis.
As medidas legais con efectos extraterritoriales tamén violan os principios centrais de Maastricht, por exemplo N. 3 e 4: “Todos os estados tamén teñen obrigacións extraterritoriais de respectar, protexer e cumprir as obrigacións económicas, dereitos sociais e culturais” e N° 13: “Os Estados deben desistir de actos e omisións que cren un risco real de anular ou menoscabar o goce dos dereitos económicos, sociais e culturais extraterritorialmente”. Finalmente, o Principio N. 22 esixe explicitamente: “Os Estados deben absterse de adoptar medidas, como embargos ou outras sancións económicas, que terían como resultado anular ou menoscabar o goce dos dereitos económicos, sociais e culturais […]. Os estados deben absterse en toda circunstancia de embargos e medidas equivalentes sobre bens e servizos esenciais para cumprir coas obrigacións básicas”.
Segundo o Dereito Penal Internacional codificado no Estatuto de Roma de 1998, os crimes contra a humanidade son aqueles que constitúen ataques xeneralizados ou sistemáticos contra a poboación civil.
. Trátase do exterminio, a esclavización, a deportación ou a expulsión forzosa, a privación da liberdade física e intelectual, a persecución dun grupo por motivos políticos, raciais, étnicos ou nacionais, etc. Aquí o bloqueo, aínda que o chamen embargo ou sancións, socava a vida, a liberdade, os dereitos e a dignidade das persoas e é un crime contra a humanidade.
Os bloqueos son unha das formas de guerra máis traizoeiras, ilegais e ilexítimas, mesmo se
invocan tratados e leis internacionais para camuflar as súas accións.
Segundo o art. II da Convención de Xenebra de 1948 para a Prevención e a Sanción do
Crime de Xenocidio, parágrafo c, “Inflixir deliberadamente ao grupo condicións de vida
calculadas para provocar a súa destrución física total ou parcial”, é un acto de xenocidio.
O dramático e enorme impacto das leis e regulamentos antes mencionados, mantidos durante
máis de 60 anos, tamén demostra que ningún bloqueo foi tan completo, prolongado
e brutal contra un pobo como o que Estados Unidos mantivo contra Cuba.
O bloqueo provocou directa e indirectamente a perda de numerosas vidas humanas.
E decisión dos EUA manter este bloqueo até que o pobo cubano decida dobregarse.
Estados Unidos está decidido a manter medidas calculadas para lograr no longo termo a destrución física de polo menos unha parte do pobo cubano.
Semellante actitude podería constituír un delito de xenocidio.
5. Dado que as numerosas sancións e as leis estadounidenses nas que se basean son ilegais,
o bloqueo debe ser abolido. Os EUA deben pagar indemnización polo dano causado ao estado cubano, as súas empresas e os seus cidadáns.
Bruxelas, 17 de novembro de 2023. Norman Paech, Suzanne Adely, Ricardo Avelãs, Daniela Dahn, Simone Dioguardi, DimitrisKaltsonis
A famosa frase América para os americanos, formulación oficial da Doutrina Monroe en decembro de 1823, nunha intervención ante o Congreso polo presidente norteamericano que lle dera nome, ven de cumprir douscentos anos. Representa unha época onde unha potencia nacente, os Estados Unidos de América (aínda en plena mocidade, mais cunha xenética imperial que anticipa seu desenvolvemento a futuro) comezaba a disputarlle, xeo-politicamente, os espazos do continente ao imperio británico, así como ás outras potencias europeas que conquistaran e colonizaran eses espazos.
Era un problema de marcaxe do territorio de caza, como no caso do depredador que lles di aos outros: este lugar é meu, está destinado para min e, en consecuencia, vostedes xa non teñen nada que facer aquí. Desta maneira, os EUA chantaban unha marca a Europa: Coidado con seguir intervindo nesta parte do mundo. A partir de agora, América será para os americanos. (Ou sexa eles)
O verdadeiro significado desa frase, de aromas coloniais e imperiais, reflíctese no tipo de relación dos EUA co resto dos países de América Latina e o Caribe durante estes douscentos anos. Unha historia terríbel e sanguenta, cuxo resultado, cando se cualifica é cuantifica, é arrepiante.
É ben coñecido. Non paga a pena facer reconto dos países invadidos, as democracias intervidas, as ditaduras impostas e alentadas, os presidentes destituídos, os líderes asasinados, os territorios anexionados (que o diga México, que perdeu a metade do seu territorio) e todos os excesos de explotación e control que as forzas imperiais norteamericanas desenvolveron nestes dous séculos contra os pobos americanos. Todo iso como consecuencia directa daquela auto-proclamada hexemonía territorial.
Ora ben, e aquí comeza a segunda parte desta análise, con que evidencia podemos afirmar que segue vixente, tal como fora exposta, a doutrina Monroe? Ao noso xuízo, así se mantivo ata mediados do século pasado, mais a partir dunha determinada situación histórica e xeopolítica, que tivo que ver co desenvolvemento da Segunda Guerra Mundial, concentrada fundamentalmente no continente europeo, o postulado de América para os americanos, comezou a sufrir unha transformación profunda, sen anular o postulado inicial, ao ampliar o seu ámbito a outro espazo, se cadra superior.
En que consiste esa transformación? Seica os EUA variaron en algo a súa posición con respecto ao espazo americano, comprendido entre o Círculo Polar Ártico e o extremo sur da Patagonia? Non, e aquí precísase ser enfático: os EUA non modificaron seu criterio de América Latina e O Caribe seren teerritorio territorio baixo a súa tutela. O gran cambio que se produce, e isto é o que lle dá esoutra dimensión aínda máis dramática a todo o asunto, é que, na reconsideración non escrita, a propia Europa desaparece como posible contendente e pasa a converterse nun novo espazo dominado ou a dominar.
Tal situación, que comezou a cociñarse ao longo do século XX, completouse e deveu evidente no que levamos do XXI. Pois se os países suramericanos conforman aínda, desde o punto de vista dos EUA, o seu famoso patio traseiro, o certo é que a vella Europa converteuse tamén noutro patio seu adicional, talvez o dianteiro, o cal parece aceptar en forma submisa.
Unha submisión que é demostrable no militar, no diplomático, no referente á política internacional e as súas directrices (por exemplo, na complicidade coas sancións a outros países do mundo) no financeiro, así como nas grandes liñas da comunicación e a cultura. E nomeadamente na renuncia implícita a proxectarse como polo libre e independente no mundo multipolar que está a nacer.
Traer a tempo presente a Doutrina Monroe, podería resumirse na frase “América e Europa para os (norte) americanos” e notar que, mentres os pobos suramericanos están en rebeldía e resistencia sempre, con rexo ánimo de loita e vitoria, os gobernos europeos decidiron aceptar, con esa singular mansedume xa descrita, o seu triste papel subordinado.
“Comezarei recordando que en Gaza están a executar un xenocidio neste intre. Isto sucede a pouco máis de dous mil quilómetros daquí. En nome de Cuba, condenamos resoltamente a marea de violencia e terror desatada contra as persoas que habitan esa beira da Palestina ocupada”. O presidente de Cuba comezou con estas palabras a súa intervención no Cume de Acción Climática, COP28, en Dubái, Emiratos Árabes Unidos. A Asemblea vai estudar o Primeiro Avance Mundial sobre o seguimento do Acordo de París que o presidente cualificóu de “oportunidade única para sancionar a importancia real dos esforzos colectivos contra do cambio climático”.
Cuba representa a voz dos 77+China en Dubai e denuncia o xenocidio en Gaza. Na imaxe, a aviación de Israel dispara fósforo branco sobre a poboación palestina na cidade de Gaza.
Mentres o presidente abría o seu discurso coa condena da criminal ofensiva bélica contra a poboación de Gaza, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Expatriados da Autoridade Palestina denunciaba nun comunicado ao goberno de Israel pola guerra “que xa ten causado a morte de máis de 15.000 persoas e feridas a outras 37.000 dende 7 de Outubro”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"