Todalas entradas de Terrasenamos

Os grupos de cume en cume e os pobos de abismo en abismo

Farruco Sesto  – NÓS diario

O outro (do latín, alter). Alteridade: a condición de ser outro. O outro. Velaí un concepto para revisalo. E para analizar a mirada con que observamos a ese outro. Ou coa que el, ou ela, á súa vez, obsérvanos. “O ollo que ves non é ollo porque ti o vexas, é ollo porque che ve” (Juan de Mairena). Entendo que é un tema da filosofía. E por suposto da filosofía política e a súa praxe. Esoutro que pode ser un individuo, unha clase social, unha cultura, un país, un continente, un polo xeopolítico…

A mirada é o definitorio na relación entre dous. Por poñer un exemplo de alto contraste, non é o mesmo a mirada do opresor que a do oprimido. Refírome á mirada de cada un cara ao seu opoñente. Onde tamén inflúe a mirada cara a si mesmo. A forma en que un se ve.

Veñen a conto estas reflexións un pouco abstractas e xerais, entre poéticas e políticas, para preguntarnos sobre o sentido e as dificultades do recente cume UE-CELAC.

A pregunta ten lugar, en canto a que ese cume en Bruxelas foi unha reunión, dito cunha certa ironía, desde logo, pero sen segundas intencións, entre xardín e xungla.

A cuestión que unha vez máis queda no ambiente, é se dalgún destes encontros, deste ter que verse para falar en directo, poderá saír algunha vez algo útil, neste caso tanto para os pobos de Europa, como para os da América Latina e o Caribe.

E a resposta, tomando en conta as anteriores anotacións, é que iso non será posible mentres as súas respectivas estruturas de poder non cambien a mirada. Vale dicir, a mirada sobre si mesmas. E a mirada cara á contraparte.

Moitos dos países de Europa foron conquistadores e colonizadores dos territorios e pobos que se atopaban alén do océano.  Ese é un dato histórico obxectivo, para alén dos xuízos de valor que se teñan. Reprimiron aos pobos orixinarios e en boa parte, extermináronos. Traficaron con millóns de escravos. Construíron, para o seu proveito, institucions dependentes do seu centro de poder. Extraeron inmensas cantidades de materias primas, coas cales construíron as bases económicas do seu xardín.

Sentíanse superiores en termos políticos, culturais e mesmo raciais. Que é o que queda diso hoxe en día na súa mirada? Esa é a gran pregunta. Non referida aos pobos, insistimos, senón ás súas estruturas de poder. Que é o que pervive hoxe daquela mirada que ía de arriba abaixo? Mantense aínda desde a soberbia, así sexa disimulada e maquillada? Deuse mudado por acaso a mirada esencialmente paternalista? Canto desa mirada aviva hoxe un espírito de aproveitamento neocolonial?

Mentres que a pregunta sobre a contraparte, a dos outrora pobos conquistados, e colonizados, que conforman a CELAC, refírese ao tipo de mirada con que se presentan. Emancipados politicamente no seu momento, lograron tamén ( e unha vez máis nos referimos ás súas estruturas de poder) sacudirse do todo, máis aló da retórica, o xugo neocolonial? Canto avanzaron un a un, cada país, en conquistar a súa “única, verdadeira, irrenunciable independencia” no cultural, no económico, e mesmo no militar? Con canto diso contribúen ao conxunto?

Así, cando analizamos as probabilidade de éxito deste pasado cume UE-CELAC, entendido como unha reunión de dous conxuntos, non parece que o avanzo puidese ser moito maior. Porque nesa disposición a un diálogo que se supón que debe ser entre iguais, ou equivalentes, hai un punto de desencontro que é o da mirada mutua. Unha mirada que o di todo, porque indica que hai aínda un longo camiño a percorrer ata alcanzar unha visión desde a horizontalidade, é dicir, unha visión, unha mirada, baseada tanto no sentido da propia dignidade, como na dignidade do outro, da comprensión do outro, do respecto ao outro, co espírito de xustiza, complementariedade, paz e cooperación tan necesarios para deseñar o mundo de mañá.

Pois sen esas miradas igualadas que, mal que ben as van sentendo os pobos, pero non así as súas estruturas de poder, ningún cume posible haberá de despregar un sopro de optimismo para a gran humanidade.

Hugo Chávez repetía frecuentemente a idea de que os gobernos van de cume en cume e os pobos de abismo en abismo. Permitímonos citalo en extenso, nunhas declaracións de abril de 1999. “Nese sentido, esta mañá dicíao nestas reflexións e tamén en Xamaica hai poucas semanas atrás, no Cume do Grupo dos Quince e tamén seguiremos insistindo no Cume dos próximos días en Cartaxena, o Cume do Grupo dos Tres e no Cume do Grupo de Río, da que debatiamos esta mañá e logo, no Cume coa Unión Europea, andamos de Cume en Cume, pero que contradición! Os nosos pobos andan de abismo en abismo. Tratemos de que os nosos pobos anden tamén en Cumes”.

A despolitización da pobreza: meritocracia, positividade e violencia

Fabián Piñeiro – Mateamargo

A defensa do mérito e da positividade enmascara e oculta a explotación de tal xeito que afecta a dignidade e a subxectividade das persoas na pobreza. Quen padece a pobreza, non sabe, non dá chegado, non consegue, e isto oculta o feito evidente de a pobreza material impedir, coutar, limitar, e por veces facer imposíbel, o desenvolvimento das capacidades e mesmo da propia individualidade.

A subxectividade de quen vive na pobreza é agredida por esa narrativa culpabilizadora que a censura por non poder, cando de feito non puido poder. A esa agresión cáelle derriba a que xera a pobreza nunha era de riqueza, nun ecosistema social organizado en torno ao consumo e que asigna rangos en base á relación que se ten cos obxectos. No marco dunha sociedade da abundancia e o consumo, na que o acceso ao goce está -nomeadamente- mediado e condicionado polas posibilidades de adquirir, a pobreza xera unha interdicción ao pracer, e por iso, unha frustración capital.

Vendo atrancada toda posibilidade de se converter en reclamo, esa restrición do goce xera unha tensión que devén en angustia. Quen padece a pobreza, dirixe contra si unha parte do anoxo provocado por ese ostracismo e mesmo tende a se considerar responsábel principal da súa pobreza. A narrativa meritocrática asígnalles aos individuos a responsabilidade exclusiva da súa situación.

A sociedade da positividade asenta, como non podía ser doutro xeito, sobre un conxunto de negacións: a da existencia de marcos materiais condicionantes; a dunhas diferenzas nos puntos de partida que perfilan e tornan previsíbeis as biografías; a da violencia estrutural do sistema capitalista; a da explotación e exclusión de partida.

A cultura da vontade, mérito e responsabilidade persoal, existe grazas a esas negacións que borran a natureza política da pobreza e das desigualdades e pretenden ignorar non só a loita de clase senón a existencia mesma das clases.

A cultura da vontade reduce a política ao ámbito abstracto e inmaterial dos dereitos, porque mal pode haber obxectivo que un suxeito “liberado” poida atinxir  e ao mesmo tempo poderá ser responsabilizado por todo.

E deste xeito, a que fica liberada  de toda responsabilidade, de toda interpelación, de toda crítica, é a civilización capitalista mentres do lado da razón queda a violencia estrutural, a marxinación e a explotación que mediante complexos mecanismos simbólicos redirixe a tensión resultante cara ás marxes ou cara abaixo.

Unha cultura que non atopa case contestación o que nos explica por que deveu en sentido común unha narrativa culpabilizadora da maioría pobre e oprimida. Unha falla de contestación que é, en boa medida, consecuencia do disciplinamiento  (pola vía da integración) daqueles a quen as maiorías oprimidas confiáronlle a tarefa de representalos.

Apelando ao pragmatismo como xustificación, eses representantes procuraron aficadamente limitar a política ao ámbito da xestión co propósito de facer imposibel un cambio do sistema e nin por acaso unha reforma de importancia. Unha situación que bloquea non calquera alternativa senón iniciativas que poderían servir de contraste. E é iso, o que sustenta a positividade: a negación de toda negatividade.

70 anos do Moncada en Vigo na hora da condena universal do bloqueo

Lina Lobeira – Terra Sen Amos (Vigo)

A Cónsul Xeral de Cuba en Galiza honrou en Vigo o 70 aniversario dos asaltos ao Moncada e Carlos Manuel de Céspedes nun 26 de xullo heroico.  Logo da Bayamesa, no limiar da súa intervención en Vigo, ao pé da figura de José Martí nos xardíns de Montero Ríos, Ingrid Izquierdo empregou o Galego nas súas palabras de benvida e un aplauso cerrado agradeceu seu saúdo. Notou a importancia de poder celebrar o Día da Rebeldía Nacional a beira de Martí, ao que Fidel chamara Apóstol da Independencia e autor intelectual do Moncada. “Considerando as circunstancias daquela acción, reparamos na afouteza da mocidade asaltante, vintaneiros os máis deles, con armas poucas, resoltos a tomar o Moncada que era daquela a segunda fortaleza militar de Cuba”.  Eis a historia de Cuba, con antecedentes no caso de Ignacio Agramonte que para resgatar un oficial afrontara unha compañía de 130 cunha tropa de só 30.

A Cónsul Ingrid Izquierdo durante a súa intervención en Vigo.
A solidariedade con Cuba arredor da estatua de Martí para lembrar os 70 anos do Moncada.

Anos depois, Fidel contaba ao xornalista galego Ignacio Ramonet que de ter tomado o Moncada, o botin de armas decidiría a sorte a prol dos alzados.  A operación fracasou tacticamente e o que veu depois foi unha masacre: 55 participantes asasinados e os sobrevivintes vítimas dun cerco infernal.  O poder idelóxico nacido contra tanta ruindade non puido ser eliminado;  estratexicamente foi unha vitoria porque lanzou un novo tempo de loita que había levar ao 1 de xaneiro de 1959 coa vitoria; estableceu o liderado de Fidel e probou a loita armada coma via para a Independencia.

A Cónsul fala no medio dos salgueiros e acacias restantes que corren améndoas de sombra polo morteiro de Martí mentres paseantes do solpor achéganse a escoitar. Sucede isto na mesma beiramar na que a vecindade gañara para a cidade o calificativo de Sempre Benéfica por asistiren con recado de alimentos e acollida nas súas casas aos quintos abandonados pola oficialidade nun mercante atracado en 1898 xusto á beira do emprezamento da estatua de Martí en 1989. Izquierdo lembra a fazaña do iate Granma que, cun aforo previsto para 12 persoas, meteu abordo 82 para levalas de Mexico a Oriente de Cuba, nunha travesía de vento e mar alto de proa durante 7 dias. “Feitos que nos enchen de orgullo e axúdannos a comprender como a Xeración do Centenario, indignada polos crímenes da tiranía de Batista, rendida aos Estados Unidos, puido con Fidel a fronte asaltar o Cuartel Moncada. Fidel  entrevistara 1.200 voluntarios dos que selecionara 160,  reunidos na véspera na Granjita Siboney. Universitarios e obreiros que ignoraban voluntariamente a acción concreta a realizaren.”

Ingrid Izquierdo ve a historia de Cuba coma un manifesto da resistencia do pobo, ben probado nos anos 90, cando os medios dominantes non daban nin chica pola permanencia da Revolución e  o  pobo resistiu sen fallar a coherencia cos principios éticos e humanistas.e sendo merecedora da solidariedade internacional, coma a que nesta ocasión asíste a Cuba. O Moncada é un faro para  resistir o bloqueo;  os infames autores do cerco, recrudéceno para producir inquedanza e desestabilización; no remate, o goberno dos Estados Uniidos inclue a Cuba nunha espuria lista de paises patrocinadores do terrorismo, cando a Revolución foi, dende os comezos, internacionalista, solidaria, humanista.  Eis a Asemblea da ONU, que vota anualmente  a prol de Cuba  contra o bloqueo. “Somos un pobo que defende a súa soberanía, o seu socialismo e a súa revolución. Por iso seguiremos berrando Patria o Muerte: venceremos !

Oriana Mendez, aportou a comemoración do Moncada en Vigo versos como confidencias por riba do rumor do xardín: “Tremer de vértebras que se afastan do equilibrio/esgótanse en si mesmas tornando amarelas e extinguidas/ observan a sombra do xeo dilatando sobre elas/ non dan sostido a gravidade da columna que conforman/ concatenando memoria de osos desiguais/ Unha trama imperfeita urdida desde o interior da nevisca / até as pedras que sostemos co alento dos cascallos/ no ángulo cego no que aniña o frio da tundra  abeirando a mirada crebadiza desta tropa sen estirpe/ a súa linaxe bastarda, o seu nome propio torpe/ vai acompañando un rostro queimado que se esfola/ como se arrincan as escamas da madeira seca/ como se perde a pel polo aire aterecido/ neste Territorio Nación sen causa fogares da neve/ no deserto de seixo a miña cidade unha bairrada de cidades/ abrollla e desenvolve igual que espalla a enredadeira/ atravesando a lembranza clara das cousas que aconteceron/ en cada folla da hedra coma unha tulla de memoria/ está o rexistro dos feitos de cadanseu dos paseos de cada vencido/ de cada erosión nos muros disimulando os buracos de cada bala/ do tunel que conecta a parte máis alta da montaña, a súa cidade, coa saída para o mar/ en cada folla da hedra a fotografía de cada soño interrompido, de cada Bou Eva/ de cada corporación municipal devastada Bueu exemplo /porque hai lugares sinalados no manto da historia/ sobre o muro por esta muralla da noite avanza a enredadeira e arrodea a cidade/ nunha luminosidade extraña que abraza cada columna incapaz de vertebrar e tecer os ollais/ dun exército que encaixe e saiba abotoar sen desfacerse/ atrapa a enredadeira das nosas vidas/ o que se lembra é o que non se dará recordado/ para ir cosendo folla tras folla tras década tras crónica tras crónica tras dos ollos pechados que xa se foron/ o ángulo cego en que agardamos onde aniña o frio na greta do encoro/ o corazón pronuncia seus censos”.

Manolo Pipas repasou parte da súa antoloxia moncadista, aportación indispensábel para a biografía de Xulio e Pedro Trigo de Viveiro,  e contou en novos versos o paso do tempo: “Moncada 70 anos/ o Moncada é un cuartel/ que asaltaron uns marcianos/ e xa van 70 anos/ da morte de Xulio/ pero seguiu coa bandeira Fidel/ coa palabra e coas armas/ barco e periódico Granma: navega a Revolución/da Serra a Playa Girón/ Casa das Américas e a Nova Trova Cubana tamén naceran naquel asalto/ Amiga Verde Lagarto: todo empezou co Moncada!”.

Erea del Rio, presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco  Villamil , fixo a presentación da efeméride, tracexou a biografía infame do bloqueo no que terman doce governos dos EUA dende 1961 e contrapuxo o contraste da creatividade cubana nas redes, representada pola marea de seguidores do recén falecido Iroel Sánchez e da nova xeira de xornalistas da Revolución que superan en xenio e agudeza a teima de chumbo da propaganda, pagada dende a beira norte da canle da Bahama e alcumada xornalismo independente pola CIA.

Alberto López, vice-presidente da Villamil coidou das ordes de intervención e intendencia.

Con punteiro en Si Bemol e arrimado de parche  e caixa, Antón Sánchez  interpretou Os pinos.

A cita do Moncada contou coa solidariedade presencial  de Martín Pacheco, Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela e do Cónsul Farruco Sesto, así como de representantes de Agora Galiza- Unidade Popular, Agrupación Xosé Velo, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, Bloque Nacionalista Galego, Central Unitaria de Traballadoras, Comité Anti-OTAN de Vigo, Confederación Intersindical Galega, Mar de Lumes, Partido Comunista de Galicia, Partido Comunista do Povo Galego, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza, Partido Comunista pola República Galega e Unión do Povo Galego.


	

A Cuba que resiste e inspira recebeu o abraço do povo português

REDAÇÃO INTERNACIONAL DE GANMA / AGENCIAS

No coração de Lisboa, centenas de vozes amigas se uniram ao ato de solidariedade com Cuba realizado na Sociedade de Instrução e Beneficência A Voz do Operário, para expressar sua condenação ao bloqueio genocida e reafirmar que a Revolução é uma fonte de inspiração, em um ato que contou com a presença do primeiro-secretário do Comitê Central do Partido Comunista e presidente da República, Miguel Díaz-Canel Bermúdez. O dia emocionante incluiu músicas e danças em homenagem ao visitante, que, comovido com tanta solidariedade, subiu ao palco para dizer: «Saudações, Portugal. Um abraço para os trabalhadores e para os irmãos portugueses solidários com Cuba. Um abraço para todos os que estão aqui nesta sala, manifestando apoio à Revolução Cubana, ao povo cubano, aos que estão em outras salas assistindo a este evento no telão e também aos que não puderam vir».

Vários cubanos falaram de suas experiências e expressaram sua gratidão pelo treinamento recebido em Cuba.

O presidente se referiu à forma como os amigos se mobilizaram e aos esforços que tiveram de fazer para chegar lá, incluindo alguns que vieram de longe e dedicaram parte de seu tempo para estar com Cuba, «um gesto pelo qual seremos gratos pelo resto de nossas vidas», disse Díaz-Canel. «Este encontro entre irmãos, entre amigos, entre pessoas cujo ideal é um mundo melhor que é possível, é uma evocação do histórico encontro do Comandante-em-chefe Fidel Castro Ruz, no ato de solidariedade no Porto, em 18 de outubro de 1998», lembrou o presidente, que disse que, como foi para Fidel naquele momento, foi um enorme compromisso para ele expressar seus sentimentos de admiração, reconhecimento e carinho pelo apoio recebido.

Diaz-Canel recordou que tudo o que o líder da Revolução expressou naquela ocasião, era totalmente válido na situação que estamos vivendo no mundo, em Portugal e em Cuba. Lembrou também que, para Cuba, a solidariedade foi e continua sendo um pilar de sua política externa, que vem sendo oferecida há décadas em todo o mundo, e pela qual tem recebido bem de  manifestações de carinho dos cinco continentes.

«Permitam-me, por isso, que reconheça especialmente em vós, e em todos aqueles que não puderam hoje juntar-se a nós, as inúmeras provas de carinho e apoio que emanam do ativismo solidário da Associação de Amizade Portugal-Cuba, dos amigos da solidariedade de Portugal para com Cuba ao longo dos anos», disse emocionado o primeiro-secretário do Comitê Central do Partido, que lembrou os inúmeros sinais de solidariedade para com o povo cubano, durante os duros anos de enfrentamento da pandemia da Covid-19.

Agradeceu as declarações contra o bloqueio dos Estados Unidos e contra a inaceitável inclusão do nosso país na espúria e arbitrária lista de Estados patrocinadores do terrorismo, elaborada unilateralmente por esse país que se crê dono do mundo e que patrocinou, durante décadas, ações terroristas contra Cuba. «Se alguém deveria estar nessa lista, é o governo dos Estados Unidos».

O BLOQUEIO, ENORME E SISTEMÁTICA VIOLAÇÃO DOS DEREITOS HUMANOS

Nesse sentido, destacou que o bloqueio, como demonstra a difícil vida cotidiana dos cubanos, é o principal obstáculo para o desenvolvimento econômico e social de nosso país, que tem um impacto cruel na vida cotidiana de cada família, além de constituir uma enorme, maciça e sistemática violação dos direitos humanos de todo um povo, para forçá-lo a desistir do caminho da justiça social que decidiu seguir no processo de construção socialista.

Aos amigos presentes, o chefe de Estado perguntou: «Quanto mais vocês poderiam fazer por Cuba e quanto mais Cuba poderia fazer pelo mundo sem o obstáculo do bloqueio, sem as 243 medidas adicionais promovidas pelo presidente Trump e mantidas pelo presidente Biden para agravá-lo e intensificá-lo?

Denunciou que «estar nessa lista custou a Cuba a suspensão das operações, com nosso país, de numerosos bancos e agências financeiras de todo o mundo, o que causou, entre outras consequências, a paralisação das transferências destinadas à compra de alimentos, medicamentos, matérias-primas para nossos processos produtivos e outros bens para a população».

«Vocês sabem muito bem que Cuba não patrocina o terrorismo. O mundo sabe disso. Cuba tem sido vítima de ações terroristas perpetradas, apoiadas ou assistidas com cumplicidade pelo governo dos Estados Unidos», ressaltou o presidente, lembrando que em Lisboa, em 1976, dois diplomatas cubanos, Adriana Corcho e Efrén Monteagudo, foram assassinados por uma carta-bomba, na embaixada de Cuba em Lisboa.

«Cuba patrocina a paz, o entendimento entre as nações e o respeito aos princípios do direito internacional. Junto com seus irmãos da América, promoveu e defende a Proclamação da América Latina e do Caribe como Zona de Paz», enfatizou o presidente cubano, que ratificou que, apesar das dificuldades e agressões, Cuba não se rende nem se curva, avança com firmeza na atualização de seu modelo econômico e social, sem renunciar à construção socialista com a participação ativa e consciente dos trabalhadores, e com a solidariedade de nossos amigos de todos os continentes.

PAZ E AMOR ENTRE OS CUBANOS

Na manhã de sábado, 15 de julho, o primeiro-secretário do Comitê Central do Partido Comunista e presidente da República de Cuba, Miguel Díaz-Canel Bermúdez, manteve um encontro muito próximo com uma família diversa, incluindo seus descendentes mais jovens, cubanos que moram, trabalham e sonham aqui, e que não se esqueceram de sua terra natal.

O site da Presidência descreve o evento como um diálogo natural, cheio de boa vontade, emoções e nostalgia que emergiram nos testemunhos daqueles cujos corações estão ligados ao destino da Ilha. E o fio condutor foi justamente o amor, a opção pela paz e pelo trabalho, essas forças que animam muitos dos filhos de Cuba que moram em várias partes do mundo e que não costumam ser mencionadas pela máquina midiática que sonha com o fim da Revolução Cubana.

«Agradeço-lhes por estarem aqui, por estarem presentes, por dedicarem parte do seu tempo para estarem conosco», disse o chefe de Estado ao grupo formado por membros da comunidade cubana residente em Portugal. E esse foi o início de sua detalhada explicação sobre a vida na Ilha maior dasAntilhas.

«As maiores dificuldades no país caribenho», lembrou o presidente Díaz-Canel, «começaram no segundo semestre de 2019, quando os efeitos de um bloqueio intensificado se tornaram muito palpáveis e quando, por decisão imperial, a prática desse cerco foi internacionalizada, com base no Título III da Lei Helms-Burton».

A escassez de alimentos e medicamentos e a falta de acesso às principais fontes de financiamento estavam entre as principais consequências de um bloqueio intensificado, que se fez sentir ainda mais quando, em janeiro de 2020, Cuba foi incluída, por decisão imperial, na lista de países patrocinadores do terrorismo.

Um capítulo inevitável na saga de desafios e batalhas foi o da Covid-19, assunto sobre o qual o presidente falou aos cubanos residentes em Portugal. É sempre chocante voltar àquelas horas da pandemia e ver como Cuba, com seus cientistas, conseguiu as vacinas que ninguém mais lhe dava.

«Os cientistas cubanos fizeram vacinas sólidas», refletiu o dignitário, que não deixou de lado o fato de que, graças a essa conquista, a Ilha é hoje o segundo país do planeta a ter administrado o maior número de doses por habitante e o único país subdesenvolvido a ter feito uma vacina eficaz.

O chefe de Estado também falou sobre os eventos de 11 de julho de 2021, lembrando que nem tudo foi pacífico como alguns dizem, porque havia aqueles que eram muito violentos, aqueles que saíram prontos para queimar delegacias de polícia, matar, roubar.

O presidente afirmou que as pessoas foram processadas por atos de vandalismo, e que nesse dia se especulou e até se afirmou que há uma ditadura em Cuba, uma visão que, como refletiu o presidente, faz parte do «contágio da mídia» hostil à Revolução.

Na reunião moderada pela embaixadora de Cuba na República Portuguesa, Yusmari Díaz Pérez, vários cubanos falaram de suas experiências e agradeceram a formação recebida na Ilha maior dasAntilhas, que lhes permitiu trabalhar e abrir vários negócios.

Nesse ponto da reunião, as emoções ficaram à flor da pele. Um cubano residente em Portugal confessou que estava muito nervoso, com um nó na garganta. Uma mulher disse ao presidente: «Preciso de um abraço deste homem», e a resposta do presidente foi imediata: «Nós também precisamos de um abraço seu».

A solidariedade considera que a censura do Parlamento da UE a Cuba é servil dos intereses da Casa Branca

Terra Sen Amos – Axencias

O Movimiento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) integrado por 63 organizacións que defenden a soberanía do primeiro Estado Socialista de América, combaten as mentiras diarias da propaganda dos media que entregan a súa liña editorial aos EUA, e denuncian a continuidade dun Bloqueo que consume máis de 60 anos sen máis resultado que maltratar ao pobo de Cuba e de a pouco multiplicar os seus recursos de chantaxe e terrorismo económico contra a illa, condena a moción anticubana que presentada pola coalición da dereita e os fascistas ven de ser aprobada polo Parlamento da UE. Un manifesto reaccionario que repite a falacia de o pobo de Cuba estar privado de voto e impedido de expresar a súa opinión política, malia que para iso teña a bancada inmovilista que censurar no seu comentario as eleccións de Cuba nas que a ninguén se nega a condición de elixíbel e votante.

O deputado de IU Manu Pineda di que atacan a Cuba no Parlamento de Bruxelas os mesmos que defenden o terrorismo narco en Colombia.

De feito, tantoa solidariedade como a Comisión de Relacions Internacionais da Asemblea Nacional dol Poder Popular de Cuba (ANPP) dixo que a resolución endosada polo Parlamento Europeo (PE) é servil aos EUA e  carece de autoridade moral, política e xurídica para xulgar a Cuba. A Comisión Internacional do Parlamento de Cuba comparou esta moción con outras precedentes que difaman non só a realidade cubana, senón tamén as relacións que Cuba mantén con otros Estados nun intercambio de decisión soberana e de respecto integral ao Derecho Internacional. 

A ANPP traza a resolución a partir do debate de 13 de xuño pasado, sobre as declaracións do Consello e da Comisión Europea sobre o estado do Acordo de Diálogo Político e Cooperación (ADPC) entre a UE e Cuba, a partir da visita a Habana, en maio pasado, do  Comisario de  Política Exterior, Josep Borrell, para asistir ao III Consello Cuba-UE.