Devi Kumari – TSA Nova Delhi
Lula dixo no Cume do G20 que o o bloqueo dos EUA contra Cuba é unha agresión inaceitábel e ilegal que esta a causar grave dano a poboación da illa e que o pretexto do governo de Washington de estar o goberno cubano implicado no acubillo de terroristas era infame ,falso e criminal. As opinións do presidente do Brasil apareceron no popular medio Firstpost, Lula afirmou que era escandalosamente falsa a imputación de a nación caribeña estar colaborando co terrorismo. Nunha extensa entrevista o presidente recordou que Cuba leva 60 anos sometida a un cerco económico, comercial e financeiro de Washington que desbarata os obxectivos de progreso da illa.
O presidente do Brasil avogou pola eliminación da falsa campaña anti-terrorista contra Cuba e dixo que, na súa experiencia de máis de 30 anos de visitar a illa, a ficción dos centros de adestramento de terroristas ou de armas de destrución masiva só apareceu na propaganda da CIA. “E por estas razóns, na miña primeira oportunidade transmitireille ao presidente norteamericano, Joe Biden, a urxente necesidade de cesar o acoso da nación caribeña; aos meus 50 anos xa estaba en contra do bloqueo e agora que teño 77, sigo sen entender por que continúan esa política contra Cuba”.
Lula estendeu a súa crítica ao intervencionismo baseado en falsos argumentos que é realidade criminal en Cuba e que se prolonga a Venezuela, Irán, Siria e Corea do Norte. No seu ver, esas políticas son armas peores cas bombas, pois as súas vítimas son mulleres, nenos, o pobo en xeral polo que era urxente cambiar ese comportamento e construir outra maneira de facer política no mundo para o planeta aprender a vivir en paz e harmonía.
Na actualidade, catro paises figuran na lista negra creada polo goberno de Washington e contraria a legalidade internacional de Estados Patrocinadores do Terrorismo: Cuba, Corea do Norte, Irán e Siria o que significa que calquera empresa, individuo o Estado que manteña relación económica ou financeira con estes paises será sancionado e os seus fondos embargados arbitrariamente.