Arquivo da etiqueta: BLoqueo

O mundo con Cuba, contra o Bloqueo

TSA – Redacción
Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano.BLO Seguir lendo O mundo con Cuba, contra o Bloqueo →

Raúl insiste na ONU em fim do bloqueio, devolução de Guantánamo, fim de transmissões ilegais e compensação pelos danos humanos e econômicos

Granma
No seu discurso na 70ª sessão da Assembleia Geral das Nações Unidas, 28 de setembro, o presidente de Cuba  Raúl Castro reiterou que para falar de laços normais com EUA devem acabar o bloqueio econômico, comercial e financeiro imposto por Washington há mais de meio século; se materializar a devolução do território de Guantánamo ocupado pela Base Naval; e ter fim a subversão contra Cuba, que inclui transmissões ilegais de rádio e televisão. “Após 56 anos de resistência heróica e abnegada de nosso povo, foram restabelecidas as relações diplomáticas entre Cuba e os Estados Unidos e inicia-se, agora, um longo e complexo processo para a normalização das relações -dixo Raúl-  que será alcançado quando finalmente chegar o fim do bloqueio econômico, comercial e financeiro; seja devolvido a Cuba o território ilegalmente ocupado pela Base Naval de Guantánamo; acabem as transmissões de rádio e televisão e os programas de subversão e desestabilização contra Cuba, e nosso povo seja compensado pelos danos humanos e econômicos que ainda sofre. Enquanto persistir, continuaremos apresentando o projeto de resolução intitulado “Necessidade de pôr fim ao bloqueio econômico, comercial e financeiro imposto pelos Estados Unidos da América contra Cuba. Aos 188 governos e povos que apoiaram aqui e em vários fóruns internacionais e regionais nossa justa demanda, reitero a gratidão eterna do povo cubano e do governo por seu apoio contínuo”.raa

Seguir lendo Raúl insiste na ONU em fim do bloqueio, devolução de Guantánamo, fim de transmissões ilegais e compensação pelos danos humanos e econômicos →

Preguntas de Toledo Sande sobre o rencontro da cultura de EUA coa de Cuba

Cubarte, Portal de la Cultura Cubana

A revista Cubarte entrevista a Luis Toledo Sande, poeta e ensaista cubano co gallo do rencontro da cultura de EUA coa cubana, logo de cinco décadas de Bloqueo. “A cultura dos nosos pobos latinoamericanos e caribeños -di o Premio Nacional da Crítica- meteuse na nación do Norde, quen o dubida, a de Cuba entre elas. Recoñecendo a importante aportación do exilio cubano na política, os negocios, a cultura e os deportes dos EUA, Obama declárase o 17 de decembro disposto a revertir o abismo construido en máis medio século”. Toledo refírese ao legado “dun dos grandes revolucionarios estadounidenses do XIX: José Martí que viveu case os seus últimos quince anos nos EUA e gabou as que coidaba virtudes fundamentais do Norte: traballo personal e método. Virtudes que recomendaba aos nosos pobos a condición de non perderen por iso o amor reverente e o coñecimento pola terra matricial. Martí, crítico agudo das chatas da sociedade estadounidense, identificouse cos grandes disidentes daquel sistema e propuxo erguer en Cuba una revolución que frease as pretensións expansionistas do poderoso veciño”. Endebén, o entrevistado chama a atención sobre o feito de o nacionalismo revolucionario fortalecido en Cuba como resposta a agresividad imperial, no medio dunha Revolución antimperialista por definición, non dar impedido “entre outras maravillas photoservices, snack bars ou o dólar como centro do idioma monetário. Nos nosos aeroportos e billetes aéreos, incluso para viaxes domésticas, a capital do pais chámase Havana“.

Toledo Sande critica na súa entrevista o uso da versión norteamericana do nome da capital
Toledo Sande critica na súa entrevista o permisivo uso en Cuba da versión norteamericana do nome da capital

Seguir lendo Preguntas de Toledo Sande sobre o rencontro da cultura de EUA coa de Cuba →

Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida

Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hi­lla­­ry Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a  idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.

As Damas de Blanco,  pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.
As Damas de Blanco, pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.

Seguir lendo Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida →

“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí Max Lesnik xornalista cubano en Miami

“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí o xornalista cubano Max Lesnik, entrevistado polo profesor e ensaista Salim Lamrani para a revista libanesa Al Mayadeen. Lesnik, exiliado na Florida en 1961, nunca había ingresar nas filas dos partidarios de Batista nin aceptou privilexios da CIA e de feito lanzou en Miami un programa de radio no que denunciaba a invasión de Cochinos e o Bloqueo. Lamrani cita once ataques con bomba contra Lesnik en Miami, asi como a regulariedade das súas visitas a Cuba dende 1970, incluido un rencontro con Fidel, do que fora compañeiro cando estudante, seguidor de Eduardo Chibás e guerrilleiro en Escambray. A extensa conversa de catro capítulos ten o seu resume neste texto final, que se refire ao actual restablecemento de relacións diplomáticas entre Cuba e EUA.

Salim Lamrani – Al Mayadeen
Versión en Galego de TSA

Salim Lamrani: Como xornalista cubano residente en Miami, qué pensa da liberdade de expresión en Cuba?

Max Lesnik: Compre lembrar algunhas verdades elementais. A liberdade de expresión está directamente vinculada á seguridad do Estado. Non me refiro ao aparato policial nin aos servizos de intelixencia. Sentíndose seguro un Estado, cando non hai forza externa ou interna que poida desestabilizalo, a liberdade de expresión é total. Habendo unha ameaza interna ou externa –neste caso os EUA e unha ameaza interna que son os disidentes apoiados por unha potencia extranxeira– comezan as restriccións á libertade de expresión. Poñamos o caso dos EUA, a nazón máis poderosa del mundo. Dise que hay una libertad de prensa plena e absoluta en Estados Unidos. Como xornalista digo que a liberdade de prensa está nas mans dos donos dos medios, controlados polas forzas capitalistas para defender os seus intereses. A  concentración dos media foi a maiores nos últimos anos. Antes, un diario era propiedade do editor, como foi o meu caso. Hoxendía, os accionistas da prensa pertencen ao complexo industrial-militar. Así que un Estado é amenazado, reduce a liberdade de expresión, como pasou no macartismo, cuando violaron as libertades fundamentais mentres ninguén amenazaba Estados Unidos.  En Cuba, segundo o Estado vexa desaparecer as ameazas externas ou internas promovidas dende fóra, estou seguro da ampliación do debate crítico.

Max Lesnik explica o actual desconcerto ideolóxico dos batistianos en Miami.
Max Lesnik explica o actual desconcerto dos batistianos en Miami.

Seguir lendo “Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí Max Lesnik xornalista cubano en Miami →