Arquivo da etiqueta: Cuba in Trasition

Os resultados da reforma económica cubana superan aos da conversión capitalista dos ex-CAME de centro-Europa

Terra Sen Amos-Redacción
Os cubanólogos dos EUA anunciaran o fin do socialismo cubano despois da caida do CAME (Consello de Axuda Mutua Económica) comezos dos 90. Vintecatro anos despois, non se cumpriu nin un só dos agoiros sobre Cuba daqueles analistas, acubillados nas universidades norteamericanas. Emily Morris, profesora do Instituto das Américas do University College de Londres repasa nun artigo publicado na New Left Review o completo fracaso daquelas arrogantes prediccións, malia ser Cuba o país máis afectado pola desaparición do mercado común dos paises socialistas e ter que aturar as consecuencias dun bloqueo que dura 53 anos.

A esperanza de vida en Cuba supera a dos EUA e a dos paises ex-CAME de centro-Europa
A esperanza de vida en Cuba supera a dos EUA e a dos paises ex-CAME de centro-Europa

Seguir lendo Os resultados da reforma económica cubana superan aos da conversión capitalista dos ex-CAME de centro-Europa

OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

Gustavo Luca – Terra Sen Amos.

“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.

Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.

Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas. Seguir lendo VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO