Arquivo da etiqueta: Fidel

Fidel sementóu a unidade necesária para a Revolución, lembra Marta Harnecker

América Torgueira – TSA

Nunha carta dirixida ao líder histórico da Revolución, co gallo do seu 89 aniversário, Marta Harnecker dí que o mellor agasallo que pode facerlle e recordar o seu exemplo de dignidade, resistencia e solidariedade, de alento e inspiración para todos os que na Nosa América e no mundo loitan por un mundo mellor. Harnecker chama a Cuba a súa segunda pátria, á que chegou fuxindo da represión en Chile e dille a Fidel que “ninguén loitou coma ti pola unidade das forzas revolucionárias e do povo, e pola transformación desta unidade en pear da túa estratéxia política, antes e depois da vitoria. Tomando en conta a realidade político-ideolóxica de Cuba, optaches por evitar as discusións teóricas para centrar a túa enerxía na aplicación dunha estratéxia que resolvese con menos desgaste interno as diferencias ideológicas e políticas dos diferentes grupos revolucionários”.  A autora da carta reproduce na súa misiva as reflexións de Fidel sobre a unidade en vários momentos da loita. Os parágrafos de Fidel están tomados do libro de Harnecker  A estratéxia política de Fidel, do Moncada á Vitoria, escrito en 1985, publicado en Cuba por Ciencias Sociales e reproducido en varios países de América Latina e os EUA.

As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker "A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria", con versións en vários idiomas.
As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker “A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria”, con versións en vários idiomas.

Seguir lendo Fidel sementóu a unidade necesária para a Revolución, lembra Marta Harnecker

O presidente de Venezuela celebra o 62 aniversário do Moncada nunha carta de parabéns a Fidel

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, enviou unha carta ao líder histórico da Revolución cubana, Fidel Castro, co gallo do 62 aniversário do asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, 26 de xullo de 1953. “Transcorreron xa 62 anos dos asaltos ao Cuartel Moncada e ao Cuartel Carlos Ma­nuel de Céspedes e, con todo, hoxe máis que nunca sentimos, Comandante Fi­del, a chama viva de liberación que ardeu ese día en toda Nosa América e para alén, indicando un camiño que seguiron xa varias xeracións: un camiño que anda e seguirá andando”, di o presidente Maduro na súa misiva.

Imaxe dunha recente visita do presidente Maduro a Fidel.
Imaxe dunha recente visita do presidente Maduro a Fidel.

Seguir lendo O presidente de Venezuela celebra o 62 aniversário do Moncada nunha carta de parabéns a Fidel

“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí Max Lesnik xornalista cubano en Miami

“Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí o xornalista cubano Max Lesnik, entrevistado polo profesor e ensaista Salim Lamrani para a revista libanesa Al Mayadeen. Lesnik, exiliado na Florida en 1961, nunca había ingresar nas filas dos partidarios de Batista nin aceptou privilexios da CIA e de feito lanzou en Miami un programa de radio no que denunciaba a invasión de Cochinos e o Bloqueo. Lamrani cita once ataques con bomba contra Lesnik en Miami, asi como a regulariedade das súas visitas a Cuba dende 1970, incluido un rencontro con Fidel, do que fora compañeiro cando estudante, seguidor de Eduardo Chibás e guerrilleiro en Escambray. A extensa conversa de catro capítulos ten o seu resume neste texto final, que se refire ao actual restablecemento de relacións diplomáticas entre Cuba e EUA.

Salim Lamrani – Al Mayadeen
Versión en Galego de TSA

Salim Lamrani: Como xornalista cubano residente en Miami, qué pensa da liberdade de expresión en Cuba?

Max Lesnik: Compre lembrar algunhas verdades elementais. A liberdade de expresión está directamente vinculada á seguridad do Estado. Non me refiro ao aparato policial nin aos servizos de intelixencia. Sentíndose seguro un Estado, cando non hai forza externa ou interna que poida desestabilizalo, a liberdade de expresión é total. Habendo unha ameaza interna ou externa –neste caso os EUA e unha ameaza interna que son os disidentes apoiados por unha potencia extranxeira– comezan as restriccións á libertade de expresión. Poñamos o caso dos EUA, a nazón máis poderosa del mundo. Dise que hay una libertad de prensa plena e absoluta en Estados Unidos. Como xornalista digo que a liberdade de prensa está nas mans dos donos dos medios, controlados polas forzas capitalistas para defender os seus intereses. A  concentración dos media foi a maiores nos últimos anos. Antes, un diario era propiedade do editor, como foi o meu caso. Hoxendía, os accionistas da prensa pertencen ao complexo industrial-militar. Así que un Estado é amenazado, reduce a liberdade de expresión, como pasou no macartismo, cuando violaron as libertades fundamentais mentres ninguén amenazaba Estados Unidos.  En Cuba, segundo o Estado vexa desaparecer as ameazas externas ou internas promovidas dende fóra, estou seguro da ampliación do debate crítico.

Max Lesnik explica o actual desconcerto ideolóxico dos batistianos en Miami.
Max Lesnik explica o actual desconcerto dos batistianos en Miami.

Seguir lendo “Fidel entrou en vida no Panteón dos libertadores latinoamericanos”, dí Max Lesnik xornalista cubano en Miami

O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

Juventud Rebelde – Terra Sen Amos

O profesor italo-norteamericano Piero Gleijeses, estudoso da colaboración internacionalista de Cuba en África, vai presentar na Habana un completo traballo sobre a decisiva colaboración do goberno revolucionario cubano na derrota do colonialismo racista en Sudáfrica, Namibia e Angola. O seu libro Visións da Liberdade: A Habana, Washington, Pretoria e a loita polo sur de África 1976-1991 corrobora e afonda con fontes sudafricanas, norteamericanas e cubanas un ensaio histórico seu publicado en 1997 co título Misións en Conflito, A Habana, Washington e África 1959-1976. O historiador da Universidade John Hopkins de Washington, afirma que «non existe ningún país na historia moderna que exercera por un tempo tan dilatado unha política exterior tan altruísta e valente como a da Cuba Revolucionaria». Afírmao coa certeza de quen desde comezos da década de 1990 investigou a fazaña cubana en África. Gleijeses non se deu por satisfeito co seu primeiro e revelador libro e e entrega agora unha investigación completa. Asegura que no seus primeiros contactos co tema, tiña unha visión moi positiva sobre a política cubana en África, pero receaba de posíbeis fallas e erros. “Agora -asegura o historiador- a miña opinión é máis positiva, logo de 18 anos de indagacións que me permitiron coñecer algo único no mundo como é o sentido da nobreza da política exterior de Cuba”. O teimudo e acucioso investigador, asegura que necesitaba documentos oficiais de todos os implicados na guerra para poder certificar a heroica intervención, “porque nun mundo onde hai tanta xenreira e mentiras contra Cuba, non se pode depender só de entrevistas, pois recusaríanas coma opinións falsas”.

O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989
O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989

Seguir lendo O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

Fidel recorda a Hollande o exemplo de cooperación de André Voisin

África Baña – Terra Sen Amos

O papaventos das axencias de notícias do Gran Capital dí que é notícia o anticiclón de Washington que move unha airexa para o Caribe. Un diagnóstico de comenencia. Algúns abonados destas oficinas de avisos pactados nas bolsas de cambio, repiten que “Cuba está de moda”, un pretexto para non explicar que anteonte eran partidarios de aillar a Cuba. No concurso do avestruz colonialista, a nota máis alta é a do xornal de referencia de Madrid, El Pais, de propriedade norteamericana (Liberty Acquisition Holdings) quen insiste en afirmar que “Cuba comeza dende cero” despois de Obama tenderlle a man. Quen me dera a Posición Cero, repite este grupo de capital. De cero? Na rolda de despedida de François Hollande, no aeroporto da Habana, o presidente de Cuba declárase satisfeito polos resultados da visita. Por se alguén non se decatara, Raul Castro repara nun feito significativo: cando un presidente anfitrión chega deica o avión do mandatario que ven de visita, a lingua diplomática fala de concordia. A seguir indica que a recuperación das relacións con EUA van ao ritmo que marca Cuba, expresión diáfana para recordar que a illa ten o seu tempo e que o veciño do norte,  por exemplo, tomouse medio século para cambiar o seu. Os diplomáticos de EUA teñen restriccións en Cuba? Aos de Cuba nos EUA non lles dán máis facilidades, se cadra menos.

Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.
Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.

 

“Temos de guiármonos polos acordos internacionais sobre o comportamento dos diplomáticos, aprobado na Convención de Viena de 1948, pero van ben as conversas”, di Raúl. A impaciencia do librecambio teima en falar de negocios, sinónimo do futuro sen memoria soñado polas axencias, e o presidente cubano recordaque “a posición común da Unión Europea no debeu existir nunca: foi algo importado e en Inglés”. A seguir fixo unha homenaxe a eivados permanentes e feridos nos atentados da mafia: “Agora tírannos o título honorífico de pais terrorista: que caste de terrorismo é o que pon os mortos cando os agresores non poñen ningún?”, lembrou Raúl.
A equipa de Hollande tiña programada unha breve visita a Fidel. Afinal conversaronmáis de dúas horas. Con Hollande, Fidel falóu de André Voisin, o técnico francés que só puido ver realizado nos campos de Cuba o seu soño de mellorar o gado en pasto libre e natural. Voisin quixo ser enterrado en Cuba. Representa o mellor da cooperación con Francia, no outro extremo da Posición Común proposta por Aznar (presidente de honra do PP) e endosada naquela altura por Paris, cando facer tal era agravar o cerco a Cuba para alén do límite. Os da posición Partir de Cero non foron nin citados na Habana.