Iroel Sánchez – Al Mayadeen (Edición de Terra Sen Amos)
O xornalista cubano Iroel Sánchez, trata no medio Al Mayadeen da situación das liberdades naqueles Estados que se conforman seguindo os consellos dos paises colonialistas non arrependidos, e atopa unha realidade que non se parece a descrita na propaganda global dominante. O responsábel do medio La Pupila Insomne, o criterio dixital cubano máis prezado dentro e fóra da illa, denuncia medios privados que falsean situacións obxectivas non comparábeis co propósito de salientar problemas en Cuba e refírese en concreto ás diferenzas entre a economia do Viet Nam actual e a cubana, a conta da teimosa recomendación da dereita de os cubanos seguiren o rego do pais asiático.
A leitura de Internet lémbrame estes dias a John Kerry e o seu exemplo de Vietnam, coma país dinámico, cunha economía crecente, que escollera para nós na inauguración da embaixada estadounidense na Habana. Non dixo que nesa terra irmá, coa fortaleza cultural que supoñen miles de anos como nación antes de EUA existir, con oito veces a poboación de Cuba e a millentos quilómetros dos EUA, todos os medios de comunicación son de propiedade pública, e as regulacións sobre difusión de información por privados no Internet son moito máis restritivas que aquí. Dende fontes que non existen en Vietnam, din e calan o mesmo que Kerry sobre Vietnam.
Granma 14 agosto “No novo encontro com o secretário de Estado dos Estados Unidos, John Kerry, em um ambiente construtivo e respeitoso, abordamos os passos que ambos os países devemos dar rumo à normalização das relações, uma vez concluída esta primeira etapa, centrada nos vínculos diplomáticos”, explicou em 14 de agosto Bruno Rodríguez Parrilla, ministro das Relações Exteriores de Cuba. Despachando com os media no Hotel Nacional, o chanceler cubano acrescentou que como parte desta nova etapa que começa, acordaram estabelecer uma Comissão Bilateral para definir os temas que devem ser abordados de maneira imediata, entre eles os assuntos pendentes, alguns deles muito complicados, acumulados durante mais de 50 anos. Rodríguez indicou que nas próximas semanas, os representantes de ambos os governos deverão reunir-se para definir os mecanismos de trabalho desta Comissão.
“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco. O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.
O governo de Estados Unidos teima en condenar a Cuba na pésima categoría (nível 3) da trata de persoas. O baremo anual do ministerio de Relacións Exteriores (State Department) valora en tres apartados os esforzos dos governos do mundo por combatiren a trata. Para Cuba reserva a cualificación dos governos que ignoran de vez os dereitos das persoas.Seguir lendo Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"