Unha nova sentenza confirma o pleno dereito de “Cubainformación” a críticar aos medios que defenden o ilegal bloqueo  

TSA – Axencias

A Audiencia confirmou a plena absolución do diretor de Cubainformación  (CI) José Manzaneda e da representación legal da Asociación Euskadi-Cuba, emitida febreiro pasado polo Xulgado do Penal 31 de Madrid, e volve condenar Javier Larrondo, presidente da entidade  Prisoners Defenders (PD), organización que teima en denigrar o Estado Socialista cubano e os seus programas de solidariedade en todo o mundo. Larrondo demandaba a revisar a setenza absolutoria de Manzaneda e aplicarlle seis anos de cadea e o pago de 100 mil euros de indemnización e multas polo que coidaba inxurias, calumnias e incitación ao odio, nun artigo en defensa da cooperación médica cubana.

O servizo de limpeza dos prootores do bloqueo de Cuba subvenciona as denuncias contra os medios críticos.

Logo da primeira sentenza absolutoria que cargaba ao querelante ao pago parcial de costas e cualificaba de temeridade  acusar Euskadi-Cuba de inxurias e calumnias, cando unha persoa xurídica non pode legalmente cometer tales delitos, Larrondo apelóu en demanda de prisión e pago económico contra o autor do artigo e o mdio e Manzaneda solicitou o pago total de costas polo querelante.

A sentenza de apelación confirma o primeiro fallo, e reitera os elementos esenciais da argumentación do xuíz. CI denunciaba o papel de Prisoners Defenders como colaborador directo da política do Goberno dos EUA contra dos programas de cooperación médica cubana en 70 paises. O artigo de José Manzaneda, cualificaba Larrondo, Donald Trump e Marco Rubio (senador de ultradereita polo estado de Florida) de “criminais de guerra”. O xornalista explicara no xuizo que a expresión facía referencia á “guerra contra a cooperación médica”, unha guerra non convencional contra o pobo cubano, parte do bloqueo económico que impón ilegalmente a Cuba o goberno dos EUA para bloquear os ingresos para a saúde pública.

A primeira sentenza establecera que a cualificación de “criminal de guerra” podía entenderse coma hipérbole no contexto dun artigo de prensa, con propósito crítico, de recriminación ou censura política dentro dos límites da liberdade de expresión. A segunda sentenza confirma que a expresión obxecto de demanda é coherente no contexto e recorda que o mesmo querelante usa a cualificación de escravitude para o traballo das brigadas cubanas no extranxeiro.  

Manzaneda recordou a utilización mediática do xuízo por parte de Larrondo e Prisoners Defenders coa colaboración de medios do poder económico que acusaron ao Goberno Basco  de estragar fondos europeos “para minar Europa e as súas institucións” ou asegurar que o obxectivo da Asociación Euskadi-Cuba é desestabilizar Europa e España”.

O diretor de Cubainformación renovou seu compromiso de denunciar o bloqueo dos EUA contra o pobo cubano como unha das maiores violacións masivas e sistemáticas de dereitos humanos que existen hoxe no mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *