Todalas entradas de Terrasenamos

“Acusar Cuba de terrorismo é infame, falso e criminal” (Lula no Cume do G20)

Devi Kumari – TSA Nova Delhi

Lula dixo no Cume do G20 que o o bloqueo dos EUA contra Cuba é unha agresión inaceitábel e ilegal que esta a causar grave dano a poboación da illa e que o pretexto do governo de Washington de estar o goberno cubano implicado no acubillo de terroristas era infame ,falso e criminal. As opinións do presidente do Brasil apareceron no popular medio Firstpost,  Lula afirmou que era escandalosamente falsa a imputación de a nación caribeña estar colaborando co terrorismo. Nunha extensa entrevista o presidente recordou que Cuba leva  60 anos sometida a un cerco económico, comercial e financeiro de Washington que desbarata os obxectivos de progreso da illa.

O presidente do Brasil avogou pola eliminación da falsa campaña anti-terrorista contra Cuba e dixo que, na súa experiencia de máis de 30 anos de visitar a illa, a ficción dos centros de adestramento de terroristas ou de armas de destrución masiva só apareceu na propaganda da CIA. “E por estas razóns, na miña primeira oportunidade transmitireille ao presidente norteamericano, Joe Biden, a urxente necesidade de cesar o acoso da nación caribeña; aos meus 50 anos xa estaba en contra do bloqueo e  agora que teño 77, sigo sen entender por que continúan esa política contra Cuba”.

Lula estendeu a súa crítica ao intervencionismo baseado en falsos argumentos que é realidade criminal en Cuba e que se prolonga a Venezuela, Irán, Siria e Corea do Norte. No seu ver, esas políticas son armas peores cas bombas, pois as súas vítimas son mulleres, nenos, o pobo en xeral polo que era urxente cambiar ese comportamento e construir outra maneira de facer política no mundo para o planeta aprender a vivir en paz e harmonía.

Na actualidade, catro paises figuran na lista negra creada polo goberno de Washington e contraria a legalidade internacional de Estados Patrocinadores do Terrorismo: Cuba, Corea do Norte, Irán e Siria o que significa que calquera empresa, individuo o Estado que manteña relación económica ou financeira con estes paises será sancionado e os seus fondos embargados arbitrariamente.

VENEZUELA: CONTRA OS PLANOS  VIOLENTOS DA DEREITA NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS

Farruco Sesto – NÓSdiario

Son ben coñecidas as palabras de Lula e de Jimmy Carter sobre as eleccións venezolanas. Lula, no seu momento, asegurando con humor que en Venezuela hai un exceso de eleccións e que, cando non as hai, Chávez invéntaas. E Carter afirmando que o sistema electoral venezolano é un dos mellores do mundo. En todo caso, nos últimos 24 anos, houbera  29 procesos electorais de carácter nacional, que non é pouca cousa.

Nos últimos 24 anos celebráranse 29 comicios en Venezuela.

Con todo, a hexemonía mediática impuxo a imaxe de Venezuela como a dun rexime ditatorial, tanto durante a presidencia de Chávez como na de Maduro, gañadas ambas, como é sabido, a través dun proceso de votación libre, universal e secreto.

De onde ven logo tal imaxe terxiversada de Venezuela? A idea provén dunha oposición dereitista que, argumentando vicios nos procesos electorais, paradoxalmente é a mesma que, ao longo de todos estes anos, evidenciou un especial gusto pola violencia.

Abonda cun breve inventario do tipo de accións que caracterizou á oposición, para decatármonos. Léase con atención: Golpes de estado planificados con uso de francotiradores contra a multitude; utilización de sicarios para o asasinato de líderes populares; accións terroristas con explosivos; incendios de edificacións públicas e de autobuses; linchamento e queima de persoas; uso de cables de aceiro para decapitación de motoristas; ataques a instalacións militares; intentos de magnicidio; asociación con bandas paramilitares, así como con grupos de narcotráfico; guarimbas e promoción de desordes armados nas rúas. Tamén Intentos de invasión por diversos lugares con forzas mercenarias. Ataques contra os centros neurálxicos da rede eléctrica, así como contra instalacións da industria petroleira. Máis ainda: usurpación de funcións de goberno; recoñecemento dun falso presidente autoproclamado; solicitude reiterada de intervención por parte de exércitos estranxeiros; apoio ao bloqueo norteamericano, así como ás ilegais medidas coercitivas unilaterais contra Venezuela; complicidade no secuestro e roubo dos activos no exterior…

Ocorreu, con todo, que, dun tempo para acá, fóronse dando cambios importantes no seo da oposición, xa moi fragmentada. Por mor do cal, boa parte dela, a pesares de estar marcada con tan intenso prontuario, decidiu renunciar expresamente á vía violenta para se acoller ao camiño electoral, recoñecendo así ao goberno lexítimo de Nicolás Maduro. Iso introduciu un cambio de panorama, nun país que se encamiña a unhas eleccións presidenciais, fixadas pola Constitución para 2024. De tal xeito que agora atópase, por unha banda, un sector da oposición que di acollerse ás regras de xogo democráticas, e polo outro unha rama ultradereitista buscando desfacer no traxecto o proceso electoral.

Así as cousas, este sector opositor violento, que fai vida activa contra o seu propio país nos predios dos EUA e de Europa, sentíndose “guapo e apoiado” (segundo a expresión venezolana) como en efecto non deixa de estalo, non tivo reparo en reivindicar unha vez máis o seu rexeitamento ao rexime e a súa intención de chegar até o final.  Foi a través dunhas declaracións do prófugo da xustiza  Antonio Ledesma, refuxiado en Madrid,  onde se insistiu na idea dunha rebelión, para a que se afirmou estar a traballar activamente e mesmo “falando con militares”.

A vista destas circunstancias de promoción, de parte de sectores dereitistas, dunha volta á violencia e aos intentos de desestabilización, o presidente Maduro autorizou á Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB)a expresarse publicamente respecto diso.

O día 23 de agosto así o fixo a FANB, a través dun comunicado de extraordinaria contundencia, rexeitando tales chamados á violencia e conectándoos directamente cos planos intervencionistas e inxerencistas do imperio. Nese comunicado a FANB manifiestóu unha vez máis a súa lealdade ao Presidente e o seu compromiso co pobo en “perfecta fusión cívico-militar”

O comunicado, subscrito polo Ministro do Poder Popular para a Defensa, Xeneral en Xefe Vladimir Padrino López, anunciou que, defendendo a paz, a concordia e o diálogo, a FANB saberá responder de maneira firme aos chamados golpistas, mantendo intacto o irrenunciábel dereito dos venezolanos a seren libres, soberanos e independentes.

Desta maneira, pode dicirse que en Venezuela, goberno e pobo, co apoio da forza armada, encamíñanse a un novo proceso electoral, cun bo ánimo colectivo de tranquilidade e de paz, malia a chantaxe do bloqueo e das presións a que a nación vese sometida.

O “G77+China” presidido por Cuba expresa en Johannesburgo o seu propósito de acabar coa desigualdade no mundo

Axencias -Terra Sen Amos

O presidente de Cuba pronuncióu xoves en Johanesburgo o discurso de clausura das sesións do XV Cume dos Brics, na condición de presidente protémpore do G77+China e salientou a responsabilidade de superar os retos que enfronta a humanidade e o papel histórico que corresponde aos Brics, no obxectivo necesario de rematar coa desigualdade no mundo. Diaz-Canel convocou aos representantes dos paises que conforman  a entidade plurinacional  a cumpriren a misión integradora polo ben de futuras xeracións. Común é o criterio de integración, novidade e diversidade da asemblea internacional dos Brics que está a abrir expectativas e esperanzas no camiño do  multilateralismo, tan urxente como imprescindíbel para o destino da Humanidade.

A presidencia cubana no cume de G77+China en Johannesburgo, recorda que o trascendente final do Apartheid deveu realidade pola intervención dun pequeño pais do Sur.

Diaz-Canel repara no feito de a cita acontecer “en terras africanas, berce dunha parte dos nosos devanceiros, que alimenta de forma fundamental a esencia mesma da identidade cubana».  Para o presidente de Cuba, “as pegadas dos que camiñamos xuntos, xamais se poderán borrar porque tanto nós coma África, temos sempre presente a solidariedade compartida e o sacrificio de tantos nestas terras”.

Da relaciónentre Cuba e Sudáfrica, salienta na irmandade “tan fonda e indelébel coma a memoria dos líderes históricos das dúas nacións: nunca poderemos esquecer a aperta de Nelson Mandela a  Fidel Castro ao atoparense aquí e prometer mutuamente o reencontro, como só ocorre entre irmáns entrañábeis».

O Grupo dous 77 dás Nacións Unidas é unha coalición de 134 países en desenvolvemento na procura de intereses económicos colectivos dous seus membros, e para construir  unha capacidade de representación e negociación crítica fronte os imperialistas nunca arrepentidos.  O G77 ten un Produto Interno Bruto igual ao 37% do mundo e a súa poboación representa o 46% mentres o conxunto das nacións agrupadas arredor da iniciativa, está a producir un 80% do petróleo. Na opinión do diario L´Humanité, o cume ten o propósito de constituir unha nova orde mundial e rematar coa hexemonía dos paises do Norte e a supremacía do Dólar e recorda que no 2001, o presidente de Sudáfrica Thabo Meki lanzara unha convocatoria para os países do Sur constituírense en protagonistas fronte a presencia eminente do G7.

“Cuba é filla do sangue de África e dela recibimos valores esenciais de resistencia histórica” (Diaz-Canel no Parlamento de Luanda)

Luanda – Axencias – TSA

Correspondendo ao compromiso e gratitude do goberno de Angola con Cuba, o presidente Díaz Canel dixo na Asemblea Nacional de Luanda que o herdo deixado na illa polas mulleres e homes de toda África e de Angola en particular é parte fundamental do cruxol da nacionalidade cubana. “Cuba é filla do sangue de África e dela recibimos valores esenciais que explican a nosa propia resistencia fronte as adversidades, tantas veces probada na nosa historia”.

Carolina Cerqueira, presidenta da Asemblea Nacional de Angola, recibe ao presidente de Cuba na porta do recén inaugurado capitolio de Luanda.

Para o presidente, a militancia internacionalista ten o compromiso de saldar a nosa débeda coa humanidade, como asegurara Fidel nun tempo decisivo da colaboración de Cuba con Angola, fins dos 80; e isto  de tal maneira que cando certas persoas relean axuda a terceiros, están a revelar de feito a súa incapacidade para loitaren polos seus propios dereitos. Falando para un pleno atento e emocionado, Diaz-Canel lembrou que a entrega absoluta nas loitas pola independencia cubana dos homes e mulleres levados con alxemas a Cuba durante a segunda metade do século XIX, foron lenda na heroica loita mambisa a machete pola liberdade persoal e pola liberdade da Patria nacente. “Unha contribución vital para a forxa da nación e da cultura cubanas”.

Carolina Cerqueira, presidenta da Asemblea dixo que a contribución cubana fora determinante para a independencia de Angola e a súa consolidación no tempo.  “Os irmáns de Cuba, na  outra beira do Atlántico, a miles de millas de distancia, cruzaron o oceano para faceren realidade a loita pola independencia nacional dos pobos africanos dando cabo a tanto esforzo. A tropa cubana foi trabe da independencia de Angola e Namibia e para o remate do rexime racista do apartheid na República de Sudáfrica”.

A presidenta citou a Operación Carlota, con batallas decisivas das forzas angolanas e cubanas dende 1975 até finais de 1987. “Naquela altura estes obxectivos deviron realidade, coa mediación crítica do comandante Fidel Castro, que ocupa un lugar trascendente na historia africana”. (Carlota, negra africana levada a Cuba como escrava, é considerada símbolo de la liberdade e da dignidade africana, segundo lembrou a Presidenta do Parlamento angolano)

Cerqueira citou tamén Raúl Díaz Argüelles e outros combatentes antillanos caídos na loita pola independencia de Angola, coma os patriotas Jorge Risquet Valdés e Rodolfo Puente Ferro; os xenerais Rafael Moracén Limonta, Raúl Menéndez Tomassevich, Ramón Espinosa Martín, Joaquín Quinta Solá e Leopoldo Cintra Frías, coma emblema de moitos xefes e oficiais cubanos que loitaran a beira dos membros de las Forzas Armadas para a Liberación de Angola (FAPLA).

1 milhão de assinaturas para retirar Cuba da “lista de Estados patrocinadores do terrorismo”

Terra Sen Amos

Por mais de 60 anos, o governo dos Estados Unidos tem adotado uma política hostil contra Cuba, com a nítida intenção política de isolar o povo cubano por meio de um bloqueio cruel e desumano. Em meio à pandemia, o governo Trump tentou prejudicar ainda mais a economia cubana, não apenas reforçando o bloqueio com 243 novas sanções, mas também incluindo Cuba na Lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo. Esta designação torna muito mais difícil para Cuba efetuar transações utilizando sistemas bancários internacionais e adquirir bens necessários no mercado internacional, tais como combustível, alimentos, material de construção, produtos de higiene e medicamentos. Queremos alcançar mais de um milhão de assinaturas para exigir que o atual governo dos EUA retire Cuba da lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo e acabe incondicionalmente com o bloqueio, que é rejeitado por toda a comunidade internacional. Entregaremos o abaixo-assinado à Casa Branca em 8 de dezembro de 2023. Patrocinam a campanha a Confederação Sindical das Américas, o Fórum de São Paulo, a Assembleia Internacional dos Povos, a Jornada Continental pela Democracia e contra o Neoliberalismo, a Marcha Mundial das Mulheres, ALBA Movimentos, La Vía Campesina e a  Rede Continental de Solidariedade com Cuba para a América Latina e as Caraíbas. PARA ASSINAR         , entrar en  https://pt.letcubalive.info/

Atualmente, Cuba enfrenta um bloqueio cujo único objetivo é forçar o seu povo à submissão; um bloqueio que está a utilizar novas ferramentas, como a lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo, para aumentar a sua força e alcance.

Cuba promoveu cuidados de saúde, educação e paz para os povos do mundo – não o terrorismo. A inclusão de Cuba na lista da #SSOT impede que os cubanos comuns recebam ajuda vital em caso de catástrofe. Depois de o furacão Ian devastar a ilha em setembro de 2022, a designação #SSOT obstruiu os esforços de socorro. Assine hoje para tirar Cuba #OffTheList! letcubalive.info.