IU chama ao goberno Rajoy a se involucrar no proceso de integración da Nosa América

Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.

Joan Josep Nuet, voceiro de IU na comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, invocóu o acervo das relacións coa Nosa América para reclamar a solidariedade do Goberno coa integración regional, en particular para a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) e a Unasur. Seguir lendo IU chama ao goberno Rajoy a se involucrar no proceso de integración da Nosa América

Cuba recomenda ao goberno do PP solucionar a represión policial, o paro e a situación dos presos

Cuba recorda a José Manuel García-Margallo, ministro de Estado do Governo do PP, a prioridade de mirar ao seu redor antes de se permitir a arrogancia de dar consellos aos cubanos. “Non é en Cuba onde están os admiradores de Franco e máis lle val a García-Margallo atender o seu”, dixo o vice-ministro cubano de Relacións Exteriores, Dagoberto Rodríguez.

O ministro español ofreceu sábado a esperada proba do que vai ser a política internacional do governo Rajoy: louvamiñar os grandes exportadores de armas e censurar os anti-imperialistas. Nada novo. Seguir lendo Cuba recomenda ao goberno do PP solucionar a represión policial, o paro e a situación dos presos

George Lamming, de Barbados, e Santiago García, de Colombia, Premios Alba das Letras e as Artes

Habana, Juventud Rebelde

O narrador George Lamming e o dramaturgo Santiago García, recibiron venres pasado os Premios Alba das Letras e as Artes de 2011 na XXI Feria Internacional del Libro de La Habana, nesta edición consagrada ao Caribe.

Lamming, nado en Barbados en 1927, é o creador máis internacional da literatura caribeña contemporánea. Dá aulas na Universidade de Brown e recibira o Doutorado de Honra da Universidade da Habana en 2007. É autor de “O Castelo da Miña Pel”, “Os Emigrantes”, “A idade da inocencia”, “Tempo de Aventuras” e “Os praceres do exilio”.
Santiago García, diretor do afamado Teatro La Candelaria de Bogotá, é recoñecido coma o home de teatro máis importante de Colombia, con protagonismo na dirección, a actuación, a dramaturxia e a pintura. O seu traballo ten alto aprezo entre o público cubano, con obras coma “Diálogo del rebusque”, “Corre, chasqui Carigueta”, Maravilla Estar, La trifulca y Manda Patibularia. Por as montaxes de “Guadalupe años sin cuenta” e “Los diez días que estremecieron al mundo”, recibira senllos premios “Casa de las Américas” (1975 e 1977). Seguir lendo George Lamming, de Barbados, e Santiago García, de Colombia, Premios Alba das Letras e as Artes

Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

A Administración Norteamericana confiscou ao coruñés Xavier Carvajal o pago das mensalidades da escolarización dos seus dous fillos, de 6 e 4 anos, nun colexio da Habana.

Estados Unidos levou a efeito esta intervención, contraria a toda norma internacional entre países amigos, coa aplicación da Lei Helms-Burton, subtitulada “Lei de Liberdade Cubana e Solidariedade Democrática” aprobada o 1 de marzo de 1996.

A edición galega de El País do dia 30 de Janeiro, deu noticia da confiscación ilegal da transferência. O autor da información, Xosé Manuel Pereira, sinala que o pago dos recibos dun colexio pode devir “asunto sensibel de política internacional” por mor do bloqueo decretado por Norteamérica contra Cuba. Seguir lendo Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

A ofrenda a José Martí no 159 aniversario do seu nacimento, foi tamén unha homenaxe aos Cinco Herois Cubanos encarcerados nos Estados Unidos.

Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, situou aos Cinco nun lugar especial da longa batalla de Cuba pola independencia e a soberanía, da que Martí é síntese e modelo. O Cónsul adicou un recordo de admiración e respeto para os 5 presos políticos cubanos encerrados en cadeas norteamericanas.

A homenaxe a Martí fora organizada pola “Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, perante a estatua de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, e comezou coa intervención do presidente da Asociación, Valentín Alvite Gándara, quen recordou que o mérito principal do poeta e escritor, fora o seu protagonismo político na historia de Cuba así como a súa exemplar coerencia entre discurso e conduta. Seguir lendo Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook