Adela Roade-Terra sen Amos
O ministério de Asuntos Exteriores monta unha grande léria a conta do ex-presidente Zapatero ser recibido pola presidencia de Cuba. En tempos do bisavó de Felipe VI, a segunda carteira no protocolo do goberno, chamábase ministerio de Estado, por ser o encargado das relacións cos poderes planetarios. A gallifa de García Margallo, ministro encargado da diplomacia, non se comprende sen ter conta das sucesivas mancadas do PP na súa relación con Cuba. O primeiro goberno de José María Aznar (1966) entregara a política española con Cuba a EUA e fundaba a primeira alianza da UE para romper o goberno da illa do Caribe. En 1999, castigando a cruel pragmática de Bruxelas a un país pequeno e pobre, cercado por EUA, Aznar remiraba o protocolo da visita do Rei, na teima de facela privada e non oficial. O barullo da poderosa prensa de Aznar (coñecida daquela coma el sindicato del crimen) contra o goberno da Habana, dera lugar a caricaturas españolas contra a coroa a conta da visita real a unha ex-provincia española. Aznar prometera a George Bush acabar de vez co goberno cubano e perdía perigosamente a compostura ao ver ao xefe de Estado abrazar ao líder da Revolución. “Tes que mover ficha”, dixéralle arrogante a Fidel. E Fidel comeulle o Rei. Agora o goberno de Rajoy curte dores ao ver que Raúl Castro recibe a Zapatero, cando o ministro Margallo saíra de Habana clandestinamente o que revela un erro capital: o PP coida, como antigamente, que Cuba non ten política propia, vella arrogancia colonial que lle rompe a relación con Latinoamérica e non lle resolve a cadea de mancadas co goberno clave do ALBA. A ver se llo explicamos: carece de sentido culpar a Zapatero e Moratinos de sedición porque a iniciativa de recibilos é de Cuba, non deles.
Todalas entradas de Terrasenamos
Abel Prieto: “EUA não obtém nenhuma glória em sitiar um povo que jamais o agrediu”
Salim Lamrani-Opera Mundi-Paris-14/02/2015
Abel Prieto é ex-ministro da Cultura do governo de Fidel Castro e atual assessor para assuntos culturais; para ele, Cuba se beneficiaria de aproximação com EUA. Nascido em 1950 em Pinar del Río, ocidente de Cuba, Abel Prieto Jiménez é uma personalidade da cultura cubana. Depois de estudos em Letras Hispânicas na Universidade de Havana, ele foi professor de literatura por vários anos. Em 1988, foi eleito presidente da União Nacional dos Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), um dos mais jovens da história da instituição. Durante uma reunião com Fidel Castro em meados dos anos 1990, Abel Prieto relatou ao líder da Revolução Cubana suas divergências e declarou seus pontos de vista. Alguns pensaram que a sua carreira seria irremediavelmente afetada. Semanas depois, Castro decidiu nomeá-lo ministro da Cultura, em 1997, cargo que ocuparia até 2012. Em março de 2012, Prieto deixou o Ministério da Cultura para ser assessor especial do presidente Raúl Castro. Para o ex-ministro, Cuba se beneficiaria de uma aproximação dos EUA e, por mais que turistas norte-americanos trouxessem a cultura do consumismo pra ilha, os cubanos não perderiam sua identidade. Ainda segundo Prieto, o país tem lutado muito, especialmente na área de cultura, contra a burocracia, que classificou como “praga” que causa “dano incalculável”.
Seguir lendo Abel Prieto: “EUA não obtém nenhuma glória em sitiar um povo que jamais o agrediu”
Milanés prefire ignorar o fracaso do capitalismo
G. Luca-Terra Sen Amos
Un cantante cubano asegura hoxe na primeira páxina do diario español “El País”, que as dificultades da illa de Cuba deben achacarse ao fracaso xeral do socialismo. Tratandose de alguén que pasa boa parte do ano en Madrid, mal terá problemas en recoñecer que o fracaso de España, Grecia, Italia e Portugal é parte do capitalismo é o inferno de Africa expresión probatoria do espolio colonial. Pablo Milanés (eis o cantante) pasa cargos a unha Revolución que chamada a ser graza, beleza e convivencia en armonía foi para él camiño de espiñas. Foino de verdade?
Seguir lendo Milanés prefire ignorar o fracaso do capitalismo
O ICAP convoca unha viaxe solidaria a Cuba para asistir á Festa do 1º de Maio
O Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) ven de convocar unha viaxe solidaria a Cuba de unha semana de duración para asistir a Festa do 1º de Maio e cumprir un extenso programa de intercambios. O programa está dirixido ás asociacións de solidariedade do estado español e da intendencia encárgase a a axencia de viaxes AMISTUR, comeza 28 de abril terza feira no aeroporto de Madrid e remata no mesmo lugar cinco de maio. Amais da oportunidade de participaren nos actos do Dia dos Traballadores, as persoas inscritas na viaxe realizarán visitas guiadas a centros sanitarios, Comités de Defensa da Revolución (CDR) e a Federación de Mulleres de Cuba (FMC) entre outros. A viaxe inclúe avión de ida e volta, translados e hotel con almorzo. Máis información e inscricións no telefone 655-533577 ou no correo txemah@telefonica.net. As prazas son limitadas.
Homenaxe ao anti-imperialismo de Jose MartÍ e Castelao no 162 aniversario do Pai da Patria Cubana
Terra sen Amos. 31.01.15 Vigo
A homenaxe a Martí na data do seu nacemento, organizada en Vigo pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, deu lugar á rememoración de Daniel Afonso Rodríguez Castelao, no común compromiso das dúas personalidades coa emancipación dos pobos, a solidariedade internacionalista, o anti-imperialismo, a vivencia do exilio e a vocación da arte e a literatura como instrumento de intervención social. José Antonio Solana Fernández, cónsul xeral de Cuba, sinalou noutro momento do acto que o único xeito de os cubanos lembrar a figura de Martí é o de continuaren na loita pola independencia e soberanía de Cuba, o mellloramento humano, a honra e dignidade do pobo e o internacionalismo. Citando a Raúl Castro no recente cumio da CELAC en Costa Rica, Solana recordou que nas novas circuntancias, “Cuba non renunciará aos seus ideais de independencia e xustiza social, nin vai ceder nos seus principios, nin ceder na defensa da soberanía nacional e tamén non aceptará a pretensión de aconsellar e presionar en materia dos seus asuntos internos, depois de ter gañado este dereito con grandes sacrifizos”.