Cúmprense este mes xaneiro trece anos da chegada dos primeiros presos tralo atentado do 11 de setembro de 2001 á cadea da Badía Guantánamo, o cárcere máis tristemente nomeado do planeta. Arrepiante aniversario na altura de restablecermos relacións diplomáticas sobre o canal da Bahama, recordatorio do necesario que é pechar definitivamente este cagarrón e volverlle o territorio ao seu propietario lídimo: o Povo Cubano. É hora de rematar este capítulo escuro da historia estadounidense.
Tortura sobre persoas secuestradas e nunha terra roubada.
Terra Sen Amos-Compostela O cartaz de quince varas, iniciativa da “Francisco Villamil” con imaxes de Antonio, René, Fernando, Gerardo e Ramón, imprescindibel durante anos en concentracións e marchas, foi decorado principal da Festa Aniversario da Revolución en Compostela, adicada este ano á volta dos Cinco e ao triunfo completo da posición de Cuba.
Personal do Consulado e a solidariedade Galego-Cubana, celebran en Compostela a volta dos Cinco Heroes
A Xunta Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ven de publicar un comunicado sobre o propósito do governo de EUA de renunciar ao bloqueo que causou un quebranto económico a Cuba de máis de cen mil millóns de dólares en cinco décadas. A Directiva recorda que a defensa dos dereitos humanos nunca foi a razón do bloqueo económico e que, fracasada a política belicista, o acordo diplomático abre o camiño a un novo tempo. Asina o comunicado Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”.
Iroel Sánchez-Cubahora. Se entre dous gobernos, un teima cincuenta e cinco anos na súa disposición a soster un diálogo respectuoso, baseado na igualdade e o respecto á soberanía, e o outro encírrase en ignorar o reclamo, emprega o terrorismo, o cerco económico e estraga miles de millóns de dólares en fabricar unha oposición aliada dos seus intereses para derrubar o goberno, e ao cabo propón o diálogo, e un bo día ambos gobernos acordan un intercambio de prisioneiros (ao que o bloqueador dicía até onte opoñerse) de quen é a vitoria?
Os Cinco, en casa con Raúl: un triunfo da dignidade e a resistencia de Cuba e unha festa para o todo país.
Terra Sen Amos-Rosa Lemos Na súa visita de Estado a Cuba, José Manuel García Margallo, ministro de Negocios Extranxeiros do governo Rajoy, solicitou o regreso urxente a Cuba dos 115 presos e dos seus 650 familiares invitados en 2010 a España por mediación do governo e do Vaticano. Na volta de catro anos, os exiliados ergueron un campamento de protesta ás portas do ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid para denunciaren o seu abandono por parte do governo Español e conseguir a repatriación.
O xornal ABC celebrara en portada no 2010 a chegada dos mesmos que recomenda agora repatriar